SonDaRúa

SonDaRúa (frecuentemente escrito Sondarua ou Son Da Rúa) é un grupo de rap galego formado en Ponteareas en 2016.[1][2][3]

Logosdrapaisa.png
Sondaruarevenidas.jpg
OrixePonteareas, Galicia Galicia,
Período2016 - actualidade
Xénero(s)Rap, Reggae
Selo(s) discográfico(s)Playplan
Galunk Producións
MembrosHugo Guezeta
Alex Arnoso
That Bass

TraxectoriaEditar

O grupo creouse formalmente a mediados do 2016 co lanzamento dos temas "Fóra" e "Estilo combativo" na plataforma Youtube. Antes da constitución do grupo como tal, os dous membros fundadores xa ofrecían directos nos que alternaban cancións de rap ao estilo clásico con DJ, e acústicos nos que Alex Arnoso tocaba a guitarra e Hugo Guezeta adoitaba ser a voz principal.

No ano 2017 lanzan a canción "En galego NON mola", coa que conseguiron o primeiro posto da III edición do concurso Novos Valores do Festigal,[4] e tamén resultan gañadores do Concurso Sonidos Mans do Festival Revenidas[5] con "Estilo combativo", o que lles permitiu actuar en ambos festivais.

A principios do 2018 lanzaron o seu primeiro traballo de estudo, Liberando mentes[6], un EP de 5 cancións editado tanto en formato físico coma en dixital. Posteriormente participan no sinxelo Cultura crítica[7] da banda de metal NAO xunto coas Tanxugueiras. A mediados de ano editan en todas as plataformas dixitais un álbum recompilatorio en forma de EP que leva como título SonDaRúa Classics[8], formado por reedicións de antigos temas só subidos a Youtube e que foran gravados de forma caseira polo propio Alex Arnoso. En 2019 publicaron un novo videoclip do sinxelo Voz da resistencia, que contou cunha instrumental de dub do produtor Antxon Sagardui do colectivo vasco Crudo Bilbao.[9]

En 2020 publicaron o seu primeiro LP, co título Eterno combate. Este traballo consta de 12 temas e conta coas colaboracións de Ezetaerre, Skandalo GZ e Navia Rivas. Antes do lanzamento do disco xa se publicaran tres dos temas como sinxelos e con cadanseu videoclip a modo de adianto: "Éxodo", "Salsa galaica" e "Pontakas Antifa".[10]

MembrosEditar

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

EPsEditar

SinxelosEditar

NotasEditar

  1. Región, La. "O rap retranqueiro de SonDaRúa". La Región (en castelán). Consultado o 2018-11-07. 
  2. "GalicianTunes: Artista - SonDaRúa". www.galiciantunes.com. Consultado o 2018-11-07. 
  3. "Sondarúa | Galunk Producións". galunk.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2018. Consultado o 2018-11-07. 
  4. "O rap retranqueiro de SonDaRúa gañador da III edición do concurso Novos Valores – Festigal | Campus Sur de Santiago de Compostela. 24 e 25 de xullo.". festi.gal. Consultado o 2018-10-08. 
  5. "Los ponteareanos SonDaRúa actuarán en agosto en el Revenidas". Faro de Vigo. Consultado o 2018-10-08. 
  6. "Compromiso, "xeito" y frescura en la primera referencia de SonDaRúa, "Liberando Mentes" [Reseña] - Funkmamma". funkmamma.com (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  7. "Nao, SonDaRúa y Tanxugueiras por una "Cultura Crítica" - Funkmamma". funkmamma.com (en castelán). Consultado o 2018-10-08. 
  8. "Sondarúa SonDaRúa Classics - Google Search". g.co (en inglés). Consultado o 2018-11-03. 
  9. Verónica, Palleiro. "Un salón de plenos de cine". www.farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2019-01-25. 
  10. "A lírica combativa de SonDaRúa: da resignación ao ataque". Nós Diario. 24 de abril de 2020. Consultado o 28 de abril de 2020.