Margaret Atwood

escritora canadense

Margaret Eleanor Atwood, nada en Otava o 18 de novembro de 1939, é unha poeta, escritora, crítica literaria, mestra, activista ambiental e inventora canadense. Dende 1961, publicou dezaoito libros de poesía, dezaoito novelas, once libros de non ficción, nove coleccións de historias curtas de ficción, oito libros infantís e dúas novelas gráficas, así como unha serie de publicación en prensa tanto de poesía como ficción. Atwood gañou numerosos premios e honras pola súa escritura, incluíndo dous Premios Booker, o Premio Arthur C. Clarke, o Premio do Gobernador Xeral, o Premio Franz Kafka, o Premio Princesa de Asturias das Letras e o Premio PEN Center USA Lifetime Achievement do Círculo de Críticos Nacional do Libro.[1] Varias das súas obras foron adaptadas para o cinema e a televisión.

Margaret Atwood
Margaret Atwood FBM 2019.jpg
Nacemento18 de novembro de 1939
Lugar de nacementoOtava
NacionalidadeCanadá
Alma máterVictoria University, Leaside High School, Radcliffe College, Universidade Harvard e Universidade Harvard
Ocupaciónescritora, poeta, novelista, pedagoga, crítico literario, ensaísta, escritora de non ficción, escritora de ciencia ficción e inventora
CónxuxeGraeme Gibson
Coñecida porO conto da criada, Cat's Eye, Alias Grace, The Blind Assassin, Oryx e Crake, Surfacing, The Edible Woman, Dancing Girls & Other Stories, Stone Mattress: Nine Tales, The Year of the Flood, Hag-Seed, The Heart Goes Last, Bodily Harm, Life Before Man e The Testaments
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, Companion of the Order of Canada, Order of Ontario, Prêmio Molson, Humanist of the Year, Premio Príncipe de Asturias das Letras, Harvard Centennial Medal, Governor General's Award for English-language poetry or drama, Governor General's Award for English-language fiction, Premio Arthur C. Clarke, Helmerich Award, Hammett Prize, Prémio Man Booker, Golden Wreath, Prêmio Nelly Sachs, Canada's Walk of Fame, Prêmio Dan David, Los Angeles Times Book Prize, Prêmio da Paz do Comércio Livreiro Alemão, Premio Franz Kafka, Fellow of the Royal Society of Canada, membro da Royal Society of Literature, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Premio Giller, Honorary doctor of the University of Ottawa, Medalha Lorne Pierce, Los Angeles Times Book Prize, Trillium Book Award, Trillium Book Award, Trillium Book Award, Toronto Book Awards, St. Louis Literary Award, Tähtivaeltaja Award, Prémio PEN Pinter, Aurora Award for Best Graphic Novel, Mondello Prize, Premio Giller, honorary doctor of Harvard University, Prémio Man Booker, Raymond Chandler Award, honorary doctorate of Concordia University, Companion of Honour, doutor honoris causa pola Universidade de Montreal, Officer's Cross of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Crime Writers of Canada Awards of Excellence, Carl Sandburg Literary Award e Ivan Sandrof Lifetime Achievement Award
Na rede
https://margaretatwood.ca
IMDB: nm0041194 Allocine: 80125 Allmovie: p315521
Facebook: MargaretAtwoodAuthor Twitter: MargaretAtwood Instagram: therealmargaretatwood Dialnet: 266076 Musicbrainz: 54c82890-5779-4c98-9e59-eaed128685d6 Songkick: 15079 Discogs: 3033148 WikiTree: Atwood-123 Genius: Margaret-atwood Editar o valor em Wikidata
Margaret Atwood signature.svg
editar datos en Wikidata ]

As obras de Atwood abranguen unha ampla variedade de temas, incluíndo o xénero e a identidade, a relixión e o mito, o poder da linguaxe, o cambio climático e a "política do poder".[2] Moitos dos seus poemas están inspirados en mitos e contos de fadas que a interesaron dende moi cedo.[3]

Atwood é fundador do Premio Griffin de Poesía e do Writers' Trust of Canada. Tamén é membro sénior do Massey College, Toronto. É a inventora do dispositivo LongPen e das tecnoloxías asociadas que facilitan a escritura robótica remota de documentos.

TraxectoriaEditar

É a segunda dos tres fillos de Carl Edmund Atwood, zoólogo, e Margaret Dorothy William, nutricionista. Debido á investigación que levaba a cabo o seu pai sobre entomoloxía forestal, Atwood pasou gran parte da súa infancia entre o norte do Quebec, Otava e Toronto.

Ben cedo converteuse en ávida lectora de todo tipo de literatura, desde novelas de misterio, ata contos dos irmáns Grimm, historias sobre Canadá e cómics. Foi ao instituto en Leaside, Toronto. Comezou a escribir aos 16 anos. En 1957 iniciou os seus estudos universitarios na Vitoria University de Toronto. Tivo como profesores a Jay Macpherson e Northrop Frye, que encamiñaron a súa poesía inicial (Double Persephone) cara ao tema dos mitos e os arquetipos.

Graduouse en 1961 en filoloxía inglesa, con estudos tamén de francés e filosofía.

En 1968, casou con Jim Polk, de quen se divorciou en 1973. Logo, contraeu matrimonio co novelista Graeme Gibson, con quen se mudou a Ontario, ao norte de Toronto. En 1976 tiveron á súa filla Eleanor Jess Atwood Gibson. Volveu a Toronto en 1980.

Estudos avanzadosEditar

No outono de 1961, despois de gañar a Medalla E. J. Pratt polo seu libro de poemas Double Persephone, comezou os seus estudos de posgrao no Radcliffe College da Universidade Harvard cunha bolsa de investigación Woodrow Wilson. Obtivo un máster en Radcliffe en 1962 e continuou estudando dous anos máis en Harvard.

Impartiu clases na Universidade de British Columbia (1965), na Universidade Sir George Williams de Montreal (1967-1968), na Universidade de Alberta (1969-1979), na Universidade de York de Toronto (1971-1972), e na Universidade de Nova York.

MilitanciaEditar

  • Loita polos dereitos humanos, a liberdade de expresión e outras causas.
  • Doou o diñeiro do galardón Booker Price para causas ambientais.
  • Axudou a lanzar a carreira da poeta Carolyn Forche cando os editores estadounidenses rexeitaron a súa poesía sobre a guerra civil salvadoreña.

Traxectoria literariaEditar

Atwood escribiu novelas de diferentes xéneros, ensaios, relatos e libros de poemas. Tamén guións para televisión, como The Servant Girl (1974) e ensaios como Days of the Rebels: 1815-1840 (1977).

É descrita como unha escritora feminista, xa que o tema do xénero está presente en varias das súas obras de forma destacada. Centrouse na identidade canadense, nas relacións deste país con Estados Unidos de América e Europa, nos Dereitos Humanos, en asuntos ambientais, nos mitos sociais sobre a feminidade, na representación do corpo da muller na arte, a explotación social e económica desta, así como as relacións de mulleres entre si e cos homes.

En 1969 publicou The Edible Woman, onde se fixo eco da marxinación social da muller. En Procedures for Underground (1970) e The Journals of Susana Moodie (1970), os seus seguintes libros de poesía, os personaxes teñen dificultades para aceptar o irracional. Esta última quizais sexa a súa obra poética máis coñecida; nela, escribe desde o punto de vista de Susana Moodie, unha pioneira da colonización da fronteira canadense do século XIX. Coa obra Power Politics (1971) usa as palabras como refuxio para as mulleres débiles que se enfrontan á forza masculina.

Como crítica literaria é moi coñecida pola súa obra Survival: A Thematic Guide to Canadian Literature (1972), definida como o libro máis asombroso escrito sobre literatura canadense e que conseguiu aumentar o interese na literatura deste país. Ese ano, publicou Surfacing, unha novela onde se formula en termos políticos o conflito entre natureza e tecnoloxía. Con grande éxito e avalada pola crítica, escribiu You Are Happy (1974), e a súa terceira novela, Lady Oracle (1976), unha parodia dos contos de fadas e as novelas de amor. En 1978, publicou Two-Headed Poems, que explora a duplicidade da linguaxe, e Up in the Tree, un libro infantil. A súa seguinte novela, Life Before Man (1979), é máis tradicional que os seus libros de ficción anteriores e céntrase nunha serie de triángulos amorosos.

Atwood sempre estivo interesada nos dereitos humanos, o que se reflicte no seu libro de poesía True Stories (1981) e a novela Bodily Harm (1981).

Publicou Second Words (1982), mostra dunha das primeiras obras feministas escritas no Canadá; ese mesmo ano dirixiu a revisión do Oxford Book of Canadian Poetry, o que a colocou á fronte dos poetas canadenses da súa xeración.

Atwood segue escribindo, con grande éxito para a crítica e para os seus lectores. Estúdanse os seus libros en escolas, institutos e universidades de todo o mundo.

ObraEditar

NotasEditar

  1. "Awards List". margaretatwood.ca. Consultado o 6 de febreiro de 2021. 
  2. Marion, Wynne-Davies (2010). Margaret Atwood. British Council. Horndon, Tavistock, Devon: Northcote, British Council. ISBN 978-0746310366. OCLC 854569504. 
  3. Oates, Joyce Carol. "Margaret Atwood: Poet", The New York Times, 21 de maio de 1978.
  4. "Margaret Atwood announces sequel to The Handmaid's Tale". CBC News, 28 de novembro de 2018.
  5. Atwood, Margaret. Biblio.com, ed. "Snake Poems by Margaret Atwood". Consultado o 27 de xaneiro de 2019. 
  6. Margaret, Atwood. Dearly by Margaret Atwood. Chatto&Windus. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2021. Consultado o 8 de novembro de 2020. 
  7. Wandering Wenda and Widow Wallop's Wunderground Washery. Quill & Quire, decembro de 2011. Consultado o 27 de xaneiro de 2019.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar