Abrir o menú principal

Kenenisa Bekele

atleta etíope

Kenenisa Bekele (en amhárico: ቀነኒሳ በቀለ), nado o 13 de xuño de 1982 en Bekoji (Oromia), é un atleta etíope, especialista nas carreiras de longas distancia e no cross. Actual campión olímpico e mundial de 10.000 m, é tamén o posuidor do récord do mundo nesa distancia e foi campión do mundo de cross en distancia longa (ao redor de 12 km) en seis ocasións, entre elas en 2008.

Kenenisa Bekele
Kenenisa Bekele Berlin 17082009 cropped.JPG
Nacemento13 de xuño de 1982
 Bekoji
NacionalidadeEtiopía
Ocupaciónfondista e atleta
PremiosBislett medal
editar datos en Wikidata ]
Medallas olímpicas
Ouro 10.000 m Pequín 2008
Ouro 5.000 m Pequín 2008
Ouro 10.000 m Atenas 2004
Prata 5.000 m Atenas 2004

Características deportivasEditar

Kenenisa Bekele é un dos atletas máis destacados do fondo de toda a historia. A súa capacidade de resistencia levouno a participar en cinco edicións dos mundiais de cross competindo ao mesmo tempo na distancia curta e na longa (4 km e 12 km) e vencendo nas dúas. Pero é especialmente coñecido pola velocidade que acada nas voltas finais. En 2003, realizou a última volta dun 10.000 en 54"64, e ese mesmo ano corría un último 200 m en 24" (52"63 no total da última volta).

Traxectoria deportivaEditar

A súa carreira internacional comezou ao proclamarse campión do mundo de cross en categoría junior en 2001. Ao ano seguinte, o seu primeiro como absoluto, xa se proclamou dobre campión mundial de cross na distancia longa e na curta, fazaña que repetiría nas catro edicións seguintes, de forma consecutiva. A partir de 2003 comeza a simultanear o campo a través coa pista, e proclámase campión mundial de 10.000 m, título que revalidaría en 2005 e en 2007.

En 2004 proclamouse por primeira vez campión olímpico nos Xogos de Atenas, na distancia de 10.000 m. O 20 de agosto tivo lugar a final, na que os atletas etíopes buscaban ocupar os tres postos do podio. Dado que Haile Gebrselassie tiña problemas no seu tendón de Aquiles a carreira desenvolveuse de forma lenta, pero cando Gebrselassie demostrou que non podía seguir o ritmo aumentaron a velocidade, e venceu Bekele por diante do seu compatriota Sileshi Sihine e do eritreo Zersenay Tadese, cun tempo de 27'05"10, que supuña un novo récord olímpico. O último 400 cubriuno en 53"02[1]. Oito días máis tarde, o 28 de agosto, Bekele quedaba segundo na final dos 5.000 m por detrás do marroquí Hicham El Gerrouj e por diante do queniano Eliud Kipchoge, cun tempo de 13'14"59, a vinte décimas de segundo de El Guerrouj[2].

Despois dos Xogos entrou nunha época de crise de resultados que foi relacionada coa morte da súa parella en estrañas circunstancias. Pero en 2005 volvía gañar as dúas distancias do cross. Conseguiu encadear 27 vitorias consecutivas no campo a través, rotas en 2007, nos mundiais de cross de Mombasa (Quenia), cando obtivo a prata por detrás de Zersenay Tadese. Nos mundiais de 2008 en Edimburgo recuperou o seu cetro como campión mundial.

Récords mundiais actuaisEditar


Predecesor:
  Mohammed Mourhit
 Campión do mundo de cross
longa distancia
 
2002-2006
Sucesor:
  Zersenay Tadese
Predecesor:
  Zersenay Tadese
 Campión do mundo de cross
longa distancia
 
2008
Sucesor:
-
Predecesor:
  Enock Koech
 Campión do mundo de cross
curta distancia
 
2002-2006
Sucesor:
distancia suprimida
Predecesor:
  Charles Kamathi
 Campión do mundo de atletismo 
2003-2007
Sucesor:
-

Datos persoaisEditar

É o irmán maior do tamén atleta Tariku Bekele.

O 4 de xaneiro de 2005, a atleta Alem Techale, prometida de Bekele, falece supetamente durante uns adestramentos, cando estaba en compañía del. Aínda que se lle practicou autopsia, non se deron a coñecer datos sobre a causa do infarto. O 18 de novembro de 2007, Bekele casou coa actriz etíope Danawit Gebregziabher nun hotel de Addis Abeba.

NotasEditar