Jean-Claude Duvalier

político haitiano

Jean-Claude Duvalier, nado en Port-au-Prince o 3 de xuño de 1951 e finado na mesma cidade o 4 de outubro de 2014,[1] foi un ditador de Haití de 1971 a 1986 coñecido como Baby Doc. Sucedeu o seu pai, François Duvalier, no posto de presidente da república, sendo o xefe de estado máis novo da historia contemporánea, xa que asumiu o poder con tan só dezanove anos.

Jean-Claude Duvalier
Baby Doc (centrée).jpg
Jean-Claude "Baby Doc" Duvalier, apareceu na xanela de seu cuarto nun hotel de luxo en Port-au-Prince e foi saudado por preto de cen persoas que se concentraban na porta do edificio.
Nacemento3 de xullo de 1951
 Porto Príncipe
Falecemento4 de outubro de 2014
 Porto Príncipe
CausaInsuficiencia cardíaca
NacionalidadeHaití
Relixióncatolicismo
Alma máterUniversidade do Estado do Haiti
Ocupaciónpolítico
PaiFrançois Duvalier
NaiSimone Duvalier
CónxuxeMichèle Bennett
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Primeiros anosEditar

Duvalier naceu en Porto-au-Prince e foi creado nun ambiente illado. Na infancia e adolescencia asistiu ás institucións de ensino Nouveau College Bird e Saint-Louis de Gonzague. Máis tarde, estudou Dereito na Universidade do Estado do Haití, baixo a dirección de varios profesores, incluído Maître Gérard Gourgue.

Único fillo varón de François Duvalier ("Papa Doc") e Simone Ovide ("Mama Doc"), antiga enfermeira, Jean-Claude tiña tres irmás: Marie Denise, Nicole e Simone.

PolíticaEditar

En 1957, o seu pai, François Duvalier, asumiu a presidencia e implantou un réxime de terror que durou ata a súa morte, en 1971.[2] O terrorismo político continuou baixo o dominio de Baby Doc, que aos 19 anos o sucedeu en réxime vitalicio, nunha época en que decenas de miles de haitianos foron torturados e mortos, segundo os grupos a prol dos dereitos humanos.[3] Ese terror era espallado por súa milicia particular, un exército de soldados crueis denominados tonton-macoutes.

No goberno de Baby Doc a taxa de analfabetismo subiu a índices aínda máis grotescos e a esperanza de vida decaeu vertixinosamente, o que, xunto coa epidemia de SIDA e a fame que se estendía a través de todo o país, mergullou o país no caos social, forzando decenas de miles de haitianos á migración aos Estados Unidos en arriscadas barcazas abarrotadas.[3][2]

 
Jean-Claude Duvalier e súa esposa Michele, deixando Haití.

Xa na década de 1980, coa crise económica e o empobrecimento da poboación, o réxime de terror perdeu forza, ata que unh insurrección acabou co seu goberno o 7 de febreiro de 1986, a raíz da retirada do apoio militar e económico dos Estados Unidos e do golpe militar do xefe do exército, Henri Namphy.