Jean-Bertrand Aristide

Jean-Bertrand Aristide, nado en Port Salut o 15 de xullo de 1953, é un político e sacerdote salesiano haitiano, portavoz da Teoloxía da liberación. Presidente Constitucional de Haití (1991; 1995 a 1996; e 2001 a 2004), sendo o primeiro elixido democraticamente na historia da república, índose do país tralo golpe de estado do 2004.

Infotaula de personaJean-Bertrand Aristide

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Jean-Bertrand Aristide
(ht) Jan Bètran Aristid Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Port-Salut, Haití (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Presidente do Haiti (pt) Traducir
7 de febreiro de 2001 – 29 de febreiro de 2004
← René Préval (pt) TraducirBoniface Alexandre →
Presidente do Haiti (pt) Traducir
12 de outubro de 1994 – 7 de febreiro de 1996
← Émile Jonaissant (pt) TraducirRené Préval (pt) Traducir →
Presidente do Haiti (pt) Traducir
1993 – 1994
← Marc Bazin (pt) TraducirÉmile Jonaissant (pt) Traducir →
Presidente do Haiti (pt) Traducir
7 de febreiro de 1991 – 29 de setembro de 1991
← Ertha Pascal Trouillot (pt) TraducirRaoul Cédras (pt) Traducir → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHaití Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónCollege Notre Dame (en) Traducir
Universidade de Suráfrica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , sacerdote católico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoFanmi Lavalas (pt) Traducir (2003–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaSalesianos Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMildred Trouillot (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0034910 WikiTree: Aristide-2 Editar o valor em Wikidata
Aristide con Bill Clinton en 1994

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Aristide naceu en Port-Salut. Asistiu a unha escola salesiana en Porto Príncipe, e logo a College Notre Dame, onde se graduou en 1974. Posteriormente fixo un curso de noviciado en La Vega, República Dominicana, antes de retornar a Haití para estudar filosofía no Grand Seminaire Notre Dame e psicoloxía na Universidade de Haití. Unha vez concluídos os seus estudos en 1979, viaxou a Europa e estudou en Italia, despois no Canadá e en Israel. Aristide volveu a Haití en 1983 para ser ordenado sacerdote salesiano, dominando diversos idiomas ademais das súas linguas maternas, francés e crioulo, como o español, o inglés e o italiano.

Aristide fíxose cura dunha pequena parroquia en Porto Príncipe e máis grande dun dos barrios miseria de La Saline, onde era coñecido polo alcume crioulo de "Titide" ou "Titid" (pequeno Aristide). Aristide converteuse nunha figura líder da á máis radical da igrexa católica en Haití, dando sermóns en radios católicas nacionais. Nunha entrevista en xaneiro de 1988, Aristide dixo: "O imperialismo americano sustentou ao goberno de Haití. As eleccións non son a saída, as eleccións son un modo de aqueles no poder controlar ao pobo. A solución é a revolución, primeiro no espírito do Evanxeo; Xesús non podía aceptar que o pobo pase fame. É un conflito entre clases, entre ricos e pobres. O meu traballo é de predicar e organizar..."

Aristide foi expulsado da orde salesiana en 1988. Os salesianos indicaron que as actividades políticas do cura 'incitaban ao odio e á violencia' e non correspondían co seu rol de clérigo. Coa súa nova condición de laico aumentou o seu activismo político, antes opuxérase ao ditador Jean-Claude Duvalier (ou Bébé Doc) e despois do seu derrocamento, aos gobernos militares posteriores que estableceran unha sorte de "neoduvalierismo". Aristide sufriu varios intentos de asasinatos por escuadróns da morte patrocinados polo réxime imperante liderado en 1988 polo militar Henri Namphy, logrando sobrevivir a todos os atentados. A pesar da súa oposición ao fraudulento sistema electoral, decidiu lanzarse como candidato presidencial, despois de ofrecerse garantías desde as organizacións internacionais patrocinantes dos comicios para poñer fin á ditadura de Haití ininterrompidamente establecida desde a mesma independencia do país. Aristide logra gañar contundentemente con máis do 60% dos votos.

Presidencia editar

O exercicio da presidencia de Aristide foi un bo exemplo da interferencia do goberno estadounidense nos asuntos internos haitianos. Eles mesmos restituíron a Aristide tras o seu derrocamento en 1991 polo golpe de estado perpetrado polo xeneral Raúl Cédras, que establecera unha férrea ditadura militar, e despois do boicot a este réxime pola comunidade internacional, véndose innecesario soster unha ditadura ultradereitista cando acababa de caer o comunismo e a guerra fría. Aristide retomou o poder en 1994, despois de culminar o seu período presidencial a pesar dos tres anos de ausencia.

Na súa terceira presidencia de 2001 a 2004 (segunda constitucionalmente falando), realizou un xiro cara a unha política de esquerdas (co restabelecemento das relacións diplomáticas con Cuba e achegamento á Venezuela de Hugo Chávez) o que lle produciu a antipatía dos Estados Unidos e algúns sectores do país apoiados polo secretario para asuntos latinoamericanos Otto Reich. Esta elección foi severamente criticada por sectores opositores e por algúns que antes lle eran próximos.

O 29 de febreiro de 2004 Aristide foi derrocado e trasladado a Suráfrica. Facendo ver como que o Presidente Aristide renunciara, o seu cargo como presidente tómao Boniface Alexandre. Este solicitou ás Nacións Unidas a súa intervención co envío dunha Forza Multinacional Provisional (FMP) integrada nun primeiro momento por efectivos de Estados Unidos, Francia, Canadá e Chile, co fin de evitar un masacre nacional, motivado polo descontrol e violencia imperantes. O 30 de abril, ao cumprirse o límite do seu mandato, esta forza sería substituída pola Misión de Nacións Unidas para a Estabilización de Haití (Minustah), e que actualmente segue no lugar.

Sobre a saída de Aristide existe gran controversia. Os seus partidarios e tamén -en xeral- os sectores vinculados á esquerda, cualifican os acontecementos do 29 de febreiro de 2004 como un secuestro perpetrado polas grandes potencias imperialistas, en contubernio coa dereita haitiana e os ex militares. Desta maneira, Aristide sería obrigado a abandonar o seu cargo e levado á forza fóra do país. Outras fontes indican que a saída de Aristide foi unha consecuencia inevitable do seu errático proceder, a partir do seu segundo mandato presidencial. Neste caso acúase a Aristide de ter levado adiante un goberno autoritario, personalista e sen disposición para dialogar coa oposición, que cada vez se fixo máis numerosa. A isto engadiríaselle a súa responsabilidade de ter armado e financiado bandas das barriadas populares (chiméres) e ter utilizado politicamente a Policía Nacional de Haití para reprimir a oposición.

O certo é que nos días previos á a súa renuncia, a situación do país era desastrosa. Sucedíanse as protestas contra o seu goberno, que a policía nacional reprimía con dureza ("masacre da Scierie"). Grupos armados, como a Fronte de Resistencia da Artibonite, tomaran importantes cidades do país: Gonaïves (5 de febreiro), Cap-Haïtien (11 de febreiro).

Logo da súa defenestración, Aristide foi acollido na República Centroafricana. o 31 de maio estableceuse en Suráfrica.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Presidente de Haití

Segue a:
Ertha Pascal-Trouillot
Jean-Bertrand Aristide
Precede a:
Raoul Cédras

Segue a:
Marc Bazin
Jean-Bertrand Aristide
Precede a:
Émile Jonassaint

Segue a:
Émile Jonassaint
Jean-Bertrand Aristide
Precede a:
René Préval

Segue a:
René Préval
Jean-Bertrand Aristide
Precede a:
Boniface Alexandre
Fanmi Lavalas