Gran Sinagoga de Budapest

A Gran Sinagoga de Budapest (en húngaro: Nagy Zsinagoga), tamén chamada Sinagoga da Rúa Dohany (en húngaro: Dohány utcai Zsinagoga) é un edificio relixioso situado na cidade de Budapest, no antigo barrio xudeu da capital. É a maior sinagoga de Eurasia[1] e a segunda máis grande do mundo, despois da Congregación Emanu-El de Nova York [2]. Hai espazo dispoñible para tres mil persoas.

Gran Sinagoga de Budapest
PaísHungría
Coordenadas47°29′45″N 19°03′39″L / 47.4959, 19.0607Coordenadas: 47°29′45″N 19°03′39″L / 47.4959, 19.0607
EstiloEstilo neoislâmico
editar datos en Wikidata ]
A sinagoga por dentro.

O edificio ten 75 metros de longo e 27 metros de ancho[3], a sinagoga foi construída entre os anos 1854 e 1859 no estilo do renacemento mourisco[4], de acordo co plan do arquitecto Ludwig Förster. O lugar de nacemento de Theodor Herzl (o fundador do sionismo) quedaba ao lado da sinagoga.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Kulish, Nicholas. «Out of Darkness, New Life», The New York Times, 30-12-2007. Consultado o 10 de xaneiro de 2014 (en inglés)
  2. «Dohány Synagogue», The New York Times. Consultado o 10 de xaneiro de 2014.(en inglés)
  3. Frojimovics, Kinga; Komoróczy, Géza; Pusztai, Viktória and Strbik, Andrea (1999). Jewish Budapest: Memories, Rites, History. Central European University Press. ISBN 963-9116-37-8, p. 111.Consultado o 10 de xaneiro de 2014.(en inglés)
  4. Moorish Style: Orientalism, the Jews, and Synagogue Architecture Arquivado 08 de abril de 2008 en Wayback Machine.. Ivan Davidson Kalmar. Jewish Social Studies History Culture and Society. Volume 7; Consultado o 10 de xaneiro de 2014 (en inglés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar