Wikipedia:Efemérides destacadas
Efemérides destacadas é unha sección da Portada onde se mostran algúns acontecementos históricos importantes seleccionados de entre as efemérides dos 366 días do ano. Pode modificar e mellorar as efemérides destacadas sempre que siga a guía de estilo que aparece nesta mesma páxina.
Efemérides destacadas de hoxe
Tal día coma hoxe no ano... |
|
Efemérides destacadas dos próximos días
Mañá será o 27 de decembro de 2024
Tal día coma hoxe no ano... |
|
Pasadomañá será o 28 de decembro de 2024
Tal día coma hoxe no ano... |
Hoxe é o Día da Proclamación en Australia do Sur (1836) e o Día dos Santos Inocentes en España e Iberoamérica. |
Queres axudar?
Apetéceche colaborar connosco nas efemérides? Estás no lugar indicado. Actualmente as efemérides dos 366 días do ano xa están creadas; aínda así non desesperes, pódesnos axudar igualmente! Para iso só tes que elixir o día que queiras e ampliar os acontecementos que xa aparezan cos eventos que desexes, sempre e cando comprobes e esteas seguro de que corresponden a ese día; do contrario, estes serán eliminados. Toda a axuda sempre é benvida, sempre e cando sigas a guía de estilo que vén aquí embaixo, a continuación.
Guía de estilo
Cada día ten moitas efemérides e non caben todas na Portada; por iso é preciso seguir unhas directrices á hora da súa escolla:
- As efemérides seleccionadas deberán ser entre 6 ou 8.
- As efemérides deben estar redactadas en tempo presente.
- As efemérides deberán estar en orde cronolóxica: das máis antigas ás máis recentes.
- As efemérides seleccionadas seguen unha orde de preferencia que se debe cumprir sempre que sexa posíbel:
- Datas importantes para Galiza: Día Nacional de Galicia, Día de aprobación do estatuto de autonomía.
- Datas significativas para o galego: Día das letras galegas, publicación por primeira vez da revista A Nosa Terra.
- Datas importantes de persoeiros galegos: Morte de Castelao, fusilamento de Alexandre Bóveda.
- Datas importantes para España: Día do comezo da guerra civil, referendo da Constitución española de 1978.
- Datas significativas en xeral: Día da Paz, invención da imprenta.
Outros aspectos
Estes son outros aspectos a ter en conta na realización da efemérides da Portada:
- Sería bo que as efemérides levasen unha imaxe ilustrativa que estivese relacionada cun dos eventos que se citan (mellor que sexa un evento que o nacemento/morte de alguén). Para colocar a foto hai que usar o seguinte código:
<div style="float:left; margin-right:1.5em;">[[Ficheiro:TÍTULO DA IMAXE|left|border|125px|link=ARTIGO|alt=DESCRICIÓN MOI BREVE]]</div>
- NOTA: O tamaño das imaxes pode agrandarse ou reducirse lixeiramente debido a que algunhas poden quedar excesivamente pequenas ou grandes con 125 píxeles (125px).
Listaxe de efemérides destacadas
A continuación móstrase unha listaxe das efemérides destacadas de todos os meses e, detalladas, as do actual mes de decembro:
1 de decembro (ver • editar)
- 1640, Xoan IV é coroado Rei de Portugal, fronte ó rei español Filipe IV, provocando unha guerra de independencia con España.
- 1919, Lady Astor convértese na primeira muller en tomar posesión como deputada no Parlamento británico.
- 1977, derrógase en España a censura previa cinematográfica.
- 1979, morre Eduardo Blanco Amor (n. 1897), escritor e xornalista galego.
- 1990, as dúas bocas do túnel baixo o Canal da Mancha quedan unidas ó atoparse os obreiros dunha e doutra sección. Francia e Inglaterra quedan unidas por terra.
- 2002, unhas 200.000 persoas maniféstanse en Compostela, convocadas polo movemento Nunca Máis (na imaxe), para esixir dignidade e dimisións pola incompetencia dos gobernos galego e español na catástrofe do Prestige.
Hoxe é o Día Mundial da Loita contra a SIDA.
2 de decembro (ver • editar)
- 1547, morre Hernán Cortés, conquistador de México.
- 1805, as tropas francesas de Napoleón derrotan as aliadas de Austria e Rusia en Austerlitz.
- 1814, morre o Marqués de Sade (na imaxe), escritor francés.
- 1915, Albert Einstein publica a teoría xeral da relatividade.
- 1923, nace Maria Callas, soprano grega, a máis famosa cantante de ópera do período de posguerra.
- 1931, Federico García Lorca presenta un modelo de teatro itinerante, A Barraca, para popularizar o teatro na España rural.
- 1971, a sonda Mars 3 é o primeiro vehículo que se pousa en Marte.
Hoxe é o Día Internacional para a Abolición da Escravitude.
3 de decembro (ver • editar)
- 1083, nace Ana Comnena, princesa bizantina e unha das primeiras mulleres historiadoras occidentais.
- 1800, aplícase, por primeira vez en España, a vacina contra a varíola (descuberta en 1796).
- 1894, morre Robert Louis Stevenson, novelista escocés (n. 1850).
- 1919, morre Pierre-Auguste Renoir (na imaxe), pintor impresionista francés (n. 1841).
- 1967, o cirurxián Christiaan Barnard realiza o primeiro transplante de corazón na universidade surafricana de Capetón. O paciente, Louis Washkansky, sobreviviu 18 días.
- 1984, en Bhopal, na India, un escape de gases tóxicos nunha planta de pesticidas da empresa Union Carbide causa a morte de miles de persoas.
- 1992, o petroleiro grego Aegean Sea naufraga fronte a Coruña provocando un vertido dunhas 80.000 toneladas de cru.
Hoxe é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e o Día Internacional do Éuscaro.
4 de decembro (ver • editar)
- 1679, morre Thomas Hobbes, filósofo inglés, teórico do absolutismo (n. 1588).
- 1711, nace Bárbara de Braganza, raíña consorte de España e infanta de Portugal.
- 1866, nace Wassily Kandinsky, pintor ruso, autor das primeiras obras abstractas (m. 1944).
- 1982, morre Louis Aragon, poeta e escritor francés que participou no dadaísmo e no surrealismo (n. 1897).
- 1993, morre Frank Zappa, músico e compositor estadounidense (n. 1940).
- 1993, primeira acción dos GAL (Grupos Antiterroristas de Liberación).
- 1996, lanzamento da Mars Pathfinder (na imaxe) coa misión de explorar Marte.
5 de decembro (ver • editar)
- 1791, morre Wolfgang Amadeus Mozart, compositor austríaco (n. 1756).
- 1926, morre Claude Monet (na imaxe), pintor impresionista francés (n. 1840).
- 1930, a Real Academia Española da Lingua acepta o feminino para os substantivos que designan profesións ou cargos.
- 1933, fin da Lei Seca nos Estados Unidos de América, instaurada 13 anos antes.
- 1963, o Concilio Vaticano II aproba a introdución das linguas modernas na liturxia por medio da Constitución Sacrosanctum Concilium.
- 1979, morre Sonia Delaunay, pintora deseñadora francesa, nada en Ucraína. (n. 1885).
- 1987, o cargueiro Cason, con 1.100 toneladas de produtos tóxicos, sofre un accidente nas costas de Fisterra.
Hoxe é o Día Internacional do Voluntariado e, en Tailandia, o Día do Pai.
6 de decembro (ver • editar)
- 1768, publícase a primeira edición da Enciclopedia Británica (na imaxe).
- 1904, o presidente Theodore Roosevelt declara que os Estados Unidos son o "xendarme de América latina".
- 1905, o senado francés aproba a separación entre a Igrexa e o Estado en resposta ás críticas do Papa Pío X.
- 1922, publícase a novela Ulises, de James Joyce (1882 - 1941).
- 1932, en Barcelona constitúese o Parlamento de Cataluña; Lluís Companys é elixido presidente.
- 1978, apróbase en referendo a Constitución española, co 87% dos votos a favor.
Hoxe é o Día da Constitución española en España e o Día da Independencia en Finlandia (1917).
7 de decembro (ver • editar)
- 43 a. C., é asasinado Cicerón (na imaxe), filósofo, escritor e político romano.
- 1493, Cristovo Colón funda a primeira cidade occidental no novo mundo e bautízaa como Isabela, hoxe Santo Domingo de Guzmán.
- 1873, nace Willa Cather, escritora estadounidense gañadora do Premio Pulitzer en 1923.
- 1888, John Boyd Dunlop, veterinario escocés (1840-1921) patenta o pneumático con cámara de aire.
- 1924, nace Mário Soares, presidente de Portugal entre 1986 e 1996.
- 1941, os xaponeses bombardean Pearl Harbor, o que obriga os estadounidenses a intervir na segunda guerra mundial.
- 1985, morre Robert Graves, escritor inglés.
Hoxe é o Día Internacional da Aviación Civil
8 de decembro (ver • editar)
- 65 a. C., nace o poeta Quinto Horacio Flaco.
- 1813, Ludwig van Beethoven estrea a Sétima Sinfonía.
- 1854, o Papa Pío IX proclama o dogma da Inmaculada Concepción, que afirma que a Virxe María naceu sen pecado orixinal.
- 1941, durante a Segunda Guerra Mundial, Estados Unidos declara a guerra a Xapón polo seu ataque a Pearl Harbour.
- 1978, morre Golda Meir (na imaxe), primeira muller en chegar a primeira ministra de Israel e cuarta do mundo en alcanzar ese cargo.
- 1980, Mark David Chapman asasina en Nova York ó Beatle John Lennon.
- 1991, os líderes de Rusia, Belarús e Ucraína deciden disolver a URSS e crear a Comunidade de Estados Independentes.
Hoxe é o Día da Inmaculada Concepción para os católicos.
9 de decembro (ver • editar)
- 1706, morre Pedro II de Bragança, rei de Portugal, alcumado O Pacífico.
- 1925, morre Pablo Iglesias (na imaxe), fundador do PSOE e da UGT (n. en Ferrol en 1850).
- 1931, apróbase nas Cortes a Constitución da Segunda República Española.
- 1936, son fusilados na Coruña os mártires de Brens.
- 1985, na Arxentina dítase sentenza condenatoria no Xuízo ás Xuntas Militares.
- 1989, morre Dolores Ibárruri "A Pasionaria", dirixente do PCE, nada en 1895.
Hoxe é o Día da Independencia en Tanzania (1961).
10 de decembro (ver • editar)
- 1815, nace Ada Lovelace (na imaxe), matemática e escritora británica coñecida principalmente por ser a primeira programadora do mundo.
- 1844, Horace Wells descobre as propiedades anestésicas do óxido nitroso.
- 1896, morre Alfred Bernard Nobel, químico sueco, fundador da institución que leva o seu nome (n. 1833).
- 1901, entrégase o Premio Nobel por vez primeira.
- 1948, a ONU proclama a Declaración Universal dos Dereitos Humanos na súa sede en Nova York.
- 1954, Ernest Hemingway obtén o Premio Nobel de Literatura.
- 1989, Camilo José Cela obtén o Premio Nobel de Literatura.
Hoxe é o Día da Constitución en Tailandia (1932) e o Día Internacional dos Dereitos Humanos.
11 de decembro (ver • editar)
- 1927, comeza o alzamento de Guangzhou en Guangzhou, China.
- 1941, durante a segunda guerra mundial, Alemaña e Italia declaran a guerra ós Estados Unidos.
- 1946, as Nacións Unidas crean UNICEF.
- 1958, o Alto Volta obtén de Francia o autogoberno.
- 1981, 900 persoas son asasinadas no Salvador durante o masacre de El Mozote.
- 1999, o concello de Pontevedra recoñece a Alexandre Bóveda (na imaxe) coa Medalla de Ouro da Cidade e a distinción de Fillo Adoptivo.
Hoxe é o Día da República en Burkina Faso (1958) e o Día do Tango na Arxentina.
12 de decembro (ver • editar)
- 1915, Yuan Shikai, presidente da República de China, reinstaura a monarquía e autoproclámase Emperador de China.
- 1925, Reza Pahlavi convértese en xa de Irán.
- 1939, durante a Guerra de Inverno (na imaxe), Finlandia derrota á Unión Soviética na Batalla de Tolvajärvi.
- 1941, durante a Segunda Guerra Mundial, Hungría e Romanía declaran a guerra a Estados Unidos e a India declara a guerra a Xapón.
- 1979, Rodesia cambia o seu nome polo de Cimbabue.
- 2007, o Parlamento Europeo proclama e asina a Carta de Dereitos Fundamentais, unha das principais innovacións do Tratado de Lisboa.
Hoxe é o Día da Independencia en Kenya (1963).
13 de decembro (ver • editar)
- 1545, comeza o Concilio de Trento en Trento, Italia.
- 1937, durante a Segunda Guerra Chinesa-Xaponesa remata a Batalla de Nanjing coa vitoria das tropas xaponesas, dando comezo o Masacre de Nanjing.
- 1959, Makarios III, arcebispo da Igrexa Ortodoxa Chipriota, convértese no primeiro presidente de Chipre.
- 1981, o xeneral Wojciech Jaruzelski declara a lei marcial en Polonia para impedir que Solidaridade desmantele o sistema socialista.
- 1996, Kofi Annan é elixido Secretario Xeral das Nacións Unidas.
- 2003, Saddam Hussein (na imaxe), ex-presidente de Iraq, é capturado preto de Tikrit polas tropas estadounidenses.
Hoxe é o Día da República en Malta (1974).
14 de decembro (ver • editar)
- 1542, María Estuardo é nomeada raíña de Escocia.
- 1799, morre George Washington, primeiro presidente de Estados Unidos
- 1911, Roald Amundsen (na imaxe) e o seu equipo son as primeiras persoas en chegar ó Polo Sur.
- 1939, a URSS é expulsada da Liga de Nacións.
- 1955, España e outros 14 países máis ingresan na ONU.
- 1981, Israel anexiónase os Altos do Golán trala guerra dos seis días.
- 1995, asínanse en París os Acordos de Dayton para rematar coas guerras en Iugoslavia.
15 de decembro (ver • editar)
- 1852, J. R. Hind descubre o satélite Talía.
- 1916, na primeira guerra mundial Francia vence na Batalla de Verdún.
- 1937, comezo da Batalla de Teruel na Guerra Civil Española.
- 1976, en España celébrase o referendo para a reforma política.
- 1994, versión 1.0 do navegador web Netscape Navigator.
- 2003, coa inauguración do tramo a Ferrol remata a construción da autoestrada AP-9 (na imaxe), despois de 30 anos.
16 de decembro (ver • editar)
- 1485, nace Catarina de Aragón (na imaxe), primeira muller de Henrique VIII de Inglaterra.
- 1902, nace o poeta español Rafael Alberti.
- 1917, nace Arthur C. Clarke, escritor inglés, autor de 2001, unha odisea do espazo, novela na que se baseou Stanley Kubrick para filmar a película homónima.
- 1928, nace Philip K. Dick, novelista estadounidense (m. 1982).
- 1965, morre William Somerset Maugham, escritor británico (n. 25 de xaneiro de 1874).
- 1990, Jean-Bertrand Aristide é elixido presidente de Haití despois de 30 anos de ditadura.
- 2003, en Barcelona o parlamento catalán elixe a Pasqual Maragall presidente da Generalitat de Cataluña.
Hoxe é o Día Nacional en Bahrain (1971), o Día da Vitoria en Bangladesh (1971) e o Día da Independencia en Kazakhstán (1991).
17 de decembro (ver • editar)
- 1483, é executado en Mondoñedo o mariscal Pedro Pardo de Cela.
- 1770, nace Johann Wolfgang von Goethe (na imaxe), escritor alemán.
- 1903, en Kitty Hawk, Carolina do Norte (Estados Unidos), Orville Wright efectúa o primeiro voo controlado dun avión autopropulsado, o Flyer I, construído xunto co seu irmán Wilbur.
- 1987, morre Marguerite Yourcenar, escritora, primeira muller membro da Academia francesa.
- 1989, celébranse as terceiras eleccións ao Parlamento de Galicia.
- 2001, chegada da terceira expedición á Estación Espacial Internacional.
Hoxe é o Día Nacional en Bután (1907) e o Día da Edición, que conmemora o nacemento de Ánxel Casal.
18 de decembro (ver • editar)
- 1865, a escravitude (na imaxe) é abolida nos Estados Unidos de América.
- 1917, Vicente Risco pronuncia o seu primeiro discurso en galego, nun acto de apoio a Francesc Cambó.
- 1945, Uruguai convértese en estado membro da ONU.
- 1987, publícase Perl, linguaxe de programación deseñada por Larry Wall.
- 1997, sae á luz a versión 4.0 de HTML froito dos traballos do World Wide Web Consortium.
- 1999, morre Robert Bresson, cineasta francés, director de Pickpocket (1959) e L'Argent (1983).
Hoxe é o Día da República en Níxer (1958).
19 de decembro (ver • editar)
- 1808, remata a ocupación británica en Macau, que fora iniciada o 21 de setembro deste mesmo ano.
- 1915, morre Alois Alzheimer (na imaxe), neurólogo alemán que descubriu a enfermidade que leva o seu nome (n. 1864).
- 1944, publícase por primeira vez o xornal Le Monde en Francia.
- 1946, ten lugar a batalla de Cambedo, entre forzas hispano-lusas e guerrilleiros antifranquistas.
- 1963, Zanzíbar obtén a súa independencia como monarquía constitucional; o 26 de abril de 1964, logo do derrocamento do sultán, uniuse con Tanganika para formar o novo estado de Tanzania.
- 1972, o Apollo 17 regresa á Terra; a súa cápsula cae ó Pacífico ás 2:25 PM, non moi lonxe de Samoa, a 6,4 quilómetros do punto previsto.
20 de decembro (ver • editar)
- 1582, comeza a utilizarse o calendario gregoriano en Francia.
- 1852, nace Eugenia Osterberger, compositora galega do romanticismo.
- 1907, estréase o Himno galego na Habana
- 1959, as Nacións Unidas subscriben a Convención sobre os Dereitos Políticos da Muller.
- 1975, os últimos soldados españois abandonan o Sáhara Occidental tras a ocupación marroquí.
- 1989, EUA invade Panamá.
- 1999, remata a administración portuguesa en Macau (imaxe da bandeira).
21 de decembro (ver • editar)
- 1375, morre Giovanni Boccaccio (na imaxe), escritor e humanista italiano (n. 1313).
- 1471, os portugueses descobren a illa de San Tomé.
- 1898, Marie e Pierre Curie descobren o radio.
- 1940, sae á venda o primeiro número do Capitán América, personaxe de cómic creado en setembro de 1940 por Joe Simon, Jack Kirby e Martin Goodman para a revista Timely.
- 1937, estréase Brancaneves e os sete ananiños o primeiro filme de animación producido por Walt Disney Pictures.
- 2002, morre José Hierro, poeta español.
Hoxe é o solsticio de inverno no hemisferio norte e o solsticio de verán no hemisferio sur.
22 de decembro (ver • editar)
- 1849, a execución de Fiódor Dostoievski é cancelada no último segundo.
- 1876, nace en Prudencia Grifell, actriz e cómica mexicana de ascendencia galega.
- 1885, o samurai Ito Hirobumi convértese no primeiro Primeiro Ministro do Xapón.
- 1911, nace en Mondoñedo o escritor Álvaro Cunqueiro.
- 1938, Otto Hahn (na imaxe), do Instituto Kaiser de Berlín, e mailo seu equipo acadan a primeira fisión nuclear da historia.
- 1944, fúndase o Exército Popular Vietnamita para loitar contra a ocupación xaponesa.
- 1989, durante a Revolución Romanesa, Ion Iliescu proclámase presidente de Romanía rematando coa ditadura comunista de Nicolae Ceaușescu.
23 de decembro (ver • editar)
- 1881, nace Juan Ramón Jiménez (na imaxe), poeta español, Premio Nobel de Literatura en 1956.
- 1888, Van Gogh corta o lóbulo da súa orella esquerda.
- 1909, Alberte I sobe ó trono de Bélxica.
- 1954, os doutores Joseph Murray e J. Hartwell Harrison realizan con éxito o primeiro transplante de órganos entre humanos.
- 1976, o goberno das Filipinas e a Fronte Islámica de Liberación Moura firman un tratado de paz en Trípole, Libia.
- 1990, a República de Eslovenia vota a favor da secesión da República Federal Socialista de Iugoslavia.
24 de decembro (ver • editar)
- 1865, varios veteranos confederados da Guerra Civil Americana constitúen o Ku Klux Klan.
- 1906, primeira emisión de radio, que consistiu na lectura dun poema, un solo de violín e unha alocución.
- 1914, comeza a "Tregua de Nadal" durante a Primeira Guerra Mundial.
- 1968, a tripulación do Apollo 8 entra en órbita ao redor da Lúa (na imaxe), os primeiros humanos en logralo.
- 1979, a Unión Soviética invade o Afganistán en apoio do seu goberno.
- 2001, Sharon impide a Arafat a súa habitual asistencia á Misa do Galo en Belén.
Hoxe é Noiteboa.
25 de decembro (ver • editar)
- 1, nace Xesús de Nazaret en Belén, segundo a tradición cristiá.
- 1599, fúndase a cidade de Natal, capital de Río Grande do Norte, Brasil.
- 1642, nace Isaac Newton, físico e matemático inglés (m.1727).
- 1899, nace Humphrey Bogart, actor (m. 1957).
- 1977, morre Charlie Chaplin, actor (na imaxe).
- 1991, dimite Mikhail Gorbachev e desaparece a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.
Hoxe é Nadal.
26 de decembro (ver • editar)
- 1711, nace Xulia Clary, raíña consorte de España e muller de Xosé I de España.
- 1791, nace Charles Babbage, inventor dunha das primeiras calculadoras.
- 1898, Marie Curie anuncia o descubrimento dun novo elemento químico: o radio.
- 1977, morre Howard Hawks, director de cine nado en 1896.
- 1985, asasinan a Dian Fossey, investigadora da vida dos primates e defensora dos gorilas (na imaxe) e o seu hábitat.
- 1991, disólvese a Unión Soviética.
- 2004, un terremoto no Océano Índico provoca un tsunami que se converte nun dos máis mortíferos da historia moderna, matando entre 240.000 e 300.000 persoas.
27 de decembro (ver • editar)
- 1571, nace Johannes Kepler, astrónomo (m.1630).
- 1822, nace Louis Pasteur, científico francés (m. 1895).
- 1831, Charles Darwin embarca no HMS Beagle (na imaxe) nunha viaxe que duraría cinco anos, na que recalou nas illas Galápagos e que o levou a formular a Teoría da evolución.
- 1925, nace Michel Piccoli, actor francés.
- 1948, nace Gérard Depardieu, actor francés.
- 1978, España recupera a democracia despois de 40 anos de ditadura.
28 de decembro (ver • editar)
- 1065, fúndase en Londres a abadía de Westminster.
- 1394, morre María Anxelina Ducaina Paleóloga, quen se proclamou basilisa de Epiro desde 1384 ata 1385.
- 1836, España recoñece a independencia de México.
- 1895, os irmáns Lumière exhiben unha película ao público por vez primeira.
- 1978, publícase no BOE a actual Constitución Española (na imaxe).
- 1993, O Banco de España intervén o Banesto, dirixido por Mario Conde.
- 2002, morre Manfred Gnädinger, "o alemán de Camelle".
Hoxe é o Día da Proclamación en Australia do Sur (1836) e o Día dos Santos Inocentes en España e Iberoamérica.
29 de decembro (ver • editar)
- 418, San Bonifacio I é elixido Papa.
- 1170, Thomas Becket (na imaxe), arcebispo de Canterbury, é asasinado por catro cabaleiros por orde de Henrique II de Inglaterra.
- 1788, nace Tomás de Zumalacárregui, xeneral na Primeira Guerra Carlista.
- 1845, os Estados Unidos anexionan o estado mexicano de Texas.
- 1891, Thomas Alva Edison patenta a radio.
- 1997, Hong Kong comeza a matar todos os polos da illa para evitar a propagación da gripe aviaria.
30 de decembro (ver • editar)
- 1885, María Cristina de Habsburgo-Lorena (na imaxe), xura como rexente a Constitución española de 1876.
- 1922, constitúese a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.
- 1953, véndese a primeira televisión en cor nos Estados Unidos.
- 1993, Israel e o Vaticano establecen relacións diplomáticas por vez primeira.
- 2000, a sonda Cassini-Huygens fai a maior aproximación ao planeta Xúpiter.
- 2004, morre Agustín Sixto Seco, médico e intelectual galeguista.
Hoxe é o Día de José Rizal en Filipinas.
31 de decembro (ver • editar)
- 1617, nace Bartolomé Esteban Murillo (na imaxe), pintor español (m. 1682).
- 1869, nace Henri Matisse, pintor francés (m. 1954).
- 1936, morre Miguel de Unamuno, escritor e filósofo español.
- 1937, nace Anthony Hopkins, actor de cine norteamericano.
- 2001, a peseta española e outras moedas europeas deixan de cotizar e son substituídas polo euro.
Hoxe é Noitevella.