Ángel Sanz Briz

diplomático español


Ángel Sanz Briz, nado en Zaragoza o 28 de setembro de 1910 e finado en Roma o 11 de xuño de 1980, foi un diplomático español destinado durante a segunda guerra mundial en Hungría, coñecido tamén como O Anxo de Budapest.

Infotaula de personaÁngel Sanz Briz

(1969) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de setembro de 1910 Editar o valor em Wikidata
Zaragoza (España) Editar o valor em Wikidata
Morte11 de xuño de 1980 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Palazzo di Spagna (Italia) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaTorrero Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ambassador of Spain to the Holy See (en) Traducir
1976 – 11 de xuño de 1980 (finado no cargo)
← Juan Pablo de Lojendio e Irure (pt) TraducirJosé Joaquín Puig de la Bellacasa (pt) Traducir →
Ambassador of Spain in the People's Republic of China (en) Traducir
9 de marzo de 1973 – 1976
← sen valor – José Ramón Sobredo Rioboo →
Embaixador de Espanha na Bélgica (pt) Traducir
1972 – 1973
← Jaime Alba Delibes (pt) TraducirFrancisco Javier Elorza y Echániz (pt) Traducir →
Ambassador of Spain to the Netherlands (en) Traducir
1967 – 1972
Ambassador of Spain to Peru (en) Traducir
1964 – 1967
Ambassador of Spain to Guatemala (en) Traducir
1960 – 1960
Encarregado de negócios (pt) Traducir Embassy of Spain, Budapest (en) Traducir
xuño de 1944 – 30 de novembro de 1944 – Giorgio Perlasca →
Ambassador of Spain to Switzerland (en) Traducir
1944 – Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónDiplomatic School of Spain (en) Traducir
Escola de Santo Tomás de Aquino das Escolas Pias de Saragoça (pt) Traducir
Universidade Central - licentiate degree in law (en) Traducir
Universidade de Zaragoza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesFernando María Castiella (concunhado (pt) Traducir)
Romualdo de Toledo y Sanz (en) Traducir (curmán entregue) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Nese conflito España mantívose como non belixerante. En 1944, Sanz Briz, actuando por conta propia segundo algúns autores,[1] "oficialmente" con independencia do goberno de Franco (pero sen sufrir tampouco ningunha represalia por iso), contribuíu a salvar a vida duns cinco mil xudeus húngaros durante o Holocausto, proporcionando pasaportes españois, nun principio a xudeus que alegaban orixe sefardí en virtude dun antigo Real Decreto de 1924 do directorio militar de Primo de Rivera,[2] e posteriormente a calquera xudeu perseguido. Por estes feitos foi recoñecido por Israel como Xusto entre as Nacións.

Posteriores descubrimentos na correspondencia diplomática revelaron que Sanz Briz informou en 1944 ao goberno de Franco da existencia do Holocausto,[3] e que contou coa aquiescencia do goberno español.[4]

Traxectoria editar

De neno foi alumno das Escuelas Pías de Zaragoza. Tras estudar Dereito, ingresou na Escola Diplomática, finalizando os seus estudos pouco antes do inicio da Guerra Civil Española. Tralo seu comezo, enrolouse nas tropas franquistas.

Exipto editar

Finalizada a guerra, obtivo o seu primeiro destino como encargado de negocios da embaixada española no Cairo (Exipto).

Hungría editar

En 1942 Sanz Briz casou con Adela Quijano y Secades e recibiu o seu segundo destino, como encargado de negocios na embaixada española no Reino de Hungría, estado aliado ao Eixe, pero que non puxera en práctica medidas de exterminio dos xudeus como as que xa estaban en marcha en toda a Europa ocupada polos nazis.[5]

En marzo de 1944 Alemaña invadiu Hungría e Adolf Eichmann trasladouse a Budapest para supervisar os plans de exterminio da comunidade xudía do país, nos que foron asasinadas durante o holocausto unhas 565 000 persoas.[6]

O 25 de xuño de 1944 Sanz Briz enviou unha carta informando a Madrid das disposicións anti-xudías:

  • Os xudeus non poderán saír das súas casas máis de 2 horas diarias e soamente por razón de actividades públicas ou para realizaren compras.
  • Queda prohibido aos xudeus comunicarse polas ventás.
  • Nos refuxios haberá unha sala para os xudeus e outra separada para os veciños non xudeus, esta preferentemente no lugar máis seguro.
  • Nos tranvías os xudeus soamente poderán ir no segundo vagón.
  • Prohíbese aos veciños albergar os xudeus.[7]

Aos xudeus obrigóuselles a entregar as xoias de ouro e prata, os aparellos de radio, as bicicletas e os esquís. En dous meses 500 000 persoas foron expulsadas das súas casas. Sanz Briz informa a Madrid por carta (entrada 5151 no Archivo de Europa, 15 de setembro de 1944):

No obstante, en la nota verbal de referencia no se hace mención al hecho de que entre las 500.000 personas deportadas había un gran número de mujeres, ancianos y niños perfectamente ineptos para el trabajo y sobre cuya suerte corren en este país los rumores más pesimistas[7]
 
Placa en memoria do diplomático español Ángel Sanz Briz, que salvou miles de xudeus do Holocausto en Hungría en 1944. A placa colocouna o Concello de Madrid no portal da súa casa na rúa Velázquez.
 
O monumento dos Xustos entre as Nacións, no parque Raoul Wallenberg de Budapest, con Ángel Sanz Briz e Giorgio Perlasca.
 
Placa en memoria de Ángel Sanz-Briz na parede da Embaixada de España en Budapest.
 
Placa en memoria de Ángel Sanz-Briz en Budapest, 13 distr. Parque Estevo I de Hungría.
 
Monumento en Budapest, Hungría.
 
Monumento en Zaragoza, España.

Os xudeus son confinados nas casas estreladas mentres esperan a quenda da súa deportación. Sanz Briz envía planos dos campos de exterminio a Madrid e informa:

se les asesina por medio de gas[7]

Indignado polos plans nazis, Sanz Briz decide, con coñecemento do goberno franquista, proporcionar documentos españois aos xudeus sefardís que puidera encontrar e negociar coas autoridades húngaras (monicreques dos ocupantes alemáns) o traslado a lugar seguro de ditas persoas. Sanz Briz procede a protexer as vidas duns 5.200 xudeus, usando a súa influencia e contactos (tamén o seu diñeiro, co que subornou o Gauleiter alemán),[8] así como edificios alugados cos fondos da embaixada que rotulou como "Anejo a la legación española". Os métodos que seguiu describiunos el mesmo no libro Los judíos en España:

Conseguí que el gobierno húngaro autorizase la protección por parte de España de 200 judíos sefardíes (...) Después la labor fue relativamente fácil, las 200 unidades que me habían sido concedidas las convertí en 200 familias; y las 200 familias se multiplicaron indefinidamente, con el simple procedimiento de no expedir salvoconducto o pasaporte alguno a favor de los judíos que llevase un número superior al 200.

Así, dos 5.200 xudeus cuxa vida puido salvar, só uns 200 eran de orixe sefardí. En agosto de 1944 enviou ao goberno español un informe en francés realizado por dous presos escapados, que detallaba o xenocidio que estaba sendo cometido no campo de concentración de Auschwitz.[3] O informe ía acompañado dunha carta de Sanz que confirma a autenticidade do relatado:

Su origen, pues, le hace sospechoso de apasionamiento. Sin embargo, por los informes que he podido obtener de personas no directamente interesadas en la cuestión y de mis colegas del cuerpo diplomático aquí acreditado, resulta que una gran parte de los hechos que en él se describen son, desgraciadamente, auténticos.

Sanz Briz busca a base legal e afirma que os xudeus sefardís teñen dereito á nacionalidade española por seren descendentes dos xudeus sefardís expulsados polos Reis Católicos. Búscaos nas estacións de ferrocarril de onde saían os deportados e nas marchas da morte, que eran columnas de deportados que camiñaban cara ao seu cativerio. Só encontra a 70 familias sefardís. Interpretando xenerosamente a lei española entrega pasaportes provisionais a todos os xudeus non sefardís que teñan parentes en España.

En outubro de 1944, Adolf Hitler depuxo o goberno de Miklós Horthy. O Parlamento vota a Ferenc Szálasi, líder do partido da Cruz Frechada como xefe de Estado e primeiro ministro. O 18 de novembro de 1944 Sanz Briz subscribe o Documento de protesta de las Legaciones Neutrales por crueldades contra los judíos no que se afirma:

las monstruosas crueldades que sufre la población judía.[7]

Créase un gueto ao redor da Gran Sinagoga onde se amorean ducias de miles de xudeus. O diplomático sueco Raoul Wallenberg, o representante do Papa en Hungría, Angelo Rota e Sanz Briz crean a carta de protección, que era un documento que entregaban aos xudeus que o solicitaran. O documento acreditaba que o seu titular se encontraba baixo a protección dos países neutrais.

Miles de xudeus amoreábanse nas legacións sueca, suíza, vaticana e española. A legación española aloxou os seus protexidos en once casas protexidas que estaban baixo a inmunidade diplomática e se considerasen territorio español. O 24 de outubro de 1944 o ministro de Asuntos Exteriores Lequerica escribira a Sanz Briz:

ruega se extienda la protección a mayor número de judíos perseguidos.[7]

Porén, Lequerica escribira desde Vichy o 29 de setembro de 1943 un informe sobre o perigo xudeu:

Asunto: Paso clandestino de la frontera española. El peligro judío.[7]

Ante a inminente caída de Budapest en poder do Exército Vermello, o goberno español ordena abandonar a embaixada, que se traslada a Suíza o 30 de novembro de 1944. Giorgio Perlasca, un veterano italiano da Guerra Civil Española, cidadán español honorario, que estivera axudando a Sanz Briz nas súas tarefas de protección dos xudeus, continuou o seu labor utilizando documentos de identidade españois falsificados por el mesmo, nos que declara ser o cónsul español en Budapest.

O 1 de decembro de 1944 Perlasca fai a súa rolda polas casas protexidas e nunha delas ve que os crucifrechados sacaran todos os seus habitantes e os tiñan formados na rúa. Os crucifrechados foran informados desde a fronteira que Sanz Briz abandonara Hungría e que, por tanto, xa non había embaixada española, e que xa non había motivo para manter a protección dos xudeus españois. Perlasca di que é unha equivocación porque están fallando as liñas de comunicación. Di que Sanz Briz foi a España por un breve período de tempo para recibir instrucións persoais, pero que mentres tanto é Perlasca o que dirixe a embaixada.

Perlasca non era un descoñecido para as autoridades húngaras porque acompañaba a Sanz Briz a case todas as xestións coas institucións húngaras. Perlasca di:

Sanz Briz volverá con el reconocimiento del gobierno cruciflechado bajo el brazo. Yo estoy al frente de la legación española.[7]

Isto era completamente falso porque Perlasca nunca foi diplomático. Porén, Perlasca conseguiu que os xudeus "españois" seguiran a salvo até o 16 de xanetro de 1945 en que os soviéticos entraron en Budapest. A historiadora Mayte Ojeda descubriu unha carta nun arquivo de Washington na que Sanz Briz desde San Francisco se dirixe a Perlasca:

No olvide usted que la decisión de meter gente en los locales de la Legación fue de mi propia iniciativa, sin previo permiso de Madrid, y motivada por el terror que entonces reinaba en la capital húngara.[7]

Carreira diplomática posterior editar

Sanz Briz continuou a súa carreira diplomática e foi destinado a San Francisco e Washington (Estados Unidos), Lima, Berna, Baiona, Guatemala, A Haia, Bruxelas e Pequín. O 9 de marzo de 1973 Ángel Sanz Briz, a súa secretaria, Aurora Aranaz e o catedrático de Filosofía Iñaki Preciado Idoeta, convertido en tradutor, abriron a embaixada de España en Pequín. Sanz Briz aos seus 63 anos era dos máis veteráns da escala e foi o primeiro embaixador de España na China. Presentouse voluntario para aquela praza por motivos persoais.[9]

En 1976 foi destinado a Roma como embaixador de España ante a Santa Sé, onde faleceu o 11 de xuño de 1980.

Recoñecementos editar

Na residencia do embaixador de Israel en España en agosto de 1989 tivo lugar unha homenaxe a Sanz Briz presidido polo ministro de Asuntos Exteriores Francisco Fernández Ordóñez e o embaixador de Israel Shlomo Ben Ami. Fíxose entrega a Adela Quijano, viúva de Sanz Briz, da Medalla dos Xustos entre as Nacións concedida a título póstumo. Tamén se autorizou a plantación dunha árbore no Monte do Recordo de Xerusalén.[10]

En 1991, o Museo do Holocausto Yad Vashem de Israel distinguiu a acción de Sanz Briz e recoñeceu aos seus herdeiros o título de Xusto entre as Nacións, inscribindo o seu nome no memorial do Holocausto.[11]

En 1994 o goberno húngaro concedeulle a título póstumo a Cruz da Orde do Mérito da República Húngara e na Gran Sinagoga de Budapest (a segunda máis grande do mundo despois da de Nova York) actualmente hai unha placa que leva o seu nome.

Foi o primeiro diplomático español que apareceu nun selo postal de España.

Coñécese popularmente como o Schindler español e, aínda que o seu caso non sexa tan famoso, cómpre salientar que Sanz Briz salvou a moitos máis xudeus que Schindler.[12][13]

Desde 2015 unha rúa de Budapest leva o seu nome, e erixiuse nesa cidade un monumento no seu honor.

Repercusión cinematográfica editar

En 2002 estreouse a película, coproducida por varios países europeos, El cónsul Perlasca onde Péter Kertész encarna o diplomático.

En 2011 o telefilme El ángel de Budapest foi estreado en Televisión Española. Nela o actor galego Francis Lorenzo dá vida ao diplomático.[14] A película está baseada no libro de Diego Carcedo Un español frente al Holocausto.

Notas editar

  1. González García, Isidro (2004): Los judíos y la segunda república 1931-1939. Alianza Editorial. ISBN 978-84-206-4598-8.
  2. O Real Decreto do Directorio Militar do xeneral Primo de Rivera, de 20 de decembro de 1924, outorga a cidadanía española aos "antigos protexidos españois ou descendentes destes, e en xeral a individuos pertenecentes a familias de orixe española que nalgunha ocasión foran inscritos nos rexistros españois".
  3. 3,0 3,1 Quesada, Juan Diego (21 de marzo de 2010). "Excelencia, esto ocurre en Auschwitz". El País (en español). Consultado o 3 de xaneiro de 2016. 
  4. Espada, Arcadi (13 de marzo de 2013). "Arcadi Espada: "España es un país extravagante, sobre todo con su historia"". El Cultural (El Mundo). Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2014. Consultado o 3 de xaneiro de 2016. 
  5. Lacruz, José. "El ángel de Budapest". El periódico del Estudiante. El Periódico de Aragón. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016.  Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine..
  6. El destino de los judíos de Europa - El exterminio de los judíos de Hungría Yad Vashem
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 7,6 7,7 Sella, Joan (25 de maio de 2012). "Sanz-Briz, El Ángel De Budapest". RTVE. Consultado o 3 de xaneiro de 2016. .
  8. Gauleiter era o termo en alemán utilizado no Partido Nazi (NSDAP) para os líderes de Zona (Gau), que era a forma organizativa máis grande do partido a nivel nacional.
  9. Galarraga, Naiara (10 de marzo de 2013). El País, ed. "El traductor de la China de Mao". Consultado o 3 de xaneiro de 2016. .
  10. "Homenaje póstumo al diplomático español Angel Sanz Briz". Hola (2347). 7 de agosto de 1989. 
  11. Ángel Sanz Briz - Yad Vashem - official website (en castelán)
  12. 'La encrucijada de Ángel Sanz Briz', un documental que hará historia, Heraldo.es.
  13. Sanz Briz, el diplomático español que salvó a miles de judíos, ABC.
  14. La 1 estrena 'El Ángel de Budapest', la historia del español que salvó a miles de judíos

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Carcedo, Diego, Un español frente al Holocausto: Cómo Angel Sanz Briz Salvó a 5.000 Judíos (2000): Temas de Hoy. Historia Viva. ISBN 978-84-7880-848-9.
  • VV.AA. (2009): Ángel Sanz Briz: homenaje a la Memoria del Excmo. Sr. Embajador de España. Universidad de Valladolid. Instituto de Estudios Europeos.
  • Ysart, Federico (1973): España y los judíos en la Segunda Guerra Mundial Dopesa. ISBN 978-84-7235-083-0.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar