Fernando María Castiella
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
Fernando María Castiella y Maíz, nado en Bilbao o 9 de decembro de 1907 e finado en Madrid o 25 de novembro de 1976, foi un diplomático, escritor e político español.
Traxectoria
editarEstudou o doutoramento en Leis na Universidade de Madrid e logo trasladouse a París, Cambridge e Xenebra para ampliar os seus estudos.
Desempeñou importantes cargos. Foi vicepresidente da Confederación Nacional de Estudantes Católicos e Catedrático de Dereito Internacional Público. Máis tarde, traballou no diario El Debate, onde dirixiu a sección de política exterior. Cando se iniciou a guerra civil en 1936 logrou escapar de Madrid, onde se atopaba naquel momento, e alcanzar a zona nacional para ingresar neste bando.
Foi Catedrático de Dereito na Universidade de Madrid, membro do Tribunal da Haia (1939) e embaixador no Perú e o Vaticano (1951-56), diplomático e ministro de Asuntos Exteriores español (1956 - 1969), durante a ditadura franquista.
No seu labor distinguiuse polos seus esforzos de negociación co Reino Unido, sobre a cuestión de Xibraltar, unha constante na súa xestión, con resultados infrutuosos. Así como pola vontade de terminar co isolacionismo do Réxime. Nesa liña, consegue a integración de España na OCDE e no Fondo Monetario Internacional, quedando a UE como meta inalcanzable. Castiella varíou limitadamente a política exterior española, non chegando a atopar as reformas tendentes á súa democratización.
En 1941 compartiu o Premio Nacional de Literatura con José María de Areilza pola súa obra Reivindicaciones de España.