Captain America
Captain America (en galego, Capitán América) é un personaxe de cómic creado en setembro de 1940 por Joe Simon, Jack Kirby e Martin Goodman para a revista Timely. Sendo os tres xudeus, pensaron na creación dun superheroe que combatese a Adolf Hitler no bando dos aliados (os EUA aínda non entraran na contenda).
Capitán América | |
---|---|
Estatua do Capitán América | |
Información editorial | |
Editorial | Marvel Comics |
Primeira aparición | Captain America Comics #1 (marzo de 1940)[1] |
Creadores | Joe Simon, Jack Kirby |
Biografía ficticia | |
Nome completo | Steven Grant Rogers |
Orixe | Nova York |
Equipos | Avengers, Invaders, All-Winners Squad, Secret Defenders, S.H.I.E.L.D. |
Compañeiros | Bucky Falcon Nomad<Rick Jones Free Spirit Jack Flag Demolition Man Sharon Carter |
Outros alias | Nomad |
Habilidades e poderes | Non ten poderes especiais alén da superforza, superaxilidade e superintelixencia que lle dera o soro do supersoldado americano (fórmula perdida). Válese dun escudo indestrutible como arma. |
Primeira época
editarNo nº1 de Captain America Comics, aparecían tamén o seu compañeiro Bucky e o malvado Cranio Vermello. Ese primeiro número saíu á venda o 20 de decembro de 1940. A boa acollida do público fixo que Kirby e Simon contrataran outro guionista: Stanley Martin Lieber, quen co tempo sería o inspirador e verdadeira álma máter do Universo Marvel. O derradeiro número desta saga apareceu en 1950 (era o número 75).
A mediados dos anos 50, aparecerían tres números máis de Captain America Comics (do nº76 ó nº78).
Na Era Marvel dos cómics
editarA principios dos 60, o dúo Stan Lee e Jack Kirby comezaron a Era Marvel dos cómics coas aventuras dos 4 fantásticos. Aproveitaron para volver a lanzar os éxitos da idade de ouro da revista Timely: Namor, a Tea Humana e por suposto o Capitán América. No Strange Tales nº114 (1963), un dos compoñentes dos 4 fantásticos atópase de súpeto co Capitán América, pero este en realidade é o Acróbata, que se disfraza do Capitán para cometer crimes.
O verdadeiro Capitán América volvería definitivamente ós quioscos no número 4 USA dos Vingadores (novembro de 1964). Kirby e Lee decidiron darlle unha colección propia dentro dos Tales of Suspense. Nesa colección de historias curtas, compartía aventuras co Home de Ferro.
Notas e referencias
editar- ↑ "Ficha do personaxe na web de Marvel Comics". Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2011. Consultado o 10 de agosto de 2011.