George Eastman
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2018.) |
George Eastman, nado en Waterville (Nova York) o 12 de xullo de 1854 e finado en Rochester o 14 de marzo de 1932, foi un inventor e empresario estadounidense, o fundador da Eastman Kodak Company e inventor do rolo de película, que substituíu a placa de cristal, co cal conseguiu poñer a fotografía a disposición das masas. O rolo de película sería tamén algo básico para a invención do cinema, xa que o seu uso se atopaba nas creacións dos pioneiros do cine como Thomas Edison, os Irmáns Lumière e Georges Méliès.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xullo de 1854 Waterville, Estados Unidos de América (en) |
Morte | 14 de marzo de 1932 (77 anos) Rochester, Estados Unidos de América |
Causa da morte | suicidio, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Eastman Business Park (en) 43°11′52″N 77°37′43″O / 43.197806, -77.628589 |
Residencia | George Eastman Museum (en) (1905–1932) |
Actividade | |
Ocupación | emprendedor, filántropo, fotógrafo, inventor, mecenas |
Período de actividade | 1881 - 1932 |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | sen valor |
Pais | George Eastman e Maria Kilbourn |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:Eastman, George, 1854-1932, 1922 Encyclopædia Britannica (en) |
Traxectoria
editarO 4 de setembro de 1888 Eastman rexistrou a marca Kodak e recibiu unha patente para a súa cámara que usaba o rolo de película. Ese mesmo ano lanza ao mercado a cámara Kodak 100 Vista, que utilizaba carretes de 100 fotos circulares e para cuxa campaña de promoción acuñou a frase «Vostede aperta o botón, nós facemos o resto». O máis importante é que a partir deste momento xa non se requirían grandes coñecementos en fotografía ou na utilización de produtos químicos.
Esta cámara vendíase xa cargada e lista para realizar as fotos. Unha vez usada, devolvíase á casa que extraía o carrete, revelaba as fotos e devolvíaas xunto á cámara xa cargada. Os prezos eran moi económicos, uns 25 $ a cámara cargada e o carrete cargado e 10 $ o revelado. Isto supuxo que o uso da fotografía se puido estender a toda a poboación, é xa que logo o momento da popularización da fotografía.
Xa no ano 1889 Eastman mudou o carrete de papel por un de celuloide e uns anos máis tarde eliminou a incomodidade de ter que devolver a cámara enteira, ao comezar a comercialización dun carrete protexido que permite a súa colocación e extracción á luz do día. Foi nestes anos cando xurdiu a fotografía de afeccionado.
Eastman, de carácter complexo, fíxose multimillonario grazas ás súas innovacións, investindo grandes sumas de diñeiro en diferentes obras benéficas. Con todo, a súa inestabilidade psíquica levouno ao suicidio. Deixou unha nota na que poñía:
Os meus amigos e mais o meu traballo están feitos, por que esperar?