Castro de Armeá

poboado fortificado en Armeá (Augas Santas, Allariz)

O castro de Armeá (ás veces castro de Augas Santas) é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o século IV-III a.C e o século IV da nosa era.

Castro de Armeá
Tipocastro Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°14′45″N 7°47′31″O / 42.2458, -7.7919
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense
ConcelloAllariz
ParroquiaAugas Santas
LugarArmeá Editar o valor en Wikidata
Datas
OcupaciónSéculos IV-III a.C. - IV d.C.
Dimensións
Superficie1,4
Patrimonio cultural
Id. catálogoGA32001001
Ben de Interese Cultural
Wikidata ]

Características

editar
 
Estatua de guerreiro galaico.

O castro de Armeá foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1963. Actualmente ten a categoría de Ben de Interese Cultural (BIC).

Arqueoloxía

editar

Foi escavado por Conde Valvís. Atopáronse unha sauna castrexa, restos indíxenas e romanos, que están depositados na súa maioría no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

En 2018, na quinta campaña dirixida polo arqueólogo Adolfo Fernández na Atalaia, atopouse unha inscrición en dúas pedras co texto MAX.[1]

Contorna

editar

Próximo ao castro, e nunha carballeira, atópase o lugar coñecido polo nome de As Pías ou Baños de Santa Mariña, segundo Vicente Risco. Trátase de dúas pías labradas nun afloramento granítico situado a rentes do chan que aparece rodeado perimetralmente por un muro de cachotería dun metro de altura e planta circular. A pía de maior tamaño ten forma rectangular e conserva un bo caudal de auga durante todo o ano. Á beira dun dos seus lados maiores disponse outra pía de menores dimensións. Na cabeceira da pía maior, así como nun lateral daquela, sitúanse dúas cazoletas circulares de tamaño desigual. Conde Valvís apuntou a posibilidade de que esta construción operase como prensa de aceite de oliva, unha hipótese que parece ser corroborada pola existencia dun pequeno orificio que une ambos recipientes.

  1. "Finaliza a quinta campaña no castro de Armea revelando "unha auténtica cidade romana"". Cultura Galega. 18 de xullo de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2018. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar