Ku Klux Klan (tamén coñecido como KKK) é o nome de varias organizacións racistas dos Estados Unidos que apoian a supremacía branca e o protestantismo (coñecido tamén como WASP) en detrimento doutras etnias e relixións. O KKK, no seu período máis forte, localizouse principalmente na rexión sur de tal país, en estados como Texas e Mississippi.

KKK

Marcha de integrantes da KKK en Washington, D.C. en 1928
Organización xenófoba, homófoba, racista, antisemita, anticomunista, anticatólica e terrorista de extrema dereita estadounidense
CreaciónSéculo XIX, despois da Guerra de Secesión
Área de operaciónsEstados Unidos de América Estados Unidos
IdeoloxíaExtrema dereita
StatusActiva

O primeiro Ku Klux Klan foi fundado por uns 60 amigos da cidade de Pulaski, Tennessee, en 1865 despois do final da Guerra Civil americana. O seu obxectivo era impedir a integración social dos negros acabados de liberar, como por exemplo adquirir terras, e outros dereitos concedidos aos demais cidadáns, como votar. O nome, cuxo rexistro máis antigo é de 1867, parece derivar da palabra grega kyklos, que significa 'círculo, anel', e da palabra inglesa clan (clan) escrita con K. Debido aos métodos violentos do KKK, existe tamén a hipótese de que o nome se inspirou no son feito cando se arranxa un rifle para disparar.

En 1872 o grupo foi recoñecido como unha entidade terrorista e foi proscrita nos Estados Unidos.

O segundo grupo que utilizou o mesmo nome fundouse en 1915 (algúns relaciónano co lanzamento do filme O Nacemento dunha Nación, naquel mesmo ano) en Atlanta por William J. Simmons. Este grupo creouse como unha organización fraternal e loitou polo dominio dos brancos protestantes sobre os negros, católicos, xudeus e asiáticos, así como outros inmigrantes. Este grupo ficou famoso polos linchamentos e outras actividades violentas contra os seus "inimigos". Crese que chegou a ter uns 4 millóns de membros na década de 1920, incluíndo moitos políticos. A popularidade do grupo caeu durante a Gran Depresión e durante a segunda guerra mundial.

Decadencia

editar

A perda de respectabilidade do Ku Klux Klan, unida a divisións internas, levou á deshonra do seus adeptos, a pesar de que a organización continuou a realizar expedicións punitivas, desempeñando por exemplo o papel de supervisora dunha asociación de patróns contra os sindicalistas, cuxa cota estaba en alta despois da crise de 1929.

Nos anos 1930, o nazismo exerceu unha certa atracción sobre o Ku Klux Klan. Non pasou diso, porén. A aproximación aos xermanistas foi bruscamente cortada na segunda guerra mundial, despois do ataque xaponés á base americana de Pearl Harbor, cando moitos membros se alistaron no exército para loitar contra o "perigo amarelo". Só faltaba o tiro de misericordia ao imperio invisíbel. En 1944, o servizo de contribucións directas cobrou unha débeda do Klan, pendente desde 1920. Incapaz de honrar o compromiso, a organización morreu por segunda vez.

A pesar de diversas tentativas de resurrección (nun ámbito máis local que nacional), o Ku Klux Klan non obtivo máis o éxito de antes da guerra. As mentalidades evolucionaran. A ameaza de crise estaba a partir de entón descartada, unha vez que o soldado negro mostrara que era capaz de derramar tanto sangue canto o branco. Finalmente, o "traidor" Stetson Kennedy contribuíu para desmitificar a organización, liberando todos os seus segredos no libro Eu fixen parte do Ku Klux Klan. Algúns klanistas aínda insistiron e suscitaron, temporalmente, un novo interese entre algúns WASP (sigla en inglés para protestantes brancos anglosaxóns)que se sentían frustrados ao non conformar xa a maioría da poboación americana.

Nos anos 1950, a promulgación da lei contra a segregación nas escolas públicas espertou novamente algunhas paixóns, e volvéronse a acender cruces. Seguiron batallas, casas dinamitadas e novos crimes (29 mortos de 1956 a 1963, entre eles 11 brancos, durante protestos raciais). Os klanistas tentaron reciclarse no anticomunismo, combatendo os indios ou atenuando o seu anti-catolicismo fanático.

Mais nada produciu grande efecto e o declive do Klan xa comezara desde o fin dos anos 1960, época en que só contaba con algunhas decenas de millares de membros. Despois, podíase tentar distinguir os Imperial Klans of America dos Knights of the Ku Klux Klan, ou aínda dos Knights of the White Camelia, algúns dos varios nomes das tentativas de rexurdimento. Mais os klanistas xa non eran unha organización de masa. A pesar das proclamacións estrondosas e de provocacións episódicas, os "Klans" xa non reunían máis que algúns millares de membros, comparábeis así con outros grupellos neonazis cos cales ás veces mantiñan relacións.

Hoxe o Ku Klux Klan parece contar cunhas 3 mil persoas en todos os antigos estados confederados, aínda que obviamente non todos os simpatizantes estean apuntados na organización.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
En español
  • Chalmers, David M. Ku Klux Klan. Los americanos encapuchados 1865-1965. Barcelona, Grijalbo, 1965.
  • Kennedy, Stetson. Ku Klux Klan. La persecución racial en los EEUU. Buenos Aires, Freeland, 1955.
  • Randell, William Pierce. El Ku Klux Klan. Un siglo de infamia. Barcelona, Bruguera, 1965
En inglés
  • Axelrod, Alan. The International Encyclopedia of Secret Societies & Fraternal Orders, Checkmark books, Nova York, 1998. ISBN 0-8160-3871-6.
  • Blee, Kathleen. Women of the Klan, University of California Press, 1992. ISBN 0-520-07876-4
  • Dray, Philip. At the Hands of Persons Unknown: The Lynching of Black America, Modern Library, Nova York, 2003. ISBN 0-375-75445-8.
  • Feldman, Glenn. Politics, Society, and the Klan in Alabama, 1915-1949. University of Alabama Press, Tuscaloosa, Alabama, 1999. ISBN 0-8173-0984-5.
  • Hamby, Alonzo L. Man of the People: A Life of Harry S. Truman, Oxford University Press, Nova York, 1998. ISBN 0-19-512497-9.
  • Horn, Stanley F. Invisible Empire: The Story of the Ku Klux Klan, 1866-1871, Patterson Smith Publishing Corporation: Montclair, Nueva Jersey, 1969. ISBN 0-87585-081-2.
  • Ingalls, Robert P. Hoods: The Story of the Ku Klux Klan, Putman publishing group, Nova York, 1979. ISBN 0-399-20658-2.
  • Moore, Leonard J. Citizen Klansmen: The Ku Klux Klan in Indiana, 1921-1928 Chapel Hill: U. of North Carolina Press, 1997. ISBN 0-8078-4627-9
  • Newton, Michael, and Judy Ann Newton. The Ku Klux Klan: An Encyclopedia. Taylor & Francis, Nova York, 1991. ISBN 0-8240-2038-3.
  • Rhodes, James Ford. History of the United States from the Compromise of 1850 to the McKinley-Bryan Campaign of 1896. Volume: 7. (1920) ASIN B00085CM7Q.
Gañador do Premio Pulitzer.
  • Rogers, William; Ward, Robert; Atkins, Leah; y Flynt, Wayne. Alabama: The History of a Deep South State. University of Alabama Press, Tuscaloosa, 1994. ISBN 0-8173-0714-1.
  • Thompson, Jerry. My Life in the Klan, Rutledge Hill Press, Nashville. Publicado originalmente en 1982 por G.P. Putnam's Sons, ISBN 0-399-12695-3.
  • Trelease, Allen W. White Terror: The Ku Klux Klan Conspiracy and Southern Reconstruction (Louisiana State University Press: 1995). ISBN 0-313-21168-X
  • Wade, Wyn Craig. The Fiery Cross: The Ku Klux Klan in America. Oxford University Press, 1998. ISBN 0-19-512357-3

Ligazóns externas

editar