Wikipedia:Efemérides destacadas
Efemérides destacadas é unha sección da Portada onde se mostran algúns acontecementos históricos importantes seleccionados de entre as efemérides dos 366 días do ano. Pode modificar e mellorar as efemérides destacadas sempre que siga a guía de estilo que aparece nesta mesma páxina.
Efemérides destacadas de hoxe
Tal día coma hoxe no ano... |
Hoxe é o Día da Independencia en Albania (1912) e en Mauritania (1960). |
Efemérides destacadas dos próximos días
Mañá será o 29 de novembro de 2024
Tal día coma hoxe no ano... |
Hoxe é o Día Internacional das Defensoras dos Dereitos Humanos e o Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino. |
Pasadomañá será o 30 de novembro de 2024
Tal día coma hoxe no ano... |
Hoxe é o Día da Independencia en Barbados (1966) e o Día de Santo Andrés en Escocia. |
Queres axudar?
Apetéceche colaborar connosco nas efemérides? Estás no lugar indicado. Actualmente as efemérides dos 366 días do ano xa están creadas; aínda así non desesperes, pódesnos axudar igualmente! Para iso só tes que elixir o día que queiras e ampliar os acontecementos que xa aparezan cos eventos que desexes, sempre e cando comprobes e esteas seguro de que corresponden a ese día; do contrario, estes serán eliminados. Toda a axuda sempre é benvida, sempre e cando sigas a guía de estilo que vén aquí embaixo, a continuación.
Guía de estilo
Cada día ten moitas efemérides e non caben todas na Portada; por iso é preciso seguir unhas directrices á hora da súa escolla:
- As efemérides seleccionadas deberán ser entre 6 ou 8.
- As efemérides deben estar redactadas en tempo presente.
- As efemérides deberán estar en orde cronolóxica: das máis antigas ás máis recentes.
- As efemérides seleccionadas seguen unha orde de preferencia que se debe cumprir sempre que sexa posíbel:
- Datas importantes para Galiza: Día Nacional de Galicia, Día de aprobación do estatuto de autonomía.
- Datas significativas para o galego: Día das letras galegas, publicación por primeira vez da revista A Nosa Terra.
- Datas importantes de persoeiros galegos: Morte de Castelao, fusilamento de Alexandre Bóveda.
- Datas importantes para España: Día do comezo da guerra civil, referendo da Constitución española de 1978.
- Datas significativas en xeral: Día da Paz, invención da imprenta.
Outros aspectos
Estes son outros aspectos a ter en conta na realización da efemérides da Portada:
- Sería bo que as efemérides levasen unha imaxe ilustrativa que estivese relacionada cun dos eventos que se citan (mellor que sexa un evento que o nacemento/morte de alguén). Para colocar a foto hai que usar o seguinte código:
<div style="float:left; margin-right:1.5em;">[[Ficheiro:TÍTULO DA IMAXE|left|border|125px|link=ARTIGO|alt=DESCRICIÓN MOI BREVE]]</div>
- NOTA: O tamaño das imaxes pode agrandarse ou reducirse lixeiramente debido a que algunhas poden quedar excesivamente pequenas ou grandes con 125 píxeles (125px).
Listaxe de efemérides destacadas
A continuación móstrase unha listaxe das efemérides destacadas de todos os meses e, detalladas, as do actual mes de novembro:
1 de novembro (ver • editar)
- 1530, un erro nos diques dos Países Baixos mata a 400.000 persoas.
- 1604, estréase a traxedia Othello (na imaxe), de William Shakespeare.
- 1849, nace Valentín Lamas Carvajal, poeta e xornalista galego (m. 1906).
- 1864, nace Isabel Feodorovna Romanova, gran duquesa de Rusia, relixiosa e santa da Igrexa ortodoxa rusa. (m. 1918)
- 1993, entra en vigor o Tratado de Maastricht, dando comezo á Unión Europea.
- 1993, morre Severo Ochoa, bioquímico español, Premio Nobel de Medicina no 1959.
Hoxe é o Día da Independencia en Antiga e Barbuda (1981), o Día de Tódolos Santos para os católicos e o Día de Mortos en México.
2 de novembro (ver • editar)
- 676, Dono convértese en Papa.
- 1917, coa Declaración Balfour, os británicos proclaman o seu apoio ás colonias israelís en Palestina.
- 1930, Haile Selassie (na imaxe) é coroado emperador de Etiopía.
- 1938, nace Sofía de Grecia, raíña consorte de España.
- 1950, morre George Bernard Shaw, escritor.
- 2000, a Expedición 1 chega á Estación Espacial Internacional.
Hoxe é o Día dos Defuntos para a comunidade católica.
3 de novembro (ver • editar)
- 1918, I Guerra Mundial: o Imperio Austro-Húngaro firma un armisticio cos Aliados.
- 1957, é lanzado o Sputnik 2 (réplica na imaxe). No seu interior viaxa a cadela rusa Laika, primeiro ser vivo que orbitou a Terra.
- 1963, morre na Coruña a pintora galega Lolita Díaz Baliño.
- 1971, publícase por primeira vez o Manual para o Programador de UNIX.
- 1994, sae ó mercado a Red Hat Linux 1.0.
Hoxe é o Día da Independencia en Dominica (1978), nos Estados Federados de Micronesia (1986) e en Panamá (1903).
4 de novembro (ver • editar)
- 1899, publícase A interpretación dos soños de Sigmund Freud.
- 1907, nace Pilar Primo de Rivera, fundadora e dirixente da Sección Femenina da Falange.
- 1918, comeza no porto de Kiel (Alemaña) a revolución de novembro, que culminaría coa substitución do II Reich pola república de Weimar.
- 1922, o arqueólogo británico Howard Carter atopa no Val dos Reis a entrada á tumba de Tutankhamon.
- 1950, morre Francisca Herrera Garrido (na imaxe), escritora e primeira muller na Real Academia Galega, conmemorada no Día das Letras Galegas de 1987.
- 1956, tropas soviéticas invaden Hungría para esmagar o erguemento húngaro.
- 1980, publícase no Boletín Oficial das Cortes o Proxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia aprobado o 22 de outubro dese ano pola Comisión Constitucional tralas modificacións feitas pola Asemblea de parlamentarios de Galicia.
Hoxe é o Día da Ciencia en Galego.
5 de novembro (ver • editar)
- 1688, comeza a Revolución Gloriosa cando Guillerme III de Inglaterra desembarca en Brixham.
- 1898, Honduras abandona os Estados Unidos de Centroamérica.
- 1911, tras declarar a guerra ao Imperio Otomán o 29 de setembro, Italia anexiona Trípoli e Cirenaica.
- 1921, nace a princesa Fawzia de Exipto, primeira muller do último xa de Irán.
- 1917, Tikhon de Moscova é elixido Patriarca de Moscova e da Igrexa Ortodoxa Rusa.
- 1940, Franklin D. Roosevelt convértese no primeiro presidente dos Estados Unidos en acadar un terceiro mandato.
Hoxe é a noite de Guy Fawkes (na imaxe) no Reino Unido (1605) e o Día de Tódolos Santos en Suecia.
6 de novembro (ver • editar)
- 1479, nace Xoana I (na imaxe), raíña de Castela e Aragón.
- 1860, Abraham Lincoln convértese no primeiro republicano en chegar a Presidente dos Estados Unidos.
- 1870, as Cortes do Sexenio Democrático elixen a Amadeu de Savoia como rei de España.
- 1962, a Asemblea Xeral da ONU aproba a Resolución 1761 condenando a política racista do apartheid surafricano.
- 1975, a Marcha Verde de Marrocos sobre o Sáhara Occidental chega á fronteira con esta colonia española.
- 1999, os australianos votan manter a Raíña Británica como cabeza de estado.
Hoxe é o Día Internacional para a Prevención da Explotación do Medio Ambiente na Guerra e os Conflitos Armados.
Hoxe, Suecia celebra o Día de Gustav Adolf, rei dese país finado nesta data en 1632.
7 de novembro (ver • editar)
- 1067, morre Sancha I de Galicia, raíña de Galicia desde 1037.
- 1867, nace en Varsovia Marie Curie (na imaxe), Premio Nobel de Física no 1903 e de Química no 1911 (m. 1934).
- 1903, nace o naturalista e zoólogo austríaco Konrad Lorenz, pai da etoloxía; recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1973 (m. 1989).
- 1917, comeza a Revolución de Outubro en Rusia, liderada por Lenin contra o goberno provisional de Kerenskii (25 de outubro, segundo o calendario xuliano, vixente daquela no país).
- 1938, a aviación republicana realiza o bombardeo de Cabra durante a guerra civil española.
- 1996, un Boeing 727 nixeriano estrélase a 40 millas de Lagos e causa a morte de 143 persoas.
Hoxe é o Día dos vendedores de diarios e revistas na Arxentina.
8 de novembro (ver • editar)
- 1246, morre Berenguela de León e Castela (na imaxe), raíña consorte de Galicia e León entre 1197 e 1204 e raíña de Castela desde 1217.
- 1519, Hernán Cortés entra en Tenochtitlán, capital do Imperio Azteca, onde é tomado polo deus Quetzalcóatl.
- 1793, en París, o goberno revolucionario francés abre parte do Palacio Real do Louvre como museo.
- 1895, Wilhelm Röntgen descobre os raios-x.
- 1939, Adolf Hitler sobrevive a un intento de asasinato na cervexaría Bürgerbräukeller de Múnic, durante a celebración do aniversario do fracaso do Putsch de Múnic de 1923.
- 2002, o Consello de Seguridade da ONU aproba a resolución 1441 na que solicita a Iraq que se desarme ou se prepare para afrontar "serias consecuencias".
Hoxe é o Día Mundial do Urbanismo, declarado en 1949 polas Nacións Unidas.
9 de novembro (ver • editar)
- 1389, nace Isabel de Valois, raíña de Inglaterra e duquesa de Orleáns.
- 1799, Napoleón Bonaparte e Emmanuel Joseph Sieyès lideran o Golpe de Estado do 18 de Brumario, destituíndo o goberno revolucionario francés.
- 1934, nace Carl Edward Sagan, astrofísico e matemático estadounidense.
- 1938, en Alemaña, os nazis deteñen a máis de 35.000 xudeus e destrúen as súas propiedades na chamada Noite dos cristais rotos.
- 1959, morre Ramón Cabanillas, escritor galego (n. 1876).
- 1983, o Consello de Ministros español aproba o proxecto de lei sobre obxección de conciencia e institúe a prestación social substitutoria do servizo militar.
- 1989, cae o Muro de Berlín (na imaxe).
Hoxe é o Día da Independencia en Camboxa (1953) e mailo Día do Inventor.
10 de novembro (ver • editar)
- 1483, nace Martiño Lutero, teólogo alemán creador da Reforma protestante (m. 1546).
- 1810, as Cortes de Cádiz conceden, por primeira vez, a liberdade de prensa en España.
- 1871, Henry Morton Stanley atopa o explorador e misioneiro desaparecido David Livingstone en Ujiji, preto do Lago Tanganica na actual Tanzania.
- 1890, naufraga o HMS Serpent na Costa da Morte provocando 172 vítimas.
- 1928, Hirohito é coroado como o 124º Emperador de Xapón.
- 1975 a Asemblea Xeral da ONU aproba a Resolución 3379, na que equipara o sionismo co racismo. Foi revocada en 1991 coa Resolución 4686.
- 1978, en España, a maioría de idade pasa dos 21 aos 18 anos.
- 1990, nace en Mireia Belmonte (na imaxe), nadadora campioa olímpica, mundial e europea.
11 de novembro (ver • editar)
- 1821, nace Fiodor Dostoievski, escritor ruso.
- 1887, os anarquistas August Spies (na imaxe), Albert Parsons, Adolph Fischer e George Engel son executados pola súa suposta implicación na Revolta de Haymarket.
- 1918, remata a Primeira Guerra Mundial despois de que Alemaña asine o armisticio.
- 1958, nace en San Martiño de Andavao a cantante Luz Casal.
- 1962, a Asemblea Nacional de Kuwait ratifica a Constitución de Kuwait.
- 1992, a Igrexa Anglicana vota a favor de permitir que as mulleres sexan nomeadas sacerdotes.
Hoxe é o Día da Independencia en Polonia (1918) e Angola (1975), o Día do Recordo na Commonwealth, o Día do Armisticio en Europa e o Día dos Veteranos nos Estados Unidos.
12 de novembro (ver • editar)
- 1918, abdica o emperador Carlos I de Austria, poñendo fin ao Imperio Austrohúngaro.
- 1927, Lev Trotski é expulsado do Partido Comunista da Unión Soviética.
- 1929, nace Grace Kelly (na imaxe), unha das máis importantes actrices de Hollywood na década de 1950 e esposa do príncipe Rainiero III de Mónaco.
- 1932, Albert Einstein e a súa familia abandonan Alemaña escapando da persecución nazi contra os xudeus.
- 1948, en Xapón, un tribunal internacional sobre crimes de guerra condena a morte sete xaponeses polas súas actuacións durante a Segunda Guerra Mundial.
- 1991, en Timor Leste ten lugar o Masacre de Díli cando forzas indonesias disparan sobre un grupo manifestantes que protestaban contra o goberno indonesio.
- 2001, en Afganistán as forzas talibáns abandonan Kabul ante a inminente chegada das tropas da Alianza do Norte.
13 de novembro (ver • editar)
- 1869, nace Helene Stöcker, pacifista, feminista e publicista alemá.
- 1918, tras a caída da monarquía o día anterior, Austria pasa a chamarse República da Austria Alemá e trata de integrarse na República de Weimar.
- 1970, un ciclón tropical arrasa o delta do Río Ganxes no Paquistán Oriental (na actual Bangladesh) matando aproximadamente medio millón de persoas.
- 1990, Tim Berners-Lee crea a primeira páxina web.
- 1994, os suecos votan nun referendo a favor de unirse á Unión Europea.
- 2002, o petroleiro Prestige sofre un accidente en augas galegas que causa o seu afundimento o 19 de novembro (na imaxe).
Hoxe é o Día das Librarías.
14 de novembro (ver • editar)
- 1851, Herman Melville publica Moby Dick.
- 1886, nace Florentino López Cuevillas, investigador e arqueólogo da Xeración Nós (m. 1958).
- 1928, nace Inmaculada Paz-Andrade, científica galega.
- 1940, durante a Segunda Guerra Mundial, 500 bombardeiros da Luftwaffe arrasan Coventry, no centro da Gran Bretaña.
- 1971, a Mariner 9 (na imaxe) chega a Marte, converténdose na primeira sonda espacial que orbita outro planeta.
- 1975, España abandona o Sáhara Occidental.
Hoxe é o Día Mundial da Diabetes e os musulmáns dos Estados Unidos celebran o Eid ul-Fitr, que marca a fin do Ramadán.
15 de novembro (ver • editar)
- 1492, primeira referencia escrita sobre o tabaco, na descrición dun encontro de Cristovo Colón cos indios.
- 1920, celébrase en Xenebra a primeira Asemblea Xeral da Liga das Nacións.
- 1938, dáse por finalizada a batalla do Ebro, na que o exército republicano sufriu 30.000 baixas e 20.000 prisioneiros. Foi a batalla máis cruenta de toda a Guerra civil.
- 1940, os Nazis cortan o contacto do Gueto de Varsovia co mundo exterior. No interior do gueto quedaban 350.000 xudeus.
- 1944, constitúese en Montevideo o Consello de Galiza (acta na imaxe).
- 1971, Intel lanza o primeiro microprocesador da historia, o Intel 4004.
- 1974, España pon en órbita o seu primeiro satélite artificial, o Intasat.
Hoxe é o Día da República no Brasil (1889).
16 de novembro (ver • editar)
- 1384, Jadwiga de Polonia é coroada Rei (sic) de Polonia.
- 1532, Francisco Pizarro (na imaxe) fai prisioneiro a Atahualpa cando este visitaba o campamento español.
- 1621, a Igrexa Católica Latina adopta como comezo oficial do ano o primeiro de xaneiro. Daquela, o ano comezaba en marzo.
- 1625, morre Sofonisba Anguissola, pintora italiana considerada a primeira muller pintora de éxito do Renacemento
- 1945, fúndase a UNESCO.
- 1977, apróbase o ingreso de España no Consello de Europa.
- 2002, diagnostícase o primeiro abrocho da Síndrome Respiratoria Aguda Severa (SARS) en Guangdong, China.
Hoxe é o Día Internacional para a Tolerancia.
17 de novembro (ver • editar)
- 1558, morre María I (na imaxe), raíña de Inglaterra e raíña consorte de España. Sucedeuna a súa medio irmá Isabel I, quen subiu ao trono este día.
- 1869, inaugúrase en Exipto o Canal de Suez, de 161 km de lonxitude.
- 1917, morre Auguste Rodin, escultor francés.
- 1970, Douglas Engelbart, inventor estadounidense, patenta un Dispositivo indicador de posición X-Y para un sistema visual, o que hoxe coñecemos como rato.
- 1983, fúndase o Exército Zapatista de Liberación Nacional.
- 1989, comeza na antiga Checoslovaquia a Revolución de Veludo, movemento estudiantil que impulsou a caída do réxime comunista.
18 de novembro (ver • editar)
- 1541, Miguel Anxo finaliza o fresco O Xuízo Final (na imaxe) na Capela Sistina.
- 1809, nace Manuel Blanco Romasanta, primeiro asasino en serie galego documentado, coñecido co alcume de o lobishome de Allariz.
- 1820, o navegante americano Nathaniel Palmer descobre a Antártida.
- 1830, proclámase a independencia de Bélxica.
- 1928, a factoría Walt Disney estrea Steamboat Willie, a primeira curtametraxe sonora de animación.
- 1934, nace Dino Pacio Lindín, sociólogo e profesor galego fundador de Solidaridad Humana.
- 1939, nace Margaret Atwood, escritora canadense.
- 1993, apróbase unha nova constitución en Suráfrica.
Hoxe é o Día da Independencia en Letonia (1918) e a Festa Nacional en Omán (1940).
19 de novembro (ver • editar)
- 1493, Cristovo Colón (na imaxe) descobre a illa de San Xoán Bautista, hoxe Porto Rico.
- 1819, inaugúrase en Madrid o Museo do Prado.
- 1895, o estadounidense Frederick E. Blaisdell patenta o lapis.
- 1917, nace Indira Gāndhi, primeira ministra da India en dúas ocasións.
- 1918, nace Margarita Landi, periodista e criminóloga española.
- 1946, Afganistán, Islandia e Suecia únense á ONU.
- 1977, o Presidente de Exipto Anwar Sadat é o primeiro líder árabe en visitar oficialmente Israel.
- 2002, o petroleiro Prestige parte en dous e afúndese por completo, a uns 250 km das costas galegas.
Hoxe é o Día Mundial da Diabete e o Día Mundial do Retrete.
20 de novembro (ver • editar)
- 1520, a expedición de Fernão de Magalhães remata a travesía do estreito que bautiza co seu nome.
- 1929, primeira exposición do pintor español Salvador Dalí en París.
- 1945, comezan os Xuízos de Nuremberg contra 24 criminais de guerra nazis.
- 1962, remata a Crise dos Mísiles Cubanos cando Rusia retira o seu armamento nuclear de Cuba.
- 1975, morre o ditador español Francisco Franco (na imaxe).
- 1999, a República Popular da China lanza ó espazo a primeira nave do Programa Shenzhou.
- 2014, morre Cayetana Fitz-James Stuart, XVIII duquesa de Alba de Tormes.
Hoxe é o Día Universal do Neno (tamén chamado Día Internacional dos Dereitos do Neno), o Día da Industrialización de África e o Día da Memoria Transxénero.
