Wikipedia:Efemérides destacadas/Setembro
1 de setembro (ver • editar)
- 1715, o rei Lois XIV de Francia falece tras 72 anos de reinado.
- 1804, Karl Ludwig Harding descobre o asteroide 3 Xuno, dentro do Cinto de asteroides.
- 1850, comeza a funcionar o Faro da Estaca de Bares (na imaxe).
- 1875, nace en Chicago o escritor Edgar Rice Burroughs, creador de Tarzán.
- 1939, Alemaña invade Polonia, comezando a II Guerra Mundial.
- 1942, nace António Lobo Antunes, escritor portugués.
2 de setembro (ver • editar)
- 1547, morre Hernán Cortés, conquistador español de México.
- 1620, o Mayflower parte do porto de Plymouth, Inglaterra, con 102 puritanos.
- 1666, prodúcese o Grande incendio de Londres.
- 1822, nace Antolín Faraldo, escritor betanceiro e figura destacada do provincialismo.
- 1914, morre Carmen Babiano (na imaxe), pintora galega do movemento realista de finais do século XIX.
- 1945, coa rendición incondicional do Xapón, a II Guerra Mundial remata no Pacífico.
- 1990, Iraq invade Kuwait e comeza a Guerra do Golfo.
3 de setembro (ver • editar)
- 301: fúndase a república de San Marino.
- 1783: Inglaterra recoñece a independencia dos EUA a través dun Tratado de Paz asinado en París.
- 1930: un furacán devasta Santo Domingo, na República Dominicana, causando a morte de máis de 800 persoas.
- 1976: a Viking II aterra en Marte.
- 1978: comeza oficialmente o Pontificado de Xoán Paulo II (na imaxe).
- 2004: prodúcese un terrible masacre nunha escola da cidade de Beslan, Rusia, no que hai 344 mortos entre profesores e alumnos.
4 de setembro (ver • editar)
- 1495, Lopo Gómez de Marzoa funda o Estudio de Gramática no Convento de San Paio de Antealtares, xermolo da Universidade de Santiago de Compostela.
- 1768, nace Francois Chateaubriand, escritor e político francés.
- 1888, George Eastman patenta o primeiro rolo de película e rexistra a marca Kodak.
- 1906, morre en Ourense o escritor e xornalista Valentín Lamas Carvajal (na imaxe).
- 1945, na Segunda Guerra Mundial, tropas do Xapón réndense na illa Wake após recibiren a noticia da rendición do seu país.
- 1986, Yasser Arafat acepta a Resolución 242 da ONU, que supón o recoñecemento implícito do dereito á existencia do Estado de Israel.
5 de setembro (ver • editar)
- 1857, morre Augusto Comte, filósofo francés.
- 1885, nace na Coruña o escritor galego Uxío Carré Alvarellos.
- 1936, Beryl Markham convértese na primeira muller en sobrevoar en solitario o océano Atlántico.
- 1944, asínase o Tratado de Constitución do Benelux entre Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo.
- 1972, un comando palestino asasina a once atletas israelitas no Masacre de Múnic.
- 1977, a NASA lanza o Voyager 1 (na imaxe).
6 de setembro (ver • editar)
- 1757, nace o Marqués de La Fayette (na imaxe), militar e político francés.
- 1822, prodúcese a abolición da Inquisición en Portugal.
- 1885, morre Narcís Monturiol, inventor do primeiro submarino español.
- 1968, Suacilandia tórnase independente.
- 1987, morre Enrique de la Mata Gorostizaga, presidente da Cruz Vermella Internacional e ex-ministro de España.
- 1998, morre Akira Kurosawa, cineasta xaponés.
7 de setembro (ver • editar)
- 1822, Don Pedro I declara ao Brasil independente de Portugal.
- 1829, nace August Kekulé (na imaxe), descubridor da estrutura do benceno.
- 1917, nace Xerardo Fernández Albor, político galego.
- 1936, nace Buddy Holly, cantante estadounidense.
- 1940, morre Aurelio Ribalta, escritor e xornalista galego.
8 de setembro (ver • editar)
- 1835, nace Juan Antonio Saco y Arce, sacerdote, gramático e escritor galego (m. 1881).
- 1872, nace Xesús San Luís Romero, escritor e dramaturgo en lingua galega.
- 1941, iníciase o cerco de Leningrado polos alemáns, na Segunda Guerra Mundial.
- 1950, morre Álvaro das Casas, escritor e dramaturgo galego (n. 1901).
- 1971, nace Isabel Blanco, actriz galega.
- 2004, morre Manuel María (na imaxe), poeta de Outeiro de Rei.
Hoxe é o Día Internacional da Alfabetización.
9 de setembro (ver • editar)
- 9, prodúcese Batalla do bosque de Teutoburgo (na imaxe), na que unha alianza de tribos xermánicas decima tres lexións romanas.
- 1939, a Alemaña nazi invade a Polonia.
- 1941, iníciase o sitio de Leningrado.
- 1973, créase o Movimento das Forças Armadas, que conduciría á Revolución dos caraveis en Portugal.
- 1975, a NASA lanza a sonda Viking 2.
- 1976, morre Mao Zedong, revolucionario e presidente chinés (n. 1893).
10 de setembro (ver • editar)
- 1771, nace Mungo Park, explorador británico (m. 1806).
- 1797, morre Mary Wollstonecraft, autora pre-feminista inglesa (n. 1759).
- 1848, Luís Napoleón, futuro Napoleón III, é escollido presidente da República Francesa.
- 1960, os cinco principais países produtores de petróleo fundan a OPEP.
- 1979, morre Agostinho Neto, poeta, revolucionario e presidente angolano (n. 1922).
- 1981, o Guernica (na imaxe) de Pablo Picasso retorna a Madrid após 40 anos de exilio nun museo de Nova York.
11 de setembro (ver • editar)
- 1161, morre Melisenda de Xerusalén, raíña de Xerusalén entre 1131 e 1153.
- 1885, nace D. H. Lawrence, novelista inglés (m. 1930).
- 1906, Mahatma Gandhi comeza o Movemento de Non-Violencia.
- 1917, morre Fanny Garrido, escritora galega. (n. 1846)
- 1973, golpe militar en Chile comandado por Augusto Pinochet; nel, é asasinado Salvador Allende.
- 2001, prodúcense uns ataques terroristas (na imaxe) na cidade de Nova York que causan o derrubamento das Torres Xemelgas.
- 2002, morre Roberto Vidal Bolaño, dramaturgo galego.
Hoxe é a Diada de Cataluña.
12 de setembro (ver • editar)
- 1897, nace Irène Joliot-Curie, química francesa, Premio Nobel de Química en 1935.
- 1921, nace Stanisław Lem (na imaxe), escritor polaco, autor de Solaris (m. 2006).
- 1943, o ditador italiano Benito Mussolini é rescatado da prisión por un comando nazi, durante a Segunda Guerra Mundial.
- 1959, emítese na NBC o primeiro episodio da serie de televisión Bonanza (1973, derradeiro episodio).
- 1977, morre Steve Biko, activista anti-apartheid surafricano (n. 1946).
- 1980, prodúcese un golpe militar en Turquía.
13 de setembro (ver • editar)
- 1598, morre Filipe II, Rei de España.
- 1923, golpe de Estado en España do xeneral Miguel Primo de Rivera.
- 1943, nace en Manila (Filipinas) Luis Eduardo Aute (na imaxe), músico, cantautor, director de cine, pintor e poeta.
- 1987, morre Mervyn LeRoy, director de cine estadounidense (n. 1900).
- 1993, asínanse en Washington Os Acordos de Oslo por Mahmoud Abbas en representación da OLP e Shimon Peres por Israel.
14 de setembro (ver • editar)
- 1858, nace Ramón Armada Teixeiro, escritor galego.
- 1897, nace Eduardo Blanco Amor, escritor e xornalista galego.
- 1927, morre Isadora Duncan (na imaxe), danzarina moderna.
- 1953, Alfred Charles Kinsey, investigador do comportamento sexual humano, publica Sexual Behavior in the Human Female libro que analiza a sexualidade feminina.
- 1974, nace Hicham el Guerrouj, atleta mediofondista marroquí.
15 de setembro (ver • editar)
- 1821, Costa Rica, Nicaragua, O Salvador, Honduras e Guatemala acadan a independencia de España.
- 1851, nace en Celanova o escritor galego Manuel Curros Enríquez (na imaxe), un dos representantes do Rexurdimento da literatura galega.
- 1873, inaugúrase o primeiro ferrocarril de Galicia entre O Carril e Cornes (Santiago).
- 1890, nace Agatha Christie, escritora británica.
- 1894, nace Jean Renoir, cineasta francés.
16 de setembro (ver • editar)
- 1810, México independízase de España.
- 1851, nace na cidade da Coruña Emilia Pardo Bazán (na imaxe), escritora galega en lingua castelá.
- 1975, Papúa Nova Guinea independízase de Australia.
- 1978, primeira Romaxe de crentes galegos no Pedregal de Irimia, onde nace o pai Miño.
- 1982, prodúcese un masacre nas localidades de Sabra e Chatila, no Líbano.
Hoxe é o Día Internacional da Preservación da Capa de ozono.
17 de setembro (ver • editar)
- 1111, prodúcese a coroación de Afonso Raimundes (na imaxe) como rei de Galicia polo Conde de Traba e o arcebispo Xelmírez. Ademais tamén se produce a restauración da dinastía real galaica.
- 1179, morre Hildegard von Bingen, abadesa, líder monástica, mística, profetisa, médica, compositora e escritora alemá.
- 1787, asínase a Constitución dos Estados Unidos en Filadelfia.
- 1939, a Unión Soviética invade Polonia oriental.
- 1980, un comando guerrilleiro mata ao ex-ditador de Nicaragua, Anastasio Somoza Debayle, que estaba refuxiado no Paraguai.
- 1988, celébrase a inauguración dos Xogos Olímpicos de 1988 en Seúl, Corea do Sur.
18 de setembro (ver • editar)
- 1810, instálase no Chile a Primeira Xunta Nacional do Goberno, dando así o primeiro paso para acadar a súa independencia.
- 1908, morre Emilia Calé, narradora, poetisa, dramaturga e xornalista galega en lingua castelá.
- 1910, colócase a primeira pedra do monumento da Virxe da Rocha de Baiona.
- 1931, Xapón comeza a invadir Manchuria, situada ao norte de China.
- 1970, morre Jimi Hendrix (na imaxe), músico de rock.
- 1971, nace Lance Armstrong, ciclista norteamericano.
Hoxe é o Día da Independencia de Chile.
19 de setembro (ver • editar)
- 1783, os irmáns Montgolfier realizan o seu primeiro voo nun globo aeroestático, en Versalles, Francia.
- 1881, morre James Garfield (na imaxe), vixésimo presidente dos Estados Unidos.
- 1972, utilízase por primeira vez unha carta bomba, que ten como obxectivo a embaixada israelí en Londres.
- 1983, Saint Kitts e Nevis acada a súa independencia.
- 1985, prodúcese un terremoto de 8,1 graos na escala de Richter na Cidade de México, causando máis de 5.000 mortes e danos materiais incalculables.
- 1999, o exército ruso prepárase para invadir a Chechenia cuns 30.000 soldados.
20 de setembro (ver • editar)
- 451, prodúcese a Batalla dos Campos Cataláunicos.
- 1934, nace Sophia Loren (na imaxe), actriz italiana.
- 1937, ten lugar a toma de Peña Blanca, Principado de Asturias, na Guerra Civil Española.
- 1975, nace Juan Pablo Montoya, piloto de Fórmula 1 colombiano.
- 2005, morre en Viena Simon Wiesenthal, perseguidor de nazis, aos 96 anos.
Hoxe é o Día da Liberdade de Expresión de Pensamento (Librepensamento).
21 de setembro (ver • editar)
- 1756, nace John Loudon McAdam, creador do asfalto.
- 1936, morre Antoine Meillet, lingüista francés.
- 1964, Malta acada a independencia do Reino Unido.
- 1976, morre Orlando Letelier (na imaxe), político chileno.
- 1981, Belize consegue independizarse do Imperio Británico.
Hoxe é o Día Internacional da Paz e o Día Mundial do mal do Alzheimer.
22 de setembro (ver • editar)
- 1791, nace Michael Faraday (na imaxe), físico inglés, principal inventor do motor eléctrico.
- 1928, o bacterólogo escocés Alexander Fleming descobre a penicilina.
- 1933, Galicia é recoñecida como nación no IX Congreso das Minorías Nacionais de Europa, organizado pola Sociedade de Nacións, celebrado na cidade de Berna (Suíza).
- 1960, Malí tórnase independente de Francia.
- 1998, o furacán Georges azota a República Dominicana, causando grandes danos e perda de vidas.
23 de setembro (ver • editar)
- 63 aC, nace César Augusto, emperador romano.
- 1846, John Couch Adams e Urbain Le Verrier descobren o planeta Neptuno.
- 1889, fúndase no Xapón a empresa Nintendo (futura desenvolvedora de videoxogos), como empresa fabricante de naipes.
- 1936, nace Valentín Paniagua Corazao, presidente do Perú.
- 1949, nace Bruce Springsteen (na imaxe), cantante, compositor e guitarrista estadounidense.
- 1993, na cidade de Mónaco, o Comité Olímpico Internacional elixe Sydney como a sede dos Xogos Olímpicos de 2000.
24 de setembro (ver • editar)
- 1493, parte a segunda expedición de Cristovo Colón ao Novo Mundo.
- 1783, Inglaterra recoñece a independencia dos Estados Unidos de América.
- 1895, Annie Londonderry convértese na primeira muller en dar a volta ao mundo en bicicleta.
- 1951, nace Pedro Almodóvar (na imaxe), cineasta manchego.
- 1973, Guinea-Bissau declara a súa independencia de Portugal.
- 2010, morre a cantante galega Ana Kiro.
25 de setembro (ver • editar)
- 1789, o Congreso dos EEUU aproba a Declaración de Dereitos (Bill of Rights).
- 1897, nace William Faulkner (na imaxe), escritor estadounidense.
- 1962, morren máis de 700 persoas na provincia de Barcelona por mor das inundacións provocadas polas choivas torrenciais que tamén afectan a Castellón e Baleares.
- 2005, o piloto español Fernando Alonso convértese no Campión do Mundo de Fórmula 1 máis mozo da historia (con 24 anos, 1 mes e 27 días) e o único español en conseguilo.
Hoxe é o Día Mundial do Corazón.
26 de setembro (ver • editar)
- 1580, Sir Francis Drake circunnavega o planeta Terra.
- 1919, nace Matilde Camus, poeta española.
- 1933, en México un furacán devasta Tampico e deixa máis de mil mortos.
- 1982, nace o Bloque Nacionalista Galego na asemblea fundacional da Coruña.
- 1987, morre Victoria Kent (na imaxe), política e primeira muller en ingresar no Colexio de Avogados de Madrid.
- 1988, o atleta Ben Johnson debe devolver a súa medalla de ouro dos 100 metros lisos conseguida nas Olimpíadas de Seúl 1988 por dar positivo no control antidopaxe.
- 2002, en Senegal o sobrecargado transbordador Joola afunde ante a costa de Gambia, producindo a morte de máis de 950 persoas, entre elas cinco españois.
Hoxe é o Día Internacional da Xordeira e o Día Europeo das Linguas
27 de setembro (ver • editar)
- 1940, morre Walter Benjamin, filósofo alemán (n. 1892).
- 1960, morre Sylvia Pankhurst (na imaxe), defensora do sufraxio feminino (n. 1882).
- 1974, na Etiopía, os militares depoñen o emperador Haile Selassie.
- 1975, últimas execucións da ditadura franquista: tres membros do FRAP (Xosé Humberto Baena Alonso, José Luis Sánchez Bravo e Ramón García Sanz) e dous da ETA (Jon Paredes Manot e Angel Otaegi Etxeberria).
- 1996, os talibáns toman Kabul e proclaman que o Afganistán é unha república islámica.
- 1998, créase o Google, un sitio web de procura.
28 de setembro (ver • editar)
- 1895, morre Louis Pasteur (na imaxe), químico francés iniciador da microbioloxía.
- 1910, nace Ángel Sanz Briz, diplomático español que salvou a vida duns cinco mil xudeus húngaros durante o Holocausto.
- 1940, nace Helena Villar Janeiro, escritora galega e membro correspondente da Real Academia Galega desde 2017.
- 1954, a ONU aproba en Nova York a Convención sobre o Estatuto dos Apátridas que entra en vigor o 6 de xuño de 1960.
- 1959, morre Trinidad Arroyo, intelectual e médico española. Foi a primeira muller doutorada en oftalmoloxía e otoloxía en España.
- 1968, nace Mika Häkkinen, ex piloto de Fórmula 1 finlandés.
- 1994, o barco M/S Estonia afunde no Mar Báltico camiño a Estocolmo.
29 de setembro (ver • editar)
- 1547, nace Miguel de Cervantes Saavedra (na imaxe) en Alcalá de Henares, escritor español autor da novela El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha considerada como unha obra mestra da literatura universal.
- 1901, nace Enrico Fermi, físico italiano.
- 1939, Polonia é dividida entre a Alemaña Nazi e a Unión Soviética.
- 1948, nece Theo Jörgensmann, clarinetista alemán de Jazz.
- 1985, nace Daniel Pedrosa, motociclista español.
- 1997, morre Roy Lichtenstein, pintor estadounidense de Pop art, artista gráfico e escultor, coñecido polas súas interpretacións a gran escala da arte do cómic.
Hoxe é o Día dos Arcanxos para o Catolicismo.
30 de setembro (ver • editar)
- 1895, a illa de Madagascar tórnase un protectorado francés.
- 1906, fúndase na Habana a Real Academia Galega.
- 1913, morre Rudolf Diesel, enxeñeiro mecánico alemán.
- 1955, morre James Dean (na imaxe), actor estadounidense que morreu de mozo.
- 1960, a serie de debuxos animados Os Picapedra ten a súa estrea no prime time.
- 1966, Botswana tórnase independente.
Hoxe é o Día Internacional da Tradución