Férvedes II

Férvedes II é un sitio arqueolóxico do paleolítico superior, ao aire libre, situado na Pena Grande de Férvedes, nos contrafortes da serra da Carba,[1] na parroquia de Lousada (Xermade), no que hai unha cavidade natural entre rochas que serviron de morada e refuxio aos primeiros habitantes de Xermade.[2].

Neste sitio, descuberto en 1971 polo arqueólogo José Ramil Soneira, encontráronse ferramentas de sílex, cuarzo e cristal de rocha, e un colgante pétreo de forma ovoidal cun orificio de forma circular e decorado en amabas as dúas caras cun profundo suco horizontal, datado en hai uns 17 000 anos, denominado colgante de pedra decorado de Férvedes, que foi a manifestación artística máis antiga coñecida até entón en Galicia.[1][2][3] Tamén se atopou unha azagaia de óso decorada cunha inscrición horizontal. (Máis adiente, entre 2007 e 2013 encontráronse obxectos máis antigos nas escavacións arqueolóxicas da cova de Valdavara (Becerreá).[4]

No ano 1983, Ramil Soneira e Vázquez Varela deron a coñecer a primeira noticia de arte moble en Galicia, unha peza de pedra de forma oval perforada e decorada con sucos que interpretan como un colgante.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar


 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.