Bonanza

Bonanza é unha serie de televisión producida pola NBC e emitida por primeira vez o 12 de setembro de 1959 e até 1973. Foi emitida pola Televisión de Galicia.

Bonanza full cast 1962 larger.jpg
País de orixeUSA
Ficha na IMDb

ArgumentoEditar

Bonanza relata as peripecias da familia Cartwright no rancho da Ponderosa, en Nevada, e está ambientada no afastado oeste de finais do século XIX. Concibida para un público familiar, foxe dos tópicos do xénero para centrarse nos valores familiares e nos problemas do día a día. Amais, a canle decidiu emitila integramente en cor para conseguir chama-la atención dos máis cativos nunha época onde a maioría dos fogares só dispoñían dun receptor en branco e negro.

A familia Cartwright está formada polo patriarca e dono do rancho, chamado Ben (interpretado por Lorne Greene). Ten tres fillos froito de tres matrimonios diferentes dos que enviuvou: Adam (Pernell Roberts), Hoss (Dan Blocker) e Little Joe (Michael Landon). O clan vive folgadamente nun gran rancho chamado Ponderosa na compaña do cociñeiro chinés Hop Sing (Víctor Sean Young) e o sheriff de Virginia City, Roy Coffee (Ray Teal).

A serie converteuse en número un de audiencia durante catorce anos pese á saída de Pernell Roberts no 1965 debido a disputas cos guionistas da serie. Aínda que nun intre a canle planeara deixar os Cartwright con dous irmáns só, o personaxe de Adam foi substituído polo do vaqueiro Candy Canaday (David Canary) e a serie aumentou a súa popularidade.

A repentina morte de Dan Blocker no 1972 significou a fin da serie. Tras algúns intentos da canle por salvala, despediuse da audiencia o 16 de xaneiro de 1973.

Na gran pantallaEditar

Pese ó peche da serie, a súa popularidade animou á canle a facer filmes para a televisión. Algúns títulos son:

  • Bonanza: Under Attack (1995).
  • Bonanza: The Return (1993).
  • Back to Bonanza (1993).
  • Bonanza: The Next Generation (1988).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar