Estados Unidos de Centroamérica
Os Estados Unidos de Centroamérica, foi o nome que adoptou o 1 de novembro de 1898 a até daquela República Federal de Centroamérica, formada polo Salvador, Nicaragua e Honduras.[1] Durou apenas un mes.
Localización | |||
---|---|---|---|
Datos históricos | |||
Precedido por | |||
Creación | 27 de agosto de 1898 | ||
Disolución | 29 de novembro de 1898 | ||
Historia
editarNos seus inicios estiveron rexidos por un Consello Executivo reunido en Amapala (Honduras), e tiveron unha vida curta e azarosa. O 13 de novembro houbo un golpe militar no Salvador, encabezado polo xeneral Tomás Regalado, quen anunciou axiña que O Salvador abandonaba a federación. O Consello Executivo de Amapala quixo tomar medidas para reprimir o golpe de Regalado, pero non atopou ningún apoio, e o 30 de novembro de 1898 declarou que os Estados Unidos de Centroamérica quedaran disoltos de feito. O 1° de decembro Nicaragua reasumiu a plenitude da súa soberanía, e o 10 de decembro Honduras fixo o mesmo.
Notas
editar- ↑ "Constitución Política de los Estados Unidos de Centroamérica". asamblea.gob.ni (en castelán). Goberno de Nicaragua. Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 de setembro.