21 de novembro (ver • editar)
- 1877, Thomas Alva Edison anuncia a invención do fonógrafo (na imaxe).
- 1922, nace María Casares, actriz galega que triunfou no exilio en Francia.
- 1962, durante a Guerra Indo-Chinesa, o Exército de Liberación Popular Chinés declara un alto ó fogo unilateral.
- 1979, a embaixada estadounidense en Islamabad (Paquistán) é atacada e incendiada por unha turba.
- 2002, Bulgaria, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Letonia, Lituania e Romanía son invitadas a unirse á OTAN.
Hoxe é o Día Mundial da Televisión.
22 de novembro (ver • editar)
- 1718, o pirata Edward Teach (coñecido como Barbanegra) morre nas costas de Carolina do Norte nun combate contra o HMS Pearl.
- 1929, nace Xohana Torres, escritora galega.
- 1936, nace Camilo Nogueira Román (na imaxe), político e economista galego.
- 1963, John F. Kennedy é asasinado en Dallas.
- 1975, Xoán Carlos I é coroado Rei de España.
- 1996, morre María Casares, actriz coruñesa que triunfou no exilio en Francia.
23 de novembro (ver • editar)
- 1221, nace Afonso X o Sabio (na imaxe), rei de Castela.
- 1811, as Cortes de Cádiz aproban a creación da chamada Lotería Nacional
- 1971, a República Popular da China é aceptada como representante do pobo chinés no Consello de Seguridade da ONU e ocupa o asento que ata entón ocupaba República da China.
- 1979, a Universidade de Minneapolis realiza con éxito a primeira transfusión de sangue sintético.
- 1991, Freddie Mercury, do grupo Queen, anuncia publicamente que é portador do virus VIH. Morre ó día seguinte.
- 2005, Ellen Johnson-Sirleaf é elixida presidenta de Liberia, converténdose na primeira muller en gobernar un país africano.
Hoxe é o Día do Bosque Autóctono e o Día Internacional sen Compras.
24 de novembro (ver • editar)
- 380, Teodosio I o Grande entra en Constantinopla.
- 1859, publícase por primeira vez A orixe das especies, de Charles Darwin.
- 1922, un equipo de arqueólogos ingleses abre a tumba de Tutankamón no Val dos Reis (Exipto).
- 1939, créase en España, o Consello Superior de Investigacións Científicas.
- 1963, Lee Harvey Oswald, asasino de John F. Kennedy, é asasinado en Dallas, Texas.
- 1969, EEUU e a URSS asinan o Tratado de Non Proliferación de Armas Nucleares.
- 1998, morre Maruxa Villanueva (na imaxe), actriz galega.
25 de novembro (ver • editar)
- 1177, Balduíno IV de Xerusalén e Reinaldo de Chatillon derrotan a Saladino na Batalla de Montgisard.
- 1562, nace Lope de Vega (na imaxe), poeta e dramaturgo español.
- 1923, nace María Adela Durango, escritora española de novela rosa.
- 1950, a República Popular Chinesa entra na Guerra de Corea ó enviar miles de voluntarios para atacar ás tropas da ONU.
- 1960, son asasinadas as irmás Mirabal na República Dominicana. A ONU tomounas como referencia para a creación do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.
- 1992, prodúcese o Divorcio de Veludo, a Asemblea Federal Checoslovaca vota a favor de dividir o país en dous.
Hoxe é o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller e o Día da Independencia en Suriname (1975)
26 de novembro (ver • editar)
- 1504, morre Isabel a Católica, raíña de Castela (n. 1451).
- 1918, a Asemblea de Podgorica declara a adhesión de Montenegro ó Reino de Serbia.
- 1922, nace Charles Schulz, debuxante nortemericano, creador, en 1950, da imaxe de Charlie Brown, Carlitos, e Snoopy (m. 2000).
- 1949, apróbase a constitución da India, trala independencia do imperio británico en 1947.
- 1963, morre Amelita Galli-Curci (na imaxe), soprano italiana, unha das máis reputadas do século XX.
- 2001, científicos estadounidenses logran clonar o primeiro embrión humano. A clonación da ovella Dolly tivo lugar en 1996.
