El ángel de Budapest

El ángel de Budapest é un telefilme dramático español baseado no libro Un español frente al holocausto, do xornalista e director executivo de radio Diego Carcedo, sobre a vida do diplomático español Ángel Sanz Briz en Budapest (Hungría) durante os anos da segunda guerra mundial.[1]

El ángel de Budapest
Ficha técnica
Título orixinalEl ángel de Budapest
DirectorLuis Oliveros
ProdutorEduardo Campoy
José Manuel Lorenzo
István Major
GuiónÁngel Aranda
Baseado enUn español frente al Holocausto,
de Diego Carcedo.[1]
IntérpretesFrancis Lorenzo
Ana Fernández
Anna Allen
Gáspár Kata
Öze Áron
Szábo Kimmel Tamás.[1][2][3]
EstudioDlo Producciones,
Filmteam[2]
Boomerang TV[1]
RTVE[1]
Estrea2011
Duración120 minutos
OrixeEspaña España, Hungría Hungría
XéneroDrama, Bélica
Orzamento2 mill. €[2]
Na rede
IMDB: tt1771199 Filmaffinity: 942352 Editar o valor em Wikidata

Estreouse o 20 de decembro de 2011 en TVE1.

A rodaxe tivo lugar en Budapest desde o 9 de novembro até o 23 de decembro de 2010.[1][2]

Argumento

editar

O argumento céntrase en Ángel Sanz Briz, encargado de negocios da embaixada de España en Hungría durante a segunda guerra mundial.

Sanz Briz salvou a vida a centos de xudeus durante o holocausto.

Formou un movemento de resistencia que lle permitiu salvalos. Expedíalles documentos de protección e aloxounos en casas de seguridade, resgardadas pola soberanía da embaixada.

Paralelamente, unha historia romántica segue a vida amorosa de Antal, un xudeu húngaro que se enamora da filla dun funcionario da Cruz Frechada do goberno fascista húngaro.[2]

Elenco

editar

Premios

editar
  • Premio á Mellor Película para televisión no Zoom Festival (festival europeo de cine para televisión) do 2012.[4]
  • Medalla de Prata na categoría de TV Movies no Festival Internacional de Televisión e Cine de Nova York, do 2012.[5]
  • Premio da Agrupación de Telespectadores e Radiooíntes (ATR) de 2012 á Mellor película para televisión.[6]
  • Premio Ondas 2012 á Mellor miniserie.[7]