Castro de Foxado

poboado fortificado en Foxado, Curtis

Castro de Foxado ou castro do Castelo, é un castro de cumio fortificado situado en Curtis.[1]

Castro de Foxado
ParroquiaFoxado
ConcelloCurtis
ProvinciaA Coruña
Comunidade autónomaGalicia
Id. catálogoGA15032035
Cronoloxía
Datas de ocupación?
Estado actualabandono
Extensión estimada1,3 ha.
Véxase tamén
Castros de Galicia

Ten forma circular dus 90 metros de diámetro, cunha soa liña defensiva incompleta mellor conservada ao oeste. Ao leste está contorneada por un camiño. Hai varios accesos abertos ao castro. Quedan restos dun foxo ao norte e un pequeno antecastro ao N-NL. Parte da croa é prado e outra unha plantación de eucaliptos.

En 1932 atopouse unha ola de barro que contiña catro torques e un brazalete, todos de ouro, ademais de trinta e cinco moedas feitas cunha aliaxe de ouro e prata. O Tesouro de Foxados está exposto no Museo de Pontevedra.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar