Yuan Shikai
Yuan Shikai (en chinés tradicional: 袁世凱, en chinés simplificado: 袁世凯, en pinyin: Yuán Shìkǎi, en Wade-Giles: Yüan Shih-k'ai), nado o 16 de setembro de 1859, finado o 6 de xuño de 1916, foi un oficial militar e político chinés durante o final da dinastía Qing e a primeira época da República da China.
Nome orixinal | (zh) 袁世凱 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 16 de setembro de 1859 Xiangcheng City (en) |
Morte | 6 de xuño de 1916 (56 anos) Pequín |
Causa da morte | uremia (pt) |
Lugar de sepultura | Tomb of Yuan Shikai (en) |
Gran Presidente da República da China | |
22 de marzo de 1916 – 6 de xuño de 1916 – Li Yuanhong (pt) → | |
Imperador da China (pt) | |
22 de decembro de 1915 – 22 de marzo de 1916 ← sen valor – Supresión do cargo → | |
Gran Presidente da República da China | |
1 de abril de 1912 – 22 de decembro de 1915 ← Sun Yat-sen | |
Primeiro-ministro do Gabinete Imperial (pt) | |
2 de novembro de 1911 – 10 de marzo de 1912 ← Yikuang (pt) – Supresión do cargo → | |
Viceroy of Zhili (en) | |
1901 – 1908 ← Li Hongzhang (pt) | |
Junji dachen (en) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Dinastía Qing República da China Imperio da China |
Grupo étnico | Pobo han |
Actividade | |
Campo de traballo | Política |
Ocupación | político , militar , líder militar |
Período de actividade | 1881 - |
Partido político | Republican Party (en) |
Lingua | Lingua chinesa |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército de Beiyang (pt) |
Rango militar | Presidente da República da China |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Fillos | Yuan Kequan (en) , Yuan Kehuan (en) , Yuan Kezhen (en) , Yuan Ko-wen (en) , Yuan Keding (en) , Yuan Jingxue (en) |
Pai | Yuan Baozhong (pt) |
Parentes | Yuan Baoqing (en) (Chinese adoption of children from near relatives (en) ) |
Premios | |
Nome
editarO seu nome de cortesía zì (字) foi Weiting (慰亭, ás veces escrito tamén como 慰廷 ou 尉亭). O seu seudónimo hào (號) foi Rong'an (容庵).
Traxectoria
editarNaceu na cidade de Zhangying, na provincia de Henan. Destacou na Primeira Guerra sino-xaponesa na que participou como comandante das forzas chinesas estacionadas en Corea. En 1902, a Emperatriz Cixi nomeouno Ministro de Beiyang, zona que comprendía as actuais provincias de Hebei, Liaoning e Shandong.
Converteuse en Presidente da República da China no ano 1912, tras negociar con Sun Yat-sen, e impuxo un goberno de corte autoritario, chegando a autoproclamarse emperador o 12 de decembro de 1915, co nome de reinado de Hongxian ("Abundancia constitucional").
O novo Emperador era pai de tres fillos, dos cales só o primoxénito, o Príncipe Yuan Keding, gozaba da consideración de seu pai, mais debido a un accidente ficou inválido. O Emperador non tiña en especial estima aos outros dous, os príncipes Yuan Kewen e Yuan Keliang, aos que consideraba como "un falso erudito" e "un bandido" respectivamente.
Enfrontado cunha forte oposición que non aceptaba a restauración dun réxime monárquico, viuse obrigado a abandonar o trono o 22 de marzo de 1916, aínda que conservou o cargo de Presidente. Morreu dunha afección renal uns meses despois.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Yuan Shikai |