Tanxugueiras

trío de pandereiteiras galegas

Tanxugueiras é un trío de pandeireteiras galegas formado por Aida Tarrío e as irmás xemelgas Olaia e Sabela Maneiro. O grupo traballa co repertorio da música tradicional galega, tratando de darlle unha sonoridade máis moderna, que a aproximan ao trap ou á electrónica. Nas súas pezas saliéntanse temas como o entendemento entre pobos, a defensa da lingua e da cultura galegas e o apoderamento da muller.[1]

Tanxugueiras
OrixeGalicia Galiza
Período2016–actualidade
Xénero(s)Música tradicional galega
Folktrónica
Selo(s) discográfico(s)Calaverita Records
MembrosAida Tarrío
Sabela Maneiro
Olaia Maneiro
Na rede
https://tanxugueiras.com
IMDB: nm13238895 Facebook: Tanxugueiras Twitter: tanxugueiras Instagram: tanxugueiras Youtube: UC-g2p-xkGLXjIOy8FQ5W4Lw TikTok: tanxugueiras Twitch: tanxugueiras BNE: XX6057160 Spotify: 1iHb53TMjvMaXZm0s4RWZi iTunes: 1309586230 Last fm: Tanxugueiras Musicbrainz: 9e7a1b59-c834-465c-bc58-0f39053b7648 Discogs: 7365303 Allmusic: mn0004068744 Deezer: 1403045 Genius: Tanxugueiras Editar o valor em Wikidata

O nome do grupo procede da toponimia, trátase do nome dunhas leiras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós.[2] É un zoónimo que fai referencia a un lugar onde son frecuentes os tanxugos[3] ou teixugos.[4]

Traxectoria editar

Comezos editar

As irmás Sabela e Olaia iniciáronse na música tradicional os catro anos, na asociación cultural A Mámoa de Luou, Teo. Aida comezou a tocar a pandeireta en Ribeira, a súa vila natal, con dez anos de idade.[5] No ano 2016 Aida trasladouse a estudar a Santiago, ingresando na asociación onde tocaban Sabela e Olaia. Ao comezaren a tocar xuntas nos seráns e nas foliadas da zona, decidiron formar o grupo.[6] O seu primeiro concerto foi na Bandeira (Manduas, Silleda), na XXVIII edición do Esmorga Folk.[7]

Acadaron sona por primeira vez, fora dos círculos da música tradicional, a comezos do 2017, ao facerse viral nas redes sociais un vídeo no que aparecían cantando unhas panadeiras[8] antes dun concerto coa Banda das Crechas en Glasgow.[9] Nese mesmo ano colaboraron no tema "Pepa[10]", incluído no primeiro disco do grupo A banda da Loba.[11]

2018: Tanxugueiras editar

Na primavera de 2018 editaron o seu primeiro disco co mesmo nome que o grupo, Tanxugueiras.[12] Este gañou o Premio MIN de disco en galego 2018.[13] O sinxelo de presentación foi "Que non mo neguen[14]", en que contaron coa colaboración de Guadi Galego. Neste mesmo ano, publicaron un sinxelo de rock chamado "Cultura crítica[15]" no que colaboran con NAO e co grupo de rap SonDaRúa. Así mesmo, colaboraron co grupo de folk escocés Shooglenifty na canción "East West[16]". Durante a súa xira visitaron escenarios de diversos lugares como Cuba, India, Suíza e Glasgow.

2019: Contrapunto editar

 
Actuación no WOMEX 2021 no Porto.

A mediados de 2019 foron galardoadas co Premio Martín Códax da Música na categoría de Música tradicional galega e folk.[17] En novembro saíu á luz o segundo disco, Contrapunto, publicado co selo discográfico madrileño Calaverita Records e producido polas propias Tanxugueiras coa colaboración de Isaac Palacín, quen toca tamén a batería. A representación do grupo pasa a estar xestionada pola axencia de Bueu Playplan Cultural.

No traballo, xunto de pezas máis próximas á música tradicional, como "Perfidia" ou "Miña Nai", outras músicas, como "Malquerenza" ou "Desposorio" teñen sonoridades que lembran ao pop e a música electrónica. Así mesmo, o disco continúa a reivindicar a figura da muller na música tradicional e na sociedade, un aspecto que se ilustra nos vídeos de presentación do disco, que corresponden ás cancións "Desposorio" e "Perfidia". Con este álbum comezou a súa colaboración coa produtora audiovisual marinense Trece Amarillo, coa que realizaron até o momento os seus videoclips.[18][19][20]

No 2020 recibiron o premio á Mellor Adaptación dunha Peza Tradicional nos XIX Premios La Opinión de Música de Raíz. Así mesmo, Contrapunto foi recoñecido coma un dos mellores discos do World Music Charts Europe.

2020: Evolución cara á música electrónica. editar

Despois do álbum Contrapunto, comezou a súa colaboración co músico santiagués Iago Pico,[21] apreciándose unha evolución no seu estilo cara a sons electrónicos próximos ao trap.

En xuño de 2020, co gallo do día da música, lanzaron o sinxelo "Telo".[22] En febreiro do 2021 publicaron o single "Midas"[23], coa colaboración no videoclip do bailador e músico Xisco Feijoo. A canción foi un grande éxito, acadando en 15 días 175000 reproducións e máis de 100000 visualizacións no Youtube.[24] En xullo, para festexar o Día Internacional do Reggae, apareceu o single "Coda"[25] e tamén "Figa"[26], un sinxelo que foi escollido nunha votación non vinculante entre afeccionados como tema favorito para participar na edición do ano 2022 do festival de Eurovisión.[27][28]

2021: "Terra" e o Benidorm Fest editar

 
Concerto na Coruña.

O 10 de decembro Televisión Española confirmou a súa presenza entre os catorce artistas preseleccionados para competir no Benidorm Fest por unha praza no festival europeo.[29] Conforme á normativa do concurso, que se celebrou nos días 26, 27 e 29 de xaneiro de 2022, presentaron para a súa participación un tema inédito titulado "Terra".[30] A canción tivo unha excelente acollida, superando, no primeiro día, o medio millón de reproducións en plataformas como YouTube, Spotify ou Apple Music.[31][32]

Chegaron ao certame como unhas das favoritas e mesmo o portugués Salvador Sobral, artista convidado e gañador do Festival de Eurovisión 2017, chegou a pedir o voto para elas.[33] Na semifinal recibiron por parte do xurado unha puntuación que as deixaba fóra da final, o cal provocou os apupos do público e berros de «tongo»; no entanto, o voto demoscópico e o televoto outorgoulles un 2.º e 1.º posto que lles permitiu clasificarse.[34][35] Na final gañaron tanto o voto demoscópico como o popular, onde acadaron máis do 70% do voto telefónico[36]; porén, unha moi baixa puntuación dada de novo polo xurado deixounas sen posibilidades de vitoria.[37][38] O interese pola participación das Tanxugueiras na final foi máximo en Galiza cunha cota de pantalla de até 52,9.[39] A decisión do xurado (formado por un xurado español e un xurado internacional) foi moi cuestionada e acusacións de amaño difundíronse polas redes sociais.[40][41] Contribuíu a aumentar a especulación de manipulación o feito de se saber que o xurado internacional apoiaba as Tanxugueiras.[42] Tamén saían á luz os vínculos dalgún membro do xurado español coa gañadora do festival, Chanel Terrero.[43] Perante o escándalo, Galicia en Común, BNG e PP rexistraron no Congreso e Senado españois diferentes cuestións sobre a polémica.[44] Pola súa banda, a sección do sindicato CC. OO. dentro de RTVE denunciou irregularidades e solicitou á canle que invalidase a elección da gañadora.[45] A controversia xerada fixo que a RTVE publicase o pormenor dos votos do xurado,[46] comprobándose que un deles chegou a dar maior puntuación a un videoclip, o do cantante Gonzalo Hermida, ausente por enfermidade, que a actuación en directo das Tanxugueiras.[47] A polémica tamén tivo eco en Portugal, onde afeccionados o concurso solicitaron a súa participación no Festival da Canção, o certame no que se elixe o representante portugués para o festival eurovisivo.[48][49]

2022: Novos sinxelos editar

 
Cantando o himno galego no estadio de Balaídos antes dun encontro da selección de fútbol de Galicia (2024).

Polas mesmas datas nas que concursaban no Benidorm Fest participaron no disco 10 años de Flores, Viento y Fuego do cantante Muerdo co tema "Cambia todo".[50] Tamén publicaron un novo adianto do seu novo disco de estudio,[51] o sinxelo "Averno" no que colabora o artista Rayden, participante canda elas do Benidorm Fest de 2022.[52] Neste mesmo ano participaron no libro-disco Acorda, editado pola Deputación de Pontevedra ao abeiro do documental do mesmo nome,[53] gravando un videoclip para o seu tema Autocracia aparecido no disco Tanxugueiras.[54]

O 13 de maio de 2022 publicaron, en diferentes plataformas dixitais, un novo sinxelo do seu terceiro traballo titulado "Pano corado",[55] o 24 de xuño do mesmo ano publicaron "Seghadoras",[56] e o 29 de xullo "Fame de odio".

Xunto a este último sinxelo lanzaron o seu disco Diluvio, no que se inclúen as pezas xa publicadas durante o 2022.[57]

Discografía editar

Álbums editar

Ano Título Detalles Selo discográfico Singles Videoclip
2018
Tanxugueiras
Artista independente «Xota de Bembibre»[58] Seispés Producións Creativas
«Que non mo neguen»[59]
2019
Contrapunto
Calaverita Records «Desposorio»[60] Trece amarillo e PlayPlan Cultural
«Perfidia»[61]
«Malquerenza»[62][63] Na casa
2022
Diluvio
Calaverita Records «Midas»[64] Trece amarillo e PlayPlan Cultural
«Figa»[65]
«Terra»[66]
«Averno» (con Rayden)[67]
«Pano corado»[68]
«Seghadoras»
«Fame de odio»

Colaboracións editar

Ano Single Álbum
2017 «Pepa» (con A banda da Loba)[69]
Bailando as rúas
2018 «Cultura crítica» (con Nao e SonDaRúa)[70]
Ata que o lume se apague
2019 «East West» (con Shooglenifty)[71]
Sen álbum
«Meigas» (con Xabi Aburruzaga)[72]
Bost
«Non da Palestina?» (con Xabi Aburruzaga)[73]
«Cumbia de Muxía» (con Los Jinetes del Trópico)[74]
Sen álbum
2021 «Ràbia» (con Roba Estesa)[75]
Rosa Permanent
«Telo» (con Dj Mil)[76]
Sen álbum
«Coda» (con Chalart58)[77]
«Palabras que abrazan» (con varios artistas)[78]
Sen álbum
«Fariña» (con Carlos Nuñez e Ivan Ferreiro)[79]
A Irmandade das Estrelas (25 Aniversario)
«Pobo de Artistas» (con Dakidarria e máis)[80]
Sen álbum
2022 «Cambia todo» (con Muerdo)[81]
«Tirititran» (con Macaco)[82]
«A Virxe do Portovello» (con Rozalén)[83]
Matriz
2023 «La humanidad y la tierra» (con Iván Ferreiro)
Trinchera Pop
«Reina» (con Ruth Lorenzo)
 

Premios e recoñecementos editar

Ano Galardón Categoría Candidato Resultado Ref.
2019 aRi[t]mar Galiza e Portugal Mellor música de Galiza «Que non mo neguen» Primeiro premio [84]
Scots Trad Music Awards Mellor videoclip «East West» (con Shooglenifty) Nomeado [85]
Premios Martín Códax da Música Mellor grupo de música tradicional e folk Tanxugueiras Gañador [86]
Premios MIN Mellor álbum en galego Tanxugueiras Gañador [87]
2020 Mellor álbum en galego Contrapunto Nomeado [88][89]
Premios Mestre Mateo Mellor videoclip «Perfidia» Nomeado [88]
Premios Opinión de Música de Raíz Mellor adaptación dunha peza tradicional «Desposorio» Gañador [90]
2022 Premios MIN Mellor artista emerxente Tanxugueiras Gañador [91]
Canción do ano «Terra» Nomeado [92]
Mellor videoclip «Figa» Nomeado
Premios Mestre Mateo Mellor videoclip «Figa» Gañador [93]
2023 Premios Mestre Mateo Mellor videoclip «Pano corado» Nomeado [94]
Premios MIN Mellor produción musical Tanxugueiras (con Iago Pico) Nomeado [95][96]
Mellor álbum Diluvio Nomeado
Mellor álbum en galego Gañador
Mellor álbum de música de raíz Gañador
Mellor videoclip «Averno» (con Rayden) Nomeado
Mellor letra orixinal «Pano corado» Nomeado
Mellor directo Xira Midas Nomeado
Premios Odeón Mellor artista revelación alternativo Tanxugueiras Gañador [97]
  • World Music Charts Europe 2020 (20 mellores discos de World Music en maio de 2020).[98]
  • No 2021, a palabra "Tanxugueiras" foi recoñecida como a palabra do ano en Galicia.[99] Esta foi inscrita na súa correspondente lápida de granito no chan da rúa Menorca da cidade de Lugo.[100]
  • En 2022 o concello de Teo outorgou o seu nome á área recreativa de Luou.[101]
  •   Sinxelo de ouro por «Terra». A peza acadou máis de 30 millóns de reproducións en 2022.[102]

Notas editar

  1. Dopico, Montse (27/07/2018). "Tanxugueiras: "Somos tres rapazas e somos capaces de levar adiante un proxecto tan ben ou mellor ca os homes"". Consultado o 28/11/2019. 
  2. "tanxugueiras". Portal das Palabras. Consultado o 28/11/2019. 
  3. "Tanxugo". Dicionario de dicionarios. Consultado o 2022-02-01. 
  4. "Allos con bugallos: Tanxugueiras". Portal das Palabras. 1 de marzo de 2017. 
  5. GaleguizarGalicia (25/07/2021). Mil Festas máis para a lingua galega… con TANXUGUEIRAS, as cantareiras dunha nova época! (Youtube). Escena en 1:50. 
  6. GaleguizarGalicia (2021). Mil Festas máis para a lingua galega… con TANXUGUEIRAS, as cantareiras dunha nova época! (Youtube). Escena en 3:00. 
  7. Salgueiro, Xan (30 de xaneiro de 2022). "Así foi o debut de Tanxugueiras: do Esmorga Folk a rozar Eurovisión". farodevigo.es. Consultado o 2 de febreiro de 2022. 
  8. carolinapalenciagarcia (2018-09-04). "Ritmo de panaderas". Aula de Música (en castelán). Consultado o 2021-06-26. 
  9. "Las gallegas Tanxugueiras se vuelven virales desde Escocia". 7 de febreiro de 2017. Consultado o 5 de xuño de 2018. 
  10. "Pepa". Consultado o 2022-04-24. 
  11. Castro, Uxía. ""Para nós é moi importante non ter que cinguirnos a un estilo determinado á hora de facer música"". Nós Diario. Consultado o 2022-01-24. 
  12. "Tanxugueiras comeza a xira de presentación do seu primeiro disco". Cultura Galega. 4 de xuño de 2018. Consultado o 5 de xuño de 2018. 
  13. "Tanxugueiras gaña o Premio MIN de disco en galego do 2018". Cultura Galega. 14 de marzo de 2019. Consultado o 21 de marzo de 2019. 
  14. "TANXUGUEIRAS - Que non mo neguen (videoclip)". Consultado o 2022-04-24. 
  15. "NAO - Cultura Crítica (Feat Tanxugueiras & SonDaRúa)". Consultado o 2022-04-24. 
  16. "Shooglenifty featuring Tanxugueiras – East West [OFFICIAL VIDEO]". Consultado o 2022-04-24. 
  17. "Premios Martín Códax 2019". Consultado o 27 de decembro de 2019. 
  18. "Trece Amarillo - Quemamos un coche el día de las elecciones". Trece Amarillo (en castelán). 2019-11-18. Consultado o 2022-02-03. 
  19. "Trece Amarillo - Grabando ‘Midas’ de Tanxugueiras". Trece Amarillo (en castelán). 2021-02-17. Consultado o 2022-02-05. 
  20. "Trece Amarillo - Making of de Figa". Trece Amarillo (en castelán). 2021-08-11. Consultado o 2022-02-05. 
  21. IagoPicoMusic (11/02/2014). Entrevista a Iago Pico para Xente Emerxente (VTelevision) (Youtube). 
  22. "Tanxugueiras lanzan un novo tema, 'Telo'". Nós Diario. Consultado o 2021-06-25. 
  23. Redacción (2021-02-05). "Tanxugueiras lanza o seu novo single 'Midas', un xiro cara o trap e a electrónica". Nós Televisión. Consultado o 2021-06-25. 
  24. "Midas". Twitter (Tanxugueiras). Consultado o 2022-02-07. 
  25. "Tanxugueiras estrea "Coda"". Descúbreas. 2021-07-05. Consultado o 2022-02-05. 
  26. "Tanxugueiras lanza Figa, o seu novo single, o venres 9 de xullo". Tanxugueiras. 5 de xullo de 2021. 
  27. "Os eurofans elixen un tema en galego de Tanxugueiras como o favorito para Eurovisión - Metropolitano". metropolitano.gal. Consultado o 2021-09-10. 
  28. B. Pallas (10 de setembro de 2021). "Tanxugueiras: «É unha marabilla que a xente decida que unha candidata para Eurovisión poida ser a nosa canción»". La Voz de Galicia. 
  29. "Tanxugueiras xa están na carreira oficial cara a Eurovisión 2022". Praza Pública. 2021-12-10. Consultado o 2021-12-21. 
  30. S.D. "Tanxugueiras derruban as "fronteiras" con 'Terra' camiño de Eurovisión". Nós Diario. Consultado o 2021-12-21. 
  31. "'Terra' de las gallegas Tanxugueiras supera las 500.000 reproducciones en su primer día". Quincemil (en castelán). Consultado o 2022-01-03. 
  32. Ramírez, Ana (2 de xaneiro de 2022). "¿Quiénes son las Tanxugueiras? La revolución del folclore gallego que pisa fuerte en Eurovisión". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2022. 
  33. Y.C. "As reaccións ao pase á final das Tanxugueiras: do apoio de Sobral ás críticas ao xurado". Nós Diario. Consultado o 2022-02-07. 
  34. "Chanel, Tanxugueiras, Blanca Paloma y Varry Brava pasan a la final del Benidorm Fest, acusado de intentar un "tongo"". 20 minutos (en castelán). 26 de xaneiro de 2022. 
  35. "La sombra del tongo marca la primera semifinal del Benidorm Fest". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xaneiro de 2022. 
  36. Lede, Adrián (2 de febreiro de 2022). "Tanxugueiras tuvo un 71% de apoyo del televoto frente al 4% de Chanel en el Benidorm Fest". elespanol.com (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2022. 
  37. "Tanxugueiras, adoradas por España y ninguneadas por el jurado del Benidorm Fest". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xaneiro de 2022. 
  38. "As Tanxugueiras, fóra de Eurovisión malia seren as preferidas polo público do Benidorm Fest". Praza Pública. 2022-01-29. Consultado o 2022-01-30. 
  39. "Tanxugueiras paralizó Galicia: la mitad de los espectadores vio el Benidorm Fest". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de xaneiro de 2022. 
  40. "#Tongo?... o xurado do 'Benidorm Fest ' deixa fóra de Eurovisión ás Tanxugueiras". Galicia Confidencial. 30 de xaneiro de 2022. 
  41. "¿Ha habido tongo en el 'Benidorm Fest'?". La Vanguardia (en castelán). 30 de xaneiro de 2022. 
  42. "Máximo Huerta confiesa que el jurado internacional quería que ganasen Tanxugueiras o Rigoberta". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 2022. 
  43. "Los vínculos de un miembro del jurado con la ganadora del Benidorm Fest". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xaneiro de 2022. 
  44. "Estas son las preguntas que Podemos, BNG y PP registraron en las Cortes sobre el Benidorm Fest". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 2022. 
  45. "CC.OO. requiere a RTVE que «deje sin efecto» la victoria de Chanel en el Benidorm Fest". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de xaneiro de 2022. 
  46. Macías, Fernando (2022-02-02). "RTVE publica las votaciones desglosadas del Benidorm Fest". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2022-02-05. 
  47. "El misterio del miembro del jurado que dio más puntos a un videoclip que a la actuación de Tanxugueiras". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-02-04. Consultado o 2022-02-05. 
  48. Redacción. "Vaga de peticións desde Portugal para que as Tanxugueiras participen no Festival da Canção". Nós Diario. Consultado o 2022-02-07. 
  49. Rodríguez, Óscar (2022-02-03). "Portugal clama para que Tanxugueiras los represente en Eurovisión". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2022-02-07. 
  50. "‘Cambia todo’, o novo do cantante Muerdo xunto ás Tanxugueiras". Historiable. 2022-01-18. Consultado o 2022-01-30. 
  51. "Tanxugueiras lanza este viernes 'Averno', single de su nuevo disco". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2022-02-01. 
  52. Redacción. "Tanxugueiras estrea 'Averno', "unha declaración de intencións a respecto dun sentimento común: a rabia"". Nós Diario. Consultado o 2022-01-30. 
  53. "Presentan en Pontevedra 'Acorda', un documental "exemplo de resistencia e dignidade"". Pontevedra Viva. Consultado o 2022-04-10. 
  54. Deputación de Pontevedra (01-04-2022). Non hai fronteiras para a memoria histórica nesta parada do libro-disco Acorda con Tanxugueiras (Youtube). 
  55. "[VÍDEO] Así soa 'Pano Corado', o novo "canto á diversidade" das Tanxugueiras". Nós Diario. 2022-05-13. Consultado o 2022-05-13. 
  56. "Tanxugueiras lanza na medianoite de San Xoán 'Seghadoras', novo adianto do seu próximo disco". Galicia Confidencial. 23 de xuño de 2022. Consultado o 24 de xuño de 2022. 
  57. "Tanxugueiras racha co establecido e lanza DILUVIO, o seu novo disco, “co que agora todo cobra sentido”". Tanxugueiras. 2022-07-29. Consultado o 2022-07-29. 
  58. Seispés Producións Creativas (07/06/2017). Xota de Bembibre (Youtube). 
  59. Seispes Producións Creativas (21/05/2018). Que non mo neguen (Youtube). 
  60. Tanxugueiras (25/10/2019). Desposorio (Youtube). 
  61. Tanxugueiras (15/11/2019). Perfidia (Youtube). 
  62. Tanxugueiras (18/01/2021). Malquerenza (Directo en Estudio) (Youtube). 
  63. Tanxugueiras (17/05/2020). Malquerenza (Na casa) (Youtube). 
  64. Tanxugueiras (5/02/2021). Midas (Youtube). 
  65. Tanxugueiras (09/07/2021). Figa (Youtube). 
  66. Tanxugueiras (21/12/2021). Terra (Lyric Video Oficial) (Youtube). 
  67. Tanxugueiras (28/01/2022). Averno (Youtube). 
  68. Tanxugueiras (13/05/2022). Pano corado (Youtube). 
  69. A banda da loba (31/01/2018). Pepa (Youtube). 
  70. Nao (6/5/2018). Cultura Crítica (Youtube). 
  71. ShoogleniftyScotland (18/01/2019). East West (Youtube). 
  72. Xabi Aburruzaga (23/11/2019). Meigas (directo. Kafe Antzokia) (Youtube). 
  73. Xabi Aburruzaga (22/11/2019). Non da Palestina? (Youtube). 
  74. Los jinetes de trópico (1/08/2019). Cumbia de Muxia (Youtube). 
  75. Roba Estesa (8/10/2021). Ràbia feat (Youtube). 
  76. Tanxugueiras (25/04/2021). Telo (Youtube). 
  77. Tanxugueiras (30/06/2021). Coda (Youtube). 
  78. Niuss (2/6/2021). Palabras que abrazan (Youtube). 
  79. Folky Celtic (04/01/2021). Fariña (Youtube). 
  80. Dakidarría Galiza (19/11/2021). Pobo de artistas (Youtube). 
  81. Muerdo música (14/01/2022). Cambia Todo (Youtube). 
  82. MACACO (4/11/2022). Macaco, Tanxugueiras - Tirititran (Youtube). 
  83. Rozalen (11/11/2022). Rozalén, Tanxugueiras - A Virxe Do Portovello (Video Oficial) (Youtube). 
  84. "aRi[t]mar | Edición 2019". aritmar.gal. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-25. 
  85. "MG ALBA Scots Trad Music Awards 2019: Shooglenifty and Tanxugueiras". Scots Trad Music Awards (en inglés). 2019-11-04. Consultado o 2021-06-25. 
  86. "Coñecemos ós gañadores dos Premios Martín Códax da Música!". 9 de maio de 2019. Consultado o 27 de decembro de 2019. 
  87. "Ganadores 2019". Premios MIN (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2020. 
  88. 88,0 88,1 "Tanxugueiras aspira a acadar o título de ‘Mellor álbum en galego’ nunha nova edición dos XII Premios da Música Independente". Tanxugueiras. 28 de febreiro de 2020. 
  89. "Ganadores 2020". Premios MIN (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2022. 
  90. "Tanxugueiras gaña con ‘Desposorio’ o galardón á mellor adaptación dunha peza tradicional nos Premios Opinión de Música de Raíz". Tanxugueiras. 2020-09-30. Consultado o 2021-06-25. 
  91. "Ganadores 2022". Premios MIN (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2022. 
  92. "Nominados". Premios MIN (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2022. Consultado o 16 de abril de 2022. 
  93. "«Hierro» conquista uns Mestre Mateo con Brandariz na memoria de todos". La Voz de Galicia. 20 de marzo de 2022. Consultado o 21 de marzo de 2022. 
  94. "Rapa e O corpo aberto acaparan as candidaturas finalistas dos XXI Mestre Mateo". Premios Mestre Mateo. 7 de febreiro de 2023. 
  95. Quintás, Paula (19 de abril de 2023). "Tanxugueiras, el grupo con más nominaciones en los Premios de la Música Independiente". Quincemil (en castelán). 
  96. "Tanxugueiras triunfan na gala dos Premios da Música Independente". Nós Diario. 18 de maio de 2023. 
  97. "Todos los ganadores de los Premios Odeón 2023". Los40 (en castelán). 27 de abril de 2023. 
  98. "World Music Charts Europe - May 2020". Spotify (en inglés). Consultado o 2022-02-05. 
  99. "‘Tanxugueiras’, Palabra do Ano 2021". portaldaspalabras.gal. 27 de decembro de 2021. Consultado o 2 de febreiro de 2022. 
  100. García Calvo, Lorena (4 de marzo de 2022). "Tanxugueiras: «É a primeira vez que nos poñen unha placa!»". La Voz de Galicia. 
  101. "As Tanxugueiras terán praza de seu en Teo". culturagalega. 3 de febreiro de 2022. 
  102. Torna, Cilia (2022-08-07). "Tanxugueiras recibe no SonRías Baixas o Sinxelo de Ouro por 'Terra'". Nós Diario. Consultado o 2022-08-08. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar