Día da Ciencia en Galego

O Día da Ciencia en Galego é a celebración do Día Internacional da Ciencia en Galiza, no que o pobo galego fai un fincapé especial en resaltar máis aló das fronteiras o labor de todos os científicos deste territorio pasados e presentes. O seu principal obxectivo é salientar a difusión do coñecemento científico no idioma galego e poñer en voga as achegas dos galegos á ciencia universal.

Editatón en Lugo dentro dos actos do Día da Ciencia en Galego no 2014.

Historia Editar

O Día da Ciencia en Galego celebrou a súa primeira edición en 2010, promovido por sindicatos e asociacións de profesorado de ensino medio, como parte da contestación ao Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia[1] que obrigaba a impartir as aulas de Matemáticas, Tecnoloxías e Física e química en español. Así, no encontro "Sumemos en galego" celebrado en xuño de 2010 en Compostela, no que participou profesorado destas materias convocados pola CIG-Ensino e a Plataforma Queremos Galego, tomouse, entre outros, o acordo de promover "unha semana da ciencia galega e un día da ciencia galega"[2]

Edicións Editar

I Día da Ciencia en Galego (2010) Editar

Tema: Matemáticas

Homenaxeados: Ramón María Aller Ulloa ; Afonso X o Sabio; James Clerk Maxwell

II Día da Ciencia en Galego (2011) Editar

Temas: A muller na ciencia ; a Química

Homenaxeadas: Marie Curie ; María Wonenburger

III Día da Ciencia en Galego (2012) Editar

Tema: Tecnoloxía

Homenaxeados: Ramón Verea ; Leonardo da Vinci

IV Día da Ciencia en Galego (2013) Editar

Tema: a Arte

Homenaxeados: Isaac Díaz Pardo ; Florence Nightingale ; Richard Buckminster Fuller

V Día da Ciencia en Galego (2014) Editar

Tema: os sensores ; a Física

Homenaxeados: Xosé Rodríguez González ; Isaac Newton

VI Día da Ciencia en Galego (2015) Editar

Temas: A luz ; os solos

Homenaxeados: Max Planck ; Christiaan Huygens ; Isidro Parga Pondal ; Carlos Gómez-Reino Carnota

VII Día da Ciencia en Galego (2016) Editar

Temas: Bioloxía, os legumes.

Homenaxeados: Mendel, Cruz Gallástegui Unamuno.

VIII Día da Ciencia en Galego (2017) Editar

Temas: Viaxes pola Ciencia, viaxe do Beagle, Carta xeométrica de Galicia .

Homenaxeados: Charles Darwin, Domingo Fontán.

IX Día da Ciencia en Galego (2018) Editar

Temas: Cultura científica, cultura galega, Patrimonio cultural europeo.

Homenaxeados: Arquímedes, mestre Mateu.

X Día da Ciencia en Galego (2019) Editar

Temas: A lingua celta coma lingua indíxena de Galicia, Ano internacional das linguas indíxenas. A Táboa Periódica. Ano Internacional da Táboa Periódica.[3]

Homenaxeados: Noam Chomsky e Manuel Murguía. Mendeleiev e Luís Liz Marzán.

XI Día da Ciencia en Galego (2020) Editar

Temas: A Saúde

Homenaxeados: Robert Koch e Ernesto Viéitez Cortizo

XII Día da Ciencia en Galego (2021) Editar

Temas: Ano internacional da economía creativa para un desenvolvemento sostible, a IA e os novos poliedros.

Homenaxeados: Alan Turing e Tarsy Carballás

XIII Día da Ciencia en Galego (2022) Editar

Temas: Ano das ciencias básicas para un desenvolvemento sostible, a Oceanografía, Simetría, Meteoroloxía.

Homenaxeados: Évariste Galois e Ángeles Alvariño González

Notas Editar

  1. "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". www.xunta.es. Consultado o 2015-11-07. 
  2. "Sumemos en galego: continuaremos a dar as aulas na nosa lingua" (PDF). Xuño de 2010. Consultado o 07/11/2015. 
  3. "O dia da Ciencia en Galego 2018 . IX día da Ciencia en Galego". www.cienciaengalego.org. 10 de marzo de 2018. Consultado o 13 de decembro de 2018. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

  • Villares Naveira, Luís (2010). Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo. Laiovento. ISBN 84-8487-189-4. 
  • Díaz-Fierros Viqueira, Francisco; Mariño Alfonso, Xurxo (2012). Escribir de ciencia en galego. Consello da Cultura Galega. ISBN 978-84-92923-36-6. 

Outros artigos Editar

Ligazóns externas Editar