Hicham El Guerrouj
Hicham El Guerrouj (Árabe: هشام الكروج), nado o 14 de setembro de 1974 en Berkane (Marrocos) é un atleta mediofondista xa retirado.[1] Posúe o récord dos 1500 metros (3:26.00), da milla (3:43.13) e dos 2.000 metros (4:44.79), e foi alcumado no seu momento coma o "Rei da Milla". Anunciou a súa retirada o 22 de maio de 2006, logo de que un virus primeiro e máis tarde unha lesión nas costas o tivesen practicamente apartado das pistas durante dous anos.
Nome orixinal | (ar) هشام الكروج |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de setembro de 1974 (50 anos) Birkani, Marrocos |
Altura | 181 cm |
Peso | 58 kg |
Actividade | |
Ocupación | fondista, corredor, mediofondista, atleta |
Período de actividade | 1992 - |
Membro de | Comité Olímpico Internacional (2004–2012) |
Nacionalidade deportiva | Marrocos |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | corrida de meia-distância (pt) carreira de longa distancia |
Participou en | |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
1996 | Xogos Olímpicos de 1996 |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Atletismo | |||
Xogos Olímpicos | |||
Sydney 2000 | 1.500 m | ||
Atenas 2004 | 1.500 m | ||
Atenas 2004 | 5.000 m | ||
Campionato do Mundo de Atletismo | |||
Gotemburgo 1995 | 1.500 m | ||
Atenas 1997 | 1.500 m | ||
Sevilla 1999 | 1.500 m | ||
Edmonton 2001 | 1.500 m | ||
París 2003 | 1.500 m | ||
París 2003 | 5.000 m |
A súa carreira deportiva foi merecente de varios recoñecementos, coma o premio ao esforzo humanitario da Asociación Internacional de Federacións de Atletismo (IAAF), que recibiu en 1996. Tamén é embaixador de boa vontade da UNICEF. El Guerrouj foi designado mellor atleta do ano pola IAAF en 2001 e en 2002, logo de quedar invicto en máis de vinte probas, co que se converteu no primeiro home en obter o galardón de atleta do ano por dúas veces consecutivas desde que se creou en 1988. Tamén no 2002 foi designado mellor atleta do ano, a canda a británica Paula Radcliffe, pola revista especializada Track and Field News. En 2003 escollérono membro do Comité de Atletas da IAAF. O 7 de setembro de 2004, Hicham El Guerrouj foi condecorado co "Cordon de Commandeur" polo rei Mohamed VI de Marrocos. Tamén nese ano 2004 recibiu o Príncipe de Asturias dos Deportes polo seu "firme compromiso co deporte e coa sociedade e especialmente coa mocidade e cos máis necesitados".
Historia
editarA primeira actuación internacional destacada de Hicham El Guerrouj produciuse en 1992, cando quedou terceiro nos 5000 do Mundial júnior de Seúl. Acadou relevo internacional a mediados dos anos noventa cando rozou os récords dos 1500 metros e da milla. Cando tiña só vinte anos conseguiu a medalla de prata nos 1500 m do Mundial de atletismo de 1995, en Gotemburgo. En 1996, logo de facer a súa plusmarca en 1500 en Estocolmo cun tempo de 3:29:51, era un dos grandes favoritos para apañar o ouro olímpico. Pero nos Xogos de Atlanta quedou no posto 12º, levando a vitoria Noureddine Morceli. Contra a fin daquela tempada, no mitin de Milán El Guerrouj conseguiu ser o primeiro en derrotar a Morceli nos 1500, logo de catro anos de invenciblilidade do alxeriano.
Nos anos que seguiron, El Guerrouj converteuse no único mediofondista en obter catro títulos mundiais consecutivos en 1997, 1999, 2001 e 2003. No mitin de Roma de 1998, El Guerrouj fendeu o récord mundial de Morceli sobre os 1500 m, que era de 3:27.37, ao rebaixalo en máis dun segundo (3:26.00).[2] A plusmarca mundial da milla de Morceli caeu ao ano seguinte, tamén en Roma, ao fixar El Guerrouj a marca en 3:43.13. Nesa mesma tempada bateu o récord mundial de 2000, desta volta en Berlín, deixándoo en 4:44.79. En 1999 conseguiu en Bruxelas a segunda mellor marca de todos os tempos no 3000 m (7:23.09). O mellor tempo persoal na distancia seguinte, os 5000, obtívoo en Ostrava en 2003, con 12:50.24.
Logo da prata de Sydney, onde rematara segundo, as súas esperanzas de subir ao máis alto do podio olímpico pasaban por Atenas. Na capital grega El Guerrouj conseguiu a maior das súas proezas, ao obter o ouro tanto nos 1500 coma nos 5000, algo que non acontecía dende os tempos do finlandés Paavo Nurmi, que o acadara en 1924, oitenta anos antes. Nos 1500 deu corrido os últimos 800 nuns trepidantes 1:46 para imporse sobre o queniano Bernard Lagat. Na longa distancia superou o gran favorito, o etíope Kenenisa Bekele.
Hicham El Guerrouj gañou por tres veces consecutivas a Golden League da IAAF, en 2001, 2002 e 2003, o único home que puido facelo.
Mellores marcas persoais
editarDistancia | Tempo | Data | Lugar |
---|---|---|---|
800 m | 1:47.18 | 02-06-1995 | Adestrando |
1000 m | 2:16.85 | 12-07-1999 | Niza |
1500 m | 3:26.00[3] | 14-07-1998 | Roma |
Milla | 3:43.13[3] | 07-07-1999 | Roma |
2000 m | 4:44.79[3] | 07-09-1999 | Berlín |
3000 m | 7:23.09 | 03-09-1999 | Bruxelas |
5000 m | 12:50.24 | 12-03-2003 | Ostrava |
Títulos
editar1.500 metros | Posición | Tempo | Lugar | Data | Título |
---|---|---|---|---|---|
Xogos Olímpicos | 1 | 3:34.18 | Atenas | 24-08-2004 | Ouro |
Mundial | 1 | 3:31.77 | París | 27-07-2003 | Campión do mundo |
Mundial | 1 | 3:30.68 | Édmonton | 05-08-2001 | Campión do mundo |
Xogos Olímpicos | 2 | 3:32.32 | Sydney | 29-09-2000 | Prata |
Mundial | 1 | 3:27.65 | Sevilla | 24-08-1999 | Campión do mundo |
Grand Prix | 1 | 3:26.00 [3] | Roma | 14-07-1998 | Recordman mundial |
Mundial | 1 | 3:35.83 | Atenas | 06-08-1997 | Campión do mundo |
Mundial de pista cuberta | 1 | 3:35.31 | París | 08-03-1997 | Campión do mundo |
Grand Prix | 1 | 3:31.18 | Stuttgart | 02-02-1997 | Recordman mundial |
Mundial | 2 | 3:35.28 | Gotemburgo | 13-08-1995 | Prata |
Mundial de pista cuberta | 1 | 3:44.54 | Barcelona | 11-03-1995 | Campión do mundo |
Milla | Posto | Tempo | Lugar | Data | Título |
---|---|---|---|---|---|
Grand Prix | 1 | 3:43.13 [3] | Roma | 07-07-1999 | Recordman mundial |
Grand Prix | 1 | 3:48.45 | Gent | 12-02-1997 | Recordman mundial |
2.000 metros | Posto | Tempo | Lugar | Data | Título |
---|---|---|---|---|---|
Final do Grand Prix | 1 | 4:44.79 [3] | Berlín | 07-09-1999 | Recordman mundial |
3.000 metros | Posto | Tempo | Lugar | Data | Título |
---|---|---|---|---|---|
Mundial de pista cuberta | 1 | 7:37.74 | Lisboa | 11-03-2001 | Campión do mundo |
5.000 metros | Posto | Tempo | Lugar | Data | Título |
---|---|---|---|---|---|
Xogos Olímpicos | 1 | 13:14.39 | Atenas | 28-08-2004 | Ouro |
Mundial | 2 | 12:52.83 | París | 31-08-2003 | Prata |
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- El-Guerruj, Hicham (1974- ), Enciclopedia Universal Micronet S.A. 2006 (en castelán).