Bernard Lagat
Bernard Lagat nado o 12 de decembro de 1974 en Kapsabet, no Val do Rift, é un corredor Kenyano nacionalizado estadounidense, especialista en media e longa distancia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1974 (50 anos) Kapsabet, Kenya (en) |
Educación | Universidade Estatal de Washington |
Altura | 173 cm |
Peso | 59 kg |
Actividade | |
Ocupación | fondista, mediofondista, atleta |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | corrida de meia-distância (pt) |
Participou en | |
2016 | Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
Familia | |
Irmáns | Mary Chepkemboi William Cheseret Robert Cheseret Viola Cheptoo Lagat |
Cadro de medallas | |||
---|---|---|---|
Competindo para Estados Unidos: | |||
Campionato do Mundo de Atletismo | |||
Osaca 2007 | 5000 m | ||
Osaca 2007 | 1500 m | ||
Berlín 2009 | 5000 m | ||
Berlín 2009 | 1500 m | ||
Campionato do Mundo en Pista Cuberta | |||
Doha 2010 | 3000 m [1] | ||
Competindo para Kenya: | |||
Xogos Olímpicos | |||
Atenas 2004 | 1500 m | ||
Sidney 2000 | 1500 m | ||
Campionato do Mundo de Atletismo | |||
Edmonton 2001 | 1500 m | ||
Campionato do Mundo en Pista Cuberta | |||
Budapest 2004 | 3000 m | ||
Birmingham 2003 | 1500 m |
Traxectoria
editarEstudou na Jomo Kenyatta University of Agriculture and Technology de Nairobi e na Washington State University. No ano 2000 foi bronce nos 1500 metros dos Xogos Olímpicos de Sydney 2000.[2]
Non participou no Campionato do Mundo de atletismo de París 2003 por dar positivo por EPO,[3] pero a contraanálise deu negativa e non foi sancionado.[4] Nos Xogos do 2004 en Atenas gañou a prata, tamén en 1500 metros.
No ano 2005 anunciou a súa nacionalización como cidadán dos Estados Unidos. O cambio de nacionalidade comportou non poder participar no Campionato do Mundo do 2005. Coa súa nova nacionalidade gaña dúas medallas de ouro no Campionato do Mundo de Osaka 2007, nas probas de 1500 e 5000 metros lisos.[5]
Lagat era un dos favoritos nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 pero na proba de 1500 metros non puido pasar de semifinais.[6] Foille mellor na proba de 5000 metros,[7] pero ó final só logrou unha pobre novena posición. Nos Campionatos do Mundo de Berlín 2009 gañou dúas medallas de prata e bronce, e en marzo de 2010 unha de ouro nos 3000 do campionato en pista cuberta, para completar o seu brillante palmarés.
Mellores marcas
editarDistancia | marca | data | sede |
---|---|---|---|
800 m | 1:46.00 | 10 de agosto de 2003 | Berlín |
1000 m | 2:16.18 | 31 de agosto de 2008 | Gateshead (R.U.) |
1500 m | 3:26.34 | 24 de agosto de 2001 | Bruxelas |
Milla | 3:47.28 | 29 de xuño de 2001 | Roma |
2000 m | 4:55.49 | 30 de xullo de 1999 | Estocolmo |
3000 m | 7:33.15 | 17 de xullo de 2009 | París Saint-Denis |
Dúas millas | 8:12.45 | 8 de xuño de 2008 | Eugene (Oregón) |
5000 m | 12:59.22 | 28 de xullo de 2006 | Londres |
Galería de imaxes
editar-
Meta dos 1500, Osaka 2007. -
En Osaka celebrando os 1500. -
Chegada dos 5000 en Osaka.
Notas
editar- ↑ Con 35 anos, foi a persoa máis vella en gañar unha proba do Campionato do Mundo en Pista Cuberta [1].
- ↑ perfil de Bernard Lagat en USATF (en inglés).
- ↑ Lagat fails drugs test, artigo en BBC Sport (en inglés).
- ↑ Lagat given all-clear artigo en BBC Sport (en inglés).
- ↑ With historic double, Lagat joins illustrious company Arquivado 06 de agosto de 2010 en Wayback Machine., artigo na páxina de Osaka 2007 (en inglés).
- ↑ Lagat fails ton make Olympic 1,500 final, artigo en The Arizona Republic (en inglés).
- ↑ Lagat rebounds in 5,000 meters, artigo en The Arizona Republic (en inglés).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bernard Lagat |
Bibliografía
editar- Encyclopædia Britannica 2009 Student and Home Edition, Chicago (en inglés):
Artigos: "World Outdoor Championships. (2007: from Track and Field Sports (Athletics))"; "Olympic Games. (2004: from Track and Field Sports)" e "Men's International Competition. (2003: from Track and Field Sports)".