Tesouro de Foxados

conxunto de pezas de ouro e prata atopadas no castro Foxado, Curtis

O tesouro de Foxado é un conxunto de pezas de ouro e prata atopadas no castro de Castelo (ou castro de Foxado), na parroquia de Foxado (Curtis), e actualmente conservadas no Museo de Pontevedra.

Tesouro de Foxados

Tipo Ourivaría castrexa
Data séculos -I a I.
Cultura Galaicos
Características
Materiais Ouro e prata
Descuberta
Localización Castro de Foxado, Galicia Galicia
Data 1932
Conservación
Localización Museo de Pontevedra

Historia

editar
 
Torques do tesouro.

En 1932 atopouse unha ola que contiña catro torques de ouro e un brazalete xunto con trinta e cinco moedas feitas cunha aliaxe de ouro e prata.

Descrición

editar

Está composto por catro torques de deseño sinxelo e remates en periñas lisas, e outros dous con decoración máis traballada[1].

Análise das pezas
Catálogo Descrición Peso Composición química do ouro Imaxe
Ag Cu Sn Pb Bi Ni As Sb
- Torque de varilla de sección romboidal e remates bitroncocónicos ocos e unidos á varilla por pasadores. Decorado con incisións e filigranas. Mide 290 mm. Peso dos remates 48 e 49 gramos. Peso total 499 gr. 40-50 ca.30 nd 0,22 0,01 - - -  
- Fragmento de varilla con arame enrolado. 43 gr. 40-50 50 0,16 0,19 0,1 0,03 0,03 0,16
- Fragmento de varilla con arame enrolado e unha plaquiña redonda con botón central gravada. 10,5 gr 40-50 57 0,2 0,14 0,11 0,01 0,15 0,13
MP Nº 680/5 Torque de varilla de sección circular e remates en periña de oitos. 56 gr. 40-50 ca.20 0,13 0,02 0,03 sp - sp
- Torque de varilla de sección romboidal, decorada. Remates en periña oitos e achaflanados. 61 gr. 40-50 ca.23 0,05 - 0,03 0,01 - sp
MP Nº 680/9 Torque de varilla de sección circular, decorada con filigrana e incisións. Remates en periña. Ouro de 18 quilates. 91 g. 50-60 ca.24 0,1 0,04 0,07 - - -
- Torque de arame enrolado. Só se conserva un remate de periña oco. Foi rematado en prata e cuberto con lámina de arame de ouro. 158 gr. 50-60 ca.34 0,03 - 0,04 0,01 - 0,02
MP Nº 680/6 Torque de varilla de sección circular. Remates en periña oitos e lisos. Está en depósito na Facultade de Filosofía e letras da Universidade de Santiago de Compostela. 53 gr. 40-50 ca.60 0,01 0,18 0,17 0,03 - 0,11
A análise do ouro que conteñen as pezas foi feito por Hartmann en 1982.[2]
  1. "Ourivería antiga". Museo de Pontevedra. Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2014. 
  2. Los torques castreños del noroeste de la península ibérica. Susana Prieto Molina, 1996 (páxina 214)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar