Cita con Rama

novela de Arthur C. Clarke

Cita con Rama[1] é unha novela de ciencia ficción escrita por Arthur C. Clarke en 1972 co título de Rendez-vous with Rama. É unha das obras máis premiadas do xénero pois, entre outros, recibiu en 1973 o premio Nébula e en 1974 o Hugo, Locus e o John W. Campbell Memorial. Polo rigor científico logrado por Clarke, esta novela considérase un dos mellores exemplos da ciencia ficción dura. Posteriormente, coa axuda do seu habitual colaborador Gentry Lee, o autor continuou a trama nunha serie de novelas, sendo en total catro.

Cita con Rama
Título orixinalRendezvous with Rama
Autor/aArthur C. Clarke
CubertaBruce Pennington
OrixeReino Unido
LinguaInglés
ColecciónNarrativa
Xénero(s)Ciencia ficción
Editorial Gollancz
GaliciaHugin e Munin
Data de pub. Xuño de 1973
Galicia 2012
Páxinas 256
Galicia 296
ISBN 0-575-01587-X
Galicia 9788493964726
Seguido porRama II
TraduciónAlejandro Tobar
editar datos en Wikidata ]

Foi traducida ao galego por Alejandro Tobar,[2] e publicada pola Editorial Hugin e Munin en 2012.[1]

Tralo impacto dun meteorito no norte da Península Itálica no ano 2077, instalouse no planeta Terra un sistema de vixilancia espacial para previr sucesos similares. No ano 2131 detéctase un peculiar corpo que parece vir de fóra do sistema solar e que cruza a gran velocidade con rumbo rectilíneo, para atravesalo. Cando se atopa máis preto, e despois de recibir o nome de Rama en honra ao deus hindú homónimo, descóbrese que é perfectamente cilíndrico e que ten un movemento de rotación moi rápido. Estas dúas características, levan á obvia conclusión de que a súa creación se debe a unha raza alieníxena, e un comité de experto conclúe interceptalo.

Envíase alí unha das naves dispoñíbeis xa en viaxe polo sistema solar, a máis próxima, en misión de exploración, e como embaixadores nun hipotético contacto. Unha vez alí, a nave sitúase sobre a base do cilindro e a tripulación acaba entrando por unha fenda que dá ao interior de Rama, a cal está oca e en absoluta escuridade. Con potentes focos, conseguen explorar o interior onde dan co que parecen edificios sen portas nin xanelas. A fría e durmida nave Rama empeza a espertar. A partir deste punto, a tripulación comeza unha serie de pescudas que o lector pode interpretar como mera lectura de entretemento ou dende un punto de vista máis filosófica e mesmo científico.

Finalmente, Rama, sen prestar maior atención á especie humana, acaba de cruzar o sistema solar e diríxese cara a novas dimensións estelares.

Secuelas

editar

As obras que completan a tetraloxía[3] que abre Rendezvous with Rama son Rama II (1989), The Garden of Rama (1991) e Rama revealed (1993).

  1. 1,0 1,1 Cita con Rama. Traducido por Alejandro Tobar (1ª ed.). Santiago de Compostela: Editorial Hugin e Munin. 2012. ISBN 978-84-939647-2-6 – vía Biblioteca da Tradución Galega. 
  2. Editorial Hugin e Munin (ed.). "Catálogo da Editorial Hugin e Munin (actualizado o 1 de xaneiro de 2019)" (PDF). p. 6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de abril de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 
  3. Non é tanto unha tetraloxía como unha sucesión de libros independentes con Rama como protagonista. Non obstante, ao final desta obra Arthur C. Clarke deixa entrever que haberá segundas partes ao dicir un dos personaxes, o doutor Carlisle Perera: The Ramans do everything in threes. (Os ramanos fano todo por triplicado).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar