Teodosio I
Teodosio I (Flavius Theodosius), nado en Cauca, Carthaginensis, Hispania (segundo Hydatius e Zósimo)[1] ou en Itálica, Baetica, Hispania (segundo Temistio, Claudius Claudianus, ou Marcellinus Comes),[2] no 346 e finado o 17 de xaneiro de 395, foi emperador romano da parte oriental do Imperio, do 379 a 395. Era fillo de Teodosio o Vello.
Teodosio I | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Flavius Theodosius |
Nacemento | 11 de xaneiro de 347 |
Coca e Ciudad romana de Itálica | |
Falecemento | 17 de xaneiro de 395 |
Milán | |
Soterrado | Igreja dos Santos Apóstolos e Constantinopla |
Nacionalidade | Roma Antiga |
Ocupación | político |
Pai | Conde Teodósio |
Nai | Thermantia |
Cónxuxe | Aélia Flacila e Gala |
Fillos | Gala Placidia, Flavio Honorio, Arcadio e Pulquéria |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
De orixe hispana, dunha familia cristiá. O bispo Hidacio e mailo historiador bizantino Zósimo concretan a súa orixe na Gallaecia, concretamente no lugar de Cauca.
Foi proclamado emperador en 379 por Graciano e recibiu o Oriente, a Macedonia e a Dacia. En 380, con Graciano, detiveron aos godos en Epiro e en Dalmacia. Teodosio instalou unha parte dos ostrogodos en Panonia, e el mesmo instalouse en Constantinopla.
O mesmo ano, adheriuse ao concilio de Nicea, converteuse no ardente defensor dos cristiáns e en Tesalónica, publicou o edicto seguinte: «Todos os pobos deben unirse á fe transmitida aos romanos polo apóstolo Pedro, a que recoñecen Dámaso e Pedro de Alexandría, é dicir, a Santa Trindade do Pai, do Fillo e do Espírito Santo». O catolicismo volvíase relixión do Estado.
Condenou o arianismo tras o segundo concilio ecuménico de Constantinopla en 381. En 382, instalou aos visigodos en Mesia.
Entre 383 e 388, tivo que facer fronte á usurpación de Máximo (Magnus Clemens Maximus), que, tras ter derrotado a Graciano, se apoderara de toda a prefectura das Galias e ocupaba Roma e toda Italia en detrimento de Valentiniano II. Teodosio venceu a Máximo, que foi morto en Aquileia, en 388.
De 388 a 391, Teodosio estivo en Occidente, case sempre en Milán. En 390, publicou unha lei que castigaba coa morte aos homosexuais e reprimiu ferozmente unha revolta en Tesalónica. A represión causou de sete a dez mil mortos, segundo as fontes, cousa que lle valeu a Teodosio a excomuñón polo bispo Ambrosio de Milán. Cómpre indicar que os masacrados foron aquí maioritariamente romanos e os asasinos antigos bárbaros, poboacións nas que o exército era recrutado – cousa que pode explicar a amplitude do masacre.
Durante varios meses, Teodosio e Ambrosio camparon nas súas respectivas posicións. Despois Teodosio, notando que a súa se volvía insostíbel, aceptou vir se humillar ante Ambrosio para obter a súa reintegración á Igrexa. Esta é unha das raras vitorias desta sobre o poder temporal.
En 391, probabelmente baixo a influencia de santo Ambrosio, suprimiu as últimas manifestacións do paganismo «oficial» no Imperio (con todo, o culto sobreviviu na clandestinidade), fundando así o primeiro estado cristián ortodoxo. Isto valeulle o título de Grande.
Entre 392 e 394, reprimiu a usurpación de Uxío, un funcionario pagán que foi proclamado emperador tras o suicidio de Valentiniano II.
En 394, foi o autor do decreto que prohibía os Xogos Olímpicos acusados de difundir o paganismo.
Morreu pouco despois, o 17 de xaneiro de 395. Nesta data o Imperio está reunificado por primeira vez desde había trinta anos pero tamén por última vez na súa historia.
Do seu primeiro matrimonio con Aelia Flacilla, Teodosio tivera dous fillos: Augusto Arcadio en 383, e Honorio en 393. Dividiu entre eles o Imperio: Honorio (10 anos) recibiu o Occidente e Arcadio (18 anos) o Oriente, e encargou ao vándalo Estilicón de velar polos dous.
Teodosio cometeu o erro de enrolar no exército romano continxentes de bárbaros permitíndolles unha organización autónoma; estes federados prepararon a ocupación do Imperio polos bárbaros.
Teodosio e o cristianismoEditar
Os emperadores Teodosio, polo Imperio de Oriente e Graciano, polo Imperio de Occidente, os dous católicos, elevan o cristianismo ao rango de relixión única oficial e obrigatoria polo Edicto de Tesalónica o 28 de febreiro de 380. O emperador Graciano cesa daquela de levar o título de «sumo pontífice» dos cultos pagáns. Este título será dado de novo ao bispo de Roma algúns séculos despois. Os templos pagáns son pechados e a estatua da deusa Vitoria é retirada da sala onde se reunía o Senado romano. En 393, Teodosio esmagou a usurpación do pagán Uxío que favorecía a antiga relixión romana e anulara as medidas tomadas por Teodosio. Esta data é considerada por algúns como o fin do mundo antigo.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Valentiniano II |
Teodosio I | Precede a: Honorio |
Dinastía Valentiniana-Teodosiana |
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Valentiniano II |
Teodosio I | Precede a: Arcadio |
Dinastía Valentiniana-Teodosiana |
NotasEditar
- ↑ Hydatius Chronicon, ano 379, II.
- ↑ Alicia M. Canto, "Sobre el origen bético de Teodosio I el Grande, y su improbable nacimiento en Cauca de Gallaecia", Latomus 65/2, 2006, 388-421. O autor indica que a cidade de Cauca non formaba parte de Gallaecia, e demostra as probables interpolacións dos textos tradicionais de Hydatius e Zosimus.