Nathaniel Palmer

explorador estadounidense

Nathaniel Brown Palmer, nado en 1799 en Stonington, Connecticut, e finado na mesma cidade en 1877 foi un mariñeiro baleeiro estadounidense, considerado o co-descubridor da Antártida.

Nathaniel Palmer
Nathaniel Palmer.jpg
Nacemento1799
Lugar de nacementoStonington, Connecticut Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento1877
Lugar de falecementoStonington, Connecticut Estados Unidos de América Estados Unidos
SoterradoStonington
NacionalidadeEstados Unidos de América
OcupaciónMariñeiro.
PaiNathaniel Palmer, III
NaiMercy Palmer
Na rede
WikiTree: Palmer-1279
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Embárcase coma mariñeiro moi novo, acadando o rango de patrón con 19 anos e ampliando as rutas de caza de baleas máis ao sur, na busca de novas colonias de focas.

O 17 de novembro de 1820 descobre terras que non aparecían no mapa, terras que resultarían ser a Antártida, porén por esas mesmas datas tamén navegaban pola zona outros dous barcos, un da Armada Imperial Rusa comandada por Fabian Gottlieb von Bellingshausen e outro da Royal Navy Británica ao mando de Edward Bransfield, polo que aos tres se lle recoñeceu o título de co-descubridores do continente.

Na honra do navegante na actualidade reciben o seu o nome a terra que el avistou, Península Palmer, o arquipélago Palmer, unha estación científica estadounidense situada no dito arquipélago (Estación Palmer) e un quebraxeos estadounidense (RV Nathaniel B. Palmer).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

Un relato do avistamento da Antártida, por Nathaniel Palmer (en inglés)


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.