- 2003, prodúcese o último voo comercial do avión supersónico Concorde.
27 de novembro (ver • editar)
- 1095, no Concilio de Clermont o Papa Urbano II promove a Primeira Cruzada (na imaxe).
- 1763, morre a infanta Isabel de Borbón-Parma, arquiduquesa de Austria tralo seu matrimonio co emperador Xosé II.
- 1912, un tratado franco-español sobre Marrocos concede a España a soberanía sobre a costa norte desta rexión.
- 1976, morre Xesús Taboada Chivite, arqueólogo e etnógrafo (n. 1907).
- 1983, un Boeing 747 colombiano estrélase preto do Aeroporto de Barajas matando 183 persoas.
- 2001, o telescopio Hubble descobre a existencia dunha atmosfera de hidróxeno no planeta extrasolar Osiris.
- 2001, a Asemblea Xeral da ONU pide que finalice o embargo comercial ó que EEUU somete a Cuba.
Hoxe é, en España, o Día do Mestre, en memoria do pedagogo Xosé de Calasanz. Noutros países celébrase noutras datas (así, en Portugal, o Dia do Professor é o 5 de outubro).
28 de novembro (ver • editar)
- 1290, morre Leonor de Castela, infanta de Castela e raíña de Inglaterra tralo seu matrimonio con Eduardo I.
- 1493, Cristovo Colón descobre Xamaica e Porto Rico, ademais de circunnavegar boa parte de Cuba.
- 1857, nace Afonso XII, rei de España.
- 1872, morre Mary Somerville, escritora inglesa.
- 1885, María Cristina de Habsburgo-Lorena xura fidelidade ao herdeiro á Coroa e á Constitución, comezando así a súa rexencia.
- 1928, nace Xesús Alonso Montero, escritor vigués.
- 1943, durante a segunda guerra mundial, Franklin D. Roosevelt, Winston Churchill e Josef Stalin inician a Conferencia de Teherán (na imaxe).
Hoxe é o Día da Independencia en Albania (1912) e en Mauritania (1960).
29 de novembro (ver • editar)
- 1853, nace Francisca Sarasate, escritora de orixe galega.
- 1899, constitúese o F.C. Barcelona, club de fútbol catalán.
- 1924, morre Giacomo Puccini, compositor de ópera italiano (La Bohème, Tosca, Madame Butterfly).
- 1944, no Hospital Johns Hopkins, de Estados Unidos, realízase a primeira operación a corazón aberto.
- 1981, morre a actriz Natalie Wood.
- 1990, as Nacións Unidas autorizan o uso da forza militar contra Iraq se non se retira de Kuwait. A intervención internacional comezou o 16 de xaneiro de 1991.
- 2001, morre de cancro o guitarrista dos Beatles, George Harrison (na imaxe).
Hoxe é o Día Internacional das Defensoras dos Dereitos Humanos e o Día Internacional de Solidariedade co Pobo Palestino.
30 de novembro (ver • editar)
- 1831, Inglaterra e Francia asinan un tratado para rematar coa trata de negros. En Inglaterra, a escravitude non foi abolida ata 1838.
- 1835, nace o novelista norteamericano Mark Twain (Samuel Langhorne Clemens), autor de As aventuras de Tom Sawyer (1876) e As aventuras de Huckleberry Finn (1884).
- 1865, nace o novelista Rudyard Kipling, premio Nobel de Literatura 1907.
- 1938, nace a bioquímica Margarita Salas, primeira científica en ocupar un asento na RAE e primeira española en ser membro da Academia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.
- 1939, comeza a Guerra de Inverno cando a URSS invade Finlandia.
- 1974, atópase en Etiopía o esqueleto dunha femia de Australopithecus afarensis á que chamaron Lucy (na imaxe), dunha antigüidade de máis de 3 millóns de anos.
- 1982, a Primeira Ministra británica Margaret Thatcher recibe unha carta bomba.
Hoxe é o Día da Independencia en Barbados (1966) e o Día de Santo Andrés en Escocia.