Arthur C. Clarke

escritor de ciencia ficción británico

Sir Arthur Charles Clarke, máis coñecido como Arthur C. Clarke, nado en Minehead, (Somerset) o 16 de decembro de 1917 e finado en Colombo o 19 de marzo de 2008, foi un escritor e inventor británico. Autor de obras de divulgación e ficción científica, como The Sentinel ou 2001: A Space Odyssey.

Arthur C. Clarke
Clarke cropped.jpg
Nome completoArthur Charles Clarke
AlcumeCharles Willis e E.G. O'Brien
Nacemento16 de decembro de 1917 (105 anos)
 Minehead, Somerset, Inglaterra Inglaterra
Falecemento19 de marzo de 2008 (90 anos)
 Colombo, Flag of Sri Lanka.svg Sri Lanka
CausaInsuficiencia cardíaca
SoterradoBorella Kanattha General Cemetery
NacionalidadeReino Unido
EtniaPobo inglés
RelixiónAgnosticismo
Alma máterKing's College de Londres e Richard Huish College, Taunton
Ocupacióninventor, guionista, enxeñeiro, novelista, escritor de ciencia ficción, explorador, escritor e físico
CónxuxeMarilyn Mayfield (1953–1964)
XénerosCiencia ficción
Coñecido/a porCita con Rama, The Fountains of Paradise e 2001: A Space Odyssey
PremiosComandante da Orde do Imperio Británico, Prêmio Nebula de Melhor Romance, Medalha Stuart Ballantine, Prêmio Kalinga, Premio Marconi, Damon Knight Memorial Grand Master Award, Prêmio Nebula de Melhor Romance, Premio Hugo á mellor novela, Premio Hugo á mellor novela, Knight Bachelor, Science Fiction and Fantasy Hall of Fame, Theodore von Kármán Award, Geffen Award, Sri Lankabhimanya, Premio Hugo ó mellor relato curto, Premio Hugo á mellor presentación dramática, International Fantasy Award e Retro Hugo Award for Best Short Story
Na rede
http://arthurcclarke.org e https://www.clarkefoundation.org
IMDB: nm0002009 Bitraga: 3904 Dialnet: 1954892 Musicbrainz: 0dba1485-2e95-42e7-a7cd-2b473095001c Discogs: 767150 WikiTree: Clarke-5054 Find a Grave: 25361500 Editar o valor em Wikidata
Сэр Артур Кларк (автограф).png
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Xa de pequeno mostrou o seu fascinación pola astronomía, cun telescopio caseiro debuxou un mapa da lúa. Terminados os seus estudos secundarios en 1936, trasládase a Londres. Durante a segunda guerra mundial, serviu na Royal Air Force (Forza Aérea Real) como especialista en radares, involucrándose no desenvolvemento dun sistema de defensa por radar, e exercendo como instrutor da nacente especialidade. Concluída a guerra, publica o seu artigo técnico Extra-terrestrial Relays, no cal senta as bases dos satélites artificiais en órbita xeoestacionaria (chamada, no seu honor, órbita Clarke), unha das súas grandes contribucións á ciencia do século XX. Este traballo valeralle numerosos premios, bolsas e recoñecementos.

Nese período estuda matemáticas e física no prestixioso King's College de Londres, estudos que finalizou con honores. Tamén exerceu varios anos como presidente da Sociedade Interplanetaria Británica (BIS), feito que demostra a súa grande afección pola astronaútica.

A súa sona mundial consolidouse coas súas intervencións na televisión: na década dos 60, como comentarista da CBS das misións Apolo; e na década dos 80, grazas a un par de series de televisión que realizou.

Tamén son coñecidas as súas famosas leis de Clarke, publicadas no seu libro de divulgación científica Perfís do Futuro (1962). A máis popular (e citada) delas é a chamada "Terceira Lei de Clarke": Toda tecnoloxía dabondo avanzada é indistinguible da maxia.

Desde 1956 viviu na illa de Sri Lanka (antiga Ceilán), polo seu interese pola fotografía e a exploración submarina.

Tamén no seu honor prestou o seu nome a un asteroide, 4923 e unha especie de dinosauro Ceratopsian, o Serendipaceratops arthurcclarkei descuberto en Inverloch, Australia.

Clarke e a ficción científicaEditar

Comezou a escribir ficción científica ao finalizar a guerra. O primeiro conto publicado foi Partida de Rescate, que apareceu no o número de maio de 1946 de Astounding e que lle serviu como punto de partida dunha frutífera carreira. Entre os seus primeiros relatos destaca O sentinela (The Sentinel), que serviu de base para a súa novela 2001: Unha odisea do espazo (1968) e para a película do mesmo nome do director Stanley Kubrick.

Pódense diferenciar claramente tres etapas na súa produción:

EstiloEditar

Moitos dos seus relatos iniciais xiran ao redor dunha trama científica, á que gustaba de adornar cun final sorprendente. Resolve a maioría das súas obras cun ton xeralmente aséptico, sen floreos nin artificios, deixando que sexan as ideas encerradas as que manteñan a atención do lector. Este estilo só se rompe para permitir certo grao de fino humor elaborado.

En canto aos seus temas, xiran en torno a dúas ideas fundamentais: optimismo polos beneficios do progreso científico (polo que destacou nunha época de certo desalento tralo lanzamento das bombas atómicas), e o encontro con especies e culturas superiores (sempre nun ton moi paternalista).

Como divulgador científico, foi sempre comparado (e equiparado) pola súa claridade e amenidade con outro coetáneo: Isaac Asimov.

Bibliografía[1]Editar

NovelaEditar

RelatosEditar

Non ficciónEditar

PremiosEditar

NotasEditar

  1. Trátase unicamente dunha escolma, e polo tanto a listaxe é incompleta.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar