D. H. Lawrence

escritor inglés

David Herbert Lawrence , nado en Eastwood (Nottinghamshire) o 11 de setembro de 1885 e finado en Vence (Provenza) o 2 de marzo de 1930, foi un novelista e poeta inglés, unha das figuras literarias máis influentes e polémicas do século XX.

D. H. Lawrence
D H Lawrence passport photograph.jpg
Nome completoDavid Herbert Richards Lawrence
AlcumeLawrence H. Davison
Nacemento11 de setembro de 1885 e 1885
Lugar de nacementoEastwood
Falecemento2 de marzo de 1930 e 1930
Lugar de falecementoVence
Causatuberculose
SoterradoD. H. Lawrence Ranch
NacionalidadeReino Unido
EtniaPobo inglés
Alma máterUniversidade de Nottingham, Nottingham High School e Universidade de Londres
Ocupacióndramaturgo, tradutor, escritor, poeta, novelista, pintor, guionista e crítico literario
PaiArthur John Lawrence
CónxuxeFrieda von Richthofen
IrmánsLettice Ada Clarke
Coñecido porFilhos e Amantes (livro), The Rainbow, Women in Love e Lady Chatterley's Lover
PremiosJames Tait Black Memorial Prize
Na rede
IMDB: nm0492692 IBDB: 11069
Dialnet: 3356759 Musicbrainz: 061a57e5-db92-4bb8-94af-01ff15dbe335 Discogs: 648014 WikiTree: Lawrence-4713 Find a Grave: 1564 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo dun mineiro de carbón e unha mestra de escola, a disparidade no rango social dos seus pais foi un motivo recorrente nas súas obras. Graduouse na Universidade de Nottingham en 1908 e publicou os seus primeiros poemas na revista English Review en 1909. A súa primeira novela, The white peacock (O pavo real branco) publicouse en 1911 grazas á axuda do seu amigo Ford Madox Ford. Sons and lovers (1913), en gran parte autobiográfica, é a máis significativa das súas primeiras novelas e aborda a vida nun pobo mineiro. En 1912 liscou a Europa con Frieda Weekley, unha aristócrata alemá (irmá do aviador alemán Freiherr Manfred von Richthofen) que estaba casada co seu profesor e coa que casou dous anos despois, cando ela conseguiu o divorcio. A súa intensa, tormentosa e nómade vida en común proporcionoulle material para moitas das súas novelas. The rainbow (O arco da vella, 1915) e Women in love (Mulleres namoradas, 1921) -dúas das súas obras máis polémicas- exploran con franqueza as relacións sexuais e psicolóxicas entre homes e mulleres. The rainbow foi prohibida oficialmente por obscenidade. Neste período tamén escribiu dous libros de poesía, Love Poems and Others (Poemas de amor e outros poemas, 1913) e Look! We have come through! (1917). Durante a I Guerra Mundial Lawrence viviu angustiado en Inglaterra a causa da orixe alemá da súa muller e a súa propia oposición á guerra.

Viaxes e doenzasEditar

A tuberculose engadiuse aos seus problemas, e en 1919 empezou unha vida vagabunda sen descanso na busca dun clima máis benigno. As súas viaxes proporcionáronlle os ambientes de varios libros: a rexión italiana de Abruzzi na obra The Lost Girl (A rapaza perdida, 1920), Sea and Sardinia (Sardeña no mar e Sardeña, 1921) e Kangaroo (1923).

Durante as súas estancias en México e Taos, Novo México (1923-1925), The Plumed serpent, (A serpe emplumada 1926), novela que reflicte a súa fascinación pola civilización azteca. A súa poesía máis orixinal, publicada en Birds, Beasts and Flowers (Paxaros, bestas e flores, 1923), emana das súas experiencias coa natureza no suroeste dos Estados Unidos e a rexión mediterránea. A partir de 1926 viviu principalmente en Italia, onde escribiu e reescribiu a súa novela máis famosa, Lady Chatterley's lover (O amante de lady Chatterley, 1928), que trata das relacións sexuais entre unha muller e o criado de seu home, membro da nobreza. En 1932 publicouse unha versión expurgada.

Nos seus máis de corenta libros enxalzou a súa visión dun ser humano completo e natural, oposto á artificialidade da moderna sociedade industrial pola súa deshumanización da vida e do amor. Así a todo, as súas novelas foron malentendidas, atacadas e ata censuradas polo seu aberto tratamento dos temas sexuais.

Obra traducida ao galegoEditar

NotasEditar

  1. Ficha Arquivado 06 de marzo de 2019 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar