Abd al-Malik ibn Marwan
(Redirección desde «Abd al-Malik»)
Abd al-Malik ibn Marwan (en árabe: عبد المالك بن مروان), nado no ano 647 e finado no 705, foi o quinto califa omeia, entre 685 e 705.
Traxectoria
editarLoitou contra os bizantinos en Asia e continuou a expansión do Califato ata Tunisia. Mandou construír a mesquita de Omar en Xerusalén. Realizou numerosas reformas, como instaurar o árabe como idioma oficial do goberno, expandir e reorganizar o servizo postal etc.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Diciopedia do século 21. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006.