Sección Femenina
A Sección Femenina fai referencia á institución creada en 1934,[1] durante a Segunda república española, e que acadaría unha gran relevancia coa transformación do Estado Español nun réxime ditatorial de corte fascista. En xullo de 1936, tiña unhas 2.500 afiliadas[2] e cara ao final do franquismo, en 1973, contaba con 279 697 militantes.[3]
Orixe
editarEra a rama feminina de Falange Española, que foi dirixida dende a súa constitución por Pilar Primo de Rivera, filla do ditador Miguel Primo de Rivera e irmá de José Antonio Primo de Rivera, fundador da Falange. Compartía tanto os ideais coma a estética con este partido de corte fascista. As figuras de Isabel a Católica e Tareixa de Ávila foron os símbolos escollidos en representación da institución.
A principal dirixente de Galicia foi María Victoria Eiroa.
Características
editarTiña como finalidade a beneficencia social, destinada principalmente, aínda que non unicamente, á muller. Estaba organizada en diferentes rexidurias repartidas polo país. Dentro do seu labor social destaca: a atención médica, coidado de anciáns, garderías, centros para discapacitados tanto físicos como mentais... a reconstrución do patrimonio histórico como o Castelo de La Mota; formación de caravanas para asistir ás zonas rurais...
A súa patroa era Tareixa de Ávila motivo polo cal a revista da sección feminina chamouse Teresa.
Ao igual que o Auxilio Social e a Igrexa Católica, a Sección Femenina tamén xogou un papel fundamental na reeducación e formación cristiá de nenos e mulleres, poñendo de relevo os valores patrióticos e cristiáns, e avogando polo sometemento da muller á figura do home, como quedou indicado por Pilar Primo de Rivera no V Consello Nacional celebrado en Barcelona en 1941:
As Seccións Femininas respecto aos seus xefes, teñen que ter unha actitude de obediencia e subordinación absoluta. Como é sempre o papel da muller na vida, de submisión ao home.[4]
Notas
editar- ↑ Morant i Ariñó (2015), p. 42.
- ↑ Morant i Ariñó (2015), p. 45.
- ↑ Payne (1999), p. 459.
- ↑ Preston (2003).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sección Femenina |
Bibliografía
editar- Morant i Ariñó, Toni (2015). Národní pedagogické muzeum a knihovna J. A. Komenského, ed. "Die Frauenabteilung der spanischen Falange und die europäischen Faschismen, 1933-1945" (PDF). Historia Scholastica (en alemán) (Praga) (1): 42–56. ISSN 2336-680X.
- Payne, Stanley G. (1999). Fascism in Spain, 1923–1977 (en inglés). Madison: University of Wisconsin Press. ISBN 0-299-16560-4.
- Preston, Paul (2003). "Pilar Primo de Rivera. El fascismo y los arreglos florales". Las tres Españas del 36 (en castelán). Barcelona: Debolsillo. ISBN 9788497930611.