Mars Pathfinder

Sonda espacial dos Estados Unidos enviada a Marte.

Mars Pathfinder, coñecida previamente como MESUR Pathfinder (por Mars Environmental Survey Pathfinder) foi unha sonda espacial da NASA lanzada o 4 de decembro de 1996 mediante un foguete Delta 7925 desde o centro espacial de Cabo Cañaveral para estudar Marte e demostrar novas tecnoloxías para a exploración do planeta.[1][2][3]

Mars Pathfinder
Mars Pathfinder antes do lanzamento, dentro do aeroescudo.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualFóra de servizo na superficie marciana.[1][2][3]
Data de lanzamento4 de decembro de 1996, 6:58 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorDelta 7925[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro espacial de Cabo Cañaveral, rampla 17B[1][2]
Obxectivo da misiónEstudo de Marte, demostrador tecnolóxico.[1][2]
NSSDC ID1996-068A
Masa463,0 kg[1]
Potencia35,0 W[1]

Desenvolvemento da misión editar

Mars Pathfinder foi lanzada o 4 de decembro de 1996 ás 6:58:00 UTC, chegando a Marte, exectando a etapa de cruceiro 30 minutos antes da entrada atmosférica e entrando na atmosfera, o 4 de xullo de 1997 a uns 7300 m/s, frenándose ata os 400 m/s en 160 segundos grazas ó seu aeroescudo e despregando o paracaídas de 12,5 m de diámetro xusto nese momento, freando a nave ata os 70 m/s. O aeroescudo foi soltado aos 20 segundos de ser despregado o paracaídas, coa nave liberando un cable de kevlar de 20 metros de lonxitude baixo ela. Uns 25 segundos despois a nave separouse do cobertor traseiro, unido ó paracaídas, e deslizouse polo cable ata o seu extremo. A unha altura de 1,6 km o radar altímetro detectou o solo e uns 10 segundos antes de aterrar os catro airbags que debían protexer a nave infláronse en 0,3 segundos, formando unha bola protectora de 5,2 metros de diámetro. Catro segundos máis tarde, e a unha altura de 98 m, tres foguetes sólidos situados no cobertor traseiro acendéronse para ralentizar o descenso e uns dous segundos despois o cable foi cortado, a unha altura de 21,5 metros sobre a superficie: a nave, rodeada polos airbgas, tardou 3,8 segundos en chegar á superficie, ás 16:56:55 UTC, a unha velocidade de 14 m/s en vertical e 12 m/s en horizontal, rebotando inicialmente ata unha altura de 12 metros e rebotando outras 15 veces a alturas menores ata deterse uns 2,5 minutos despois do primeiro impacto e a 1 km de distancia. Tras aterrar, os airbgas desinfláronse e retraéronse, descubrindo a nave, de forma tetrahédrica, que abreu tres dos seus pétalos para expoñer o seu contido, consistente no róver Sojourner e a estación máis tarde bautizada como Estación Memorial Carl Sagan. O primeiro sinal da nave, con datos de enxeñería e das medicións atmosféricas tomadas durante o descenso, recibíronse na Terra ás 18:34 UTC. A estación púxose a fotografar o seu contorno e despregou as ramplas polas que debía descender o róver, que baixo á superficie o 6 de xullo ás 5:40 UTC.[1][2][3]

Mars Pathfinder descendeu en Ares Vallis, unha rexión de Marte que foi noutros tempos unha canle de escoamento natural. A estación e o róver funcionaron ata o 27 de setembro de 1997, en que cesaron as comunicacións coa sonda.[1]

Notas editar

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 NASA (1 de xullo de 2013). "Mars Pathfinder" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2011). "Mars Pathfinder" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "Mars Pathfinder (MPF, Discovery 1)" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2013. 
  4. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "MARS PATHFINDER" (en inglés). Consultado o 14 de agosto de 2013. 
  5. "Note verbale dated 30 June 1997 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (97-25680). 31 de xullo de 1997: 2. Consultado o 14 de agosto de 2013. 
  6. Claude Lafleur (2010). "Mars Pathfinder" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 14 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar