Isabel Feodorovna Romanova

Isabel Feodorovna Romanova (ruso: Елизавета Фёдоровна Рома́нова, Elizaveta Feodorovna Romanova), nada en Darmstadt o 1 de novembro de 1864 e finada en Alapaevsk, 18 de xullo de 1918, foi gran duquesa de Rusia, relixiosa e santa da Igrexa ortodoxa rusa. Foi neta da raíña Vitoria do Reino Unido. Ao casar co gran duque Sergei Aleksandrovich converteuse á Igrexa ortodoxa rusa. No ano 2000 foi canonizada como santa mártir xunto con algúns membros da familia Romanov executados polos bolxeviques durante a Revolución de Outubro. Foi filla do gran duque Luís IV de Hesse-Darmstadt e de Alicia do Reino Unido e irmá da última emperatriz de Rusia, Alexandra Feodorovna Romanova.

Isabel Feodorovna Romanova
Елизавета Фёдоровна Poмáнова
Gran duquesa de Rusia

Nome completoIsabel Alexandra Luísa Alicia
Outros títulosPrincesa de Hesse-Darmstadt
Nacemento1 de novembro de 1864
Darmstadt, Hesse,  Alemaña
Falecemento18 de xullo de 1918 (53 anos)
Alapaevsk,  Rusia
SepulturaIgrexa de Santa María Magdalena, Xerusalén,  Israel
ConsorteGran duque Sergei Aleksandrovich
Casa realRomanov
ProxenitoresLuís IV de Hesse-Darmstadt
Alicia de Saxonia-Coburgo-Gotha

Escudo de Isabel Feodorovna Romanova
Na rede
WikiTree: Hessen-Darmstadt-29 Find a Grave: 7035855 Editar o valor em Wikidata

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.