Lope Gómez de Marzoa

notario e funcionario galego
(Redirección desde «Lopo Gómez de Marzoa»)

Lope Gómez de Marzoa[2] natural de San Martiño de Marzoa, no actual concello de Oroso, nado cara a 1440 e finado en 1501, foi o principal precursor do que na actualidade é a Universidade de Santiago de Compostela.

Lope Gómez de Marzoa
Nacementos. XV
Lugar de nacementoOroso
Falecementosetembro de 1501
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónnotario, escribán, recadador de impostos, financeiro e comerciante
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Pouco se sabe da súa vida. Casado con Maior Fernández Varela foi notario, rexedor de Santiago e recadador das rendas reais nos bispados de Lugo, Mondoñedo e Tui. Sábese que rexentaba a súa notaría por medio de excusadores.

No ano de 1495 fundou, xunto co veciño mosteiro de San Martiño Pinario, no Convento de San Paio de Antealtares un Colexio para estudantes pobres, que tivo unha efémera vida, ata mediados do ano 1499.

De novo no ano 1501 fundou xunto con Diego de Muros II e Diego de Muros III un Estudio Xeral, coñecido como Estudio Vello, que tivo continuidade ata que no ano 1542 se refundiu co Colexio Novo ou Colexio de Santiago Alfeo, promovido polo Arcebispo Alonso III de Fonseca.

Descoñécese a data da súa morte, pero debeu ocorrer no ano 1501, data a partir da cal se perden as referencias sobre a súa persoa.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar