Abrir o menú principal

Othello e Desdémona en Venecia, porThéodore Chassériau (18191856).
Desdémona, por Frederic Leighton (1830-1896).

Otelo (Othello, the Moor of Venice) é unha obra de Shakespeare escrita ao redor de 1603 e publicada en 1622. Otelo é unha traxedia, como Hamlet, Macbeth e O rei Lear. Shakespeare escribiu Otelo probabelmente despois de Hamlet, pero antes das dúas posteriores. A primeira actuación da que se ten noticia celebrouse o 1 de novembro de 1604 no Whitehall Palace de Londres.

O personaxe principal, Otelo, preséntase piadosamente a pesar da súa raza. Isto era pouco habitual na literatura inglesa en tempos de Shakespeare, que describía os mouros e outros pobos de pel escura como viláns. Shakespeare evita calquera discusión respecto do islam na obra.

Índice

Resumo da tramaEditar

Otelo, que acaba de fuxir con Desdémona ao comezo da obra, deixa Venecia para dirixir o exército de Venecia en Chipre. Cando Desdémona e Casio se unen a Otelo en Chipre, o traidor estandarte Iago convence a Otelo de que Desdémona lle foi infiel con Casio. Otelo mata a Desdémona cego de ira. A esposa de Iago, Emilia, descobre que a aventura de Desdémona con Casio era unha invención de Iago. Iago mata a Emilia e Otelo suicídase. Casio goberna Chipre e o castigo de Iago é deixado a discreción de Casio.

Versións en películas e para óperasEditar

Otelo levouse varias veces á gran pantalla, incluíndo:

A mesma historia é a base para dúas versións de ópera, ambas chamadas Othello, de Gioachino Rossini e Giuseppe Verdi.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar