A Misa do Galo é o nome dado nos países católicos á misa celebrada despois da cea de Noiteboa que comeza arredor das doce da noite do día 24 para o 25 de decembro.

Orixe editar

Parece estar relacionado co canto do galo que anuncia o día, simbolizando que nesa noite chega a luz que vence o príncipe das tebras, é dicir, o demo. Tamén hai unha lenda cristiá segundo a cal, na noite do 24 de decembro, un galo tería cantado e por ende anunciado a chegada do Mesías.

O Papa Sisto III introduciu no século IV a celebración en Nadal dunha vixilia nocturna, tras canta-lo galo, é dicir, a partir da medianoite, nun pequeno oratorio chamado ad praesepium, ante o presebe, situado tralo altar maior da Basílica de Santa María a Maior de Roma. Desa expresión temporal xorde o nome de Misa do galo á que se celebraba nese momento.

Dentro da celebración festiva desta data, inclúense bromas entre os fieis que asisten á misa, como cose-las saias de dúas mulleres que senten xuntas ou botar tinta na pía da auga bendita.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar