Margarita Landi

xornalista española

Encarnación Margarita Isabel Verdugo Díez, coñecida popularmente como Margarita Landi, nada en Málaga o 19 de novembro de 1918[1] e finada en Albandi (Carreño, Asturias) o 6 de febreiro de 2004, foi unha xornalista española. Foi unha das primeiras mulleres que se especializou nun xénero xornalístico, como é o dos sucesos, tradicionalmente reservado aos homes. A súa diplomatura en criminoloxía axudoulle a sobresaír con brillantez neste campo.

Infotaula de personaMargarita Landi
Biografía
Nacemento19 de novembro de 1918 Editar o valor em Wikidata
Málaga, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de febreiro de 2004 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Albandi, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentadora de televisión , xornalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1947 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2494708 Facebook: 164337090626179 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla do xornalista Alfredo Verdugo e sobriña de Francisco Verdugo, fundador das revistas La Esfera e Mundo Gráfico. Estudou enfermería, e despois casou co enxeñeiro Ángel Torres Tortajada. Tivo dous fillos e quedou viúva en 1947 anos. Ao quedar sen validez o seu título de enfermeira pola Lei de Responsabilidades Políticas, comezou a escribir contos infantís na revista Gisela e despois encrucillados en Gran Mundo. Pasou entón á revista da Sección Femenina El Ventanal, entre 1947 e 1948. De aí pasou a La Moda de España (1948-1954), como cronista de alta costura e sociedade, colaborando tamén no diario Informaciones e na revista Esfera Mundial. Adoptou o pseudónimo de Margarita Landi co apelido italiano da súa avoa[1].

En 1955 incorpórase ao diario El Caso, fundado tres anos antes por Eugenio Suárez, no que permaneceu 25 anos. Foi a partir dese momento cando comezou a cultivar a imaxe pola que era coñecida: unha loura sofisticada e reflexiva, fumadora de pipa e condutora dun convertible. Gozaba dunhas excelentes relacións cos servizos policiais, o que lle permitía acceder a informacións detalladas sobre os casos de máis impactanto para a cidadanía.

Tras a desaparición de El Caso, comezou a colaborar, desde novembro de 1980, na revista Interviú, e a partir de 1988 deu o salto á televisión, con aparicións esporádicas en programas de Televisión española como La palmera (1991), Código uno (1993-1994) e Así son las cosas (2000-2002). Tamén dirixiu e presentou o seu propio programa en Telemadrid: Mis crímenes favoritos (1992).

Obra editar

  • Cosas de la vida
  • Una mujer junto al crimen
  • Crímenes sin castigo
  • Puerta del Sol, 2.30
  • Crónica sangrienta
  • Memorias. 35 años de crimen en España

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mónica G. Álvarez (19 de novembro de 2018). "Margarita Landi, la ‘Dama del Crimen’ que revolucionó la crónica de sucesos". La Vanguardia. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar