Abrir o menú principal
Irmás Mirabal.

As irmás Mirabal foron tres opositoras ao réxime de Rafael Leónidas Trujillo que foron asasinadas por el. A data do seu asasinato, o 25 de novembro de 1960, tomouna a ONU para a instauración do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.[1]

TraxectoriaEditar

Patria, Minerva e María Teresa, nadas nos anos 1924, 1926 e 1935 na República Dominicana e finadas o 25 de novembro de 1960, son tamén coñecidas polo nome de Las Mariposas por ser este o nome en clave que adoptaron.

A familia Mirabal era unha familia podente. Minerva, aos quince anos, decide continuar os estudos e estuda Dereito na universidade. Na universidade entra en contacto con Pericles Franco, mais o que decanta máis o seu compromiso político é o acoso ao que se ve sometida por parte de Rafael Leónidas Trujillo. Patria e María Teresa apoian a Minerva e as tres convértense en opositoras ao réxime ditatorial.

En 1957, Minerva foi na primeira muller doutorada en Dereito na República Dominicana, mais non lle deixaron exercer a súa profesión.

As tres entraron a formar parte do Movimiento Revolucionario 14 de Junio e adoptan o nome en clave Las Mariposas. Foron encarceradas e torturadas. Pasaron 5 anos en prisión e foron liberadas pola presión internacional mentres os seus maridos permaneceron en prisión. Nunha viaxe para os visitar, foron asasinadas.[2]

RecoñecementosEditar

A rexión natal das irmás Mirabal recibe o seu nome.

Os billetes de 200 pesos da República Dominicana levan a súa imaxe.

O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller toma como referencia a data do seu asasinato.[3]

NotasEditar

  1. "Día Internacional de la Eliminación de la Violencia contra la Mujer, 25 de noviembre". un.org. Consultado o 21-10-2018. 
  2. Bagieu (2017), pp. 33-37
  3. Sahuquillo, María R. (25-11-2016). "Por qué el día contra la violencia de género es el 25 de noviembre". elpais.com. Consultado o 21-10-2018. 

Véxase taménEditar

BiografíaEditar



 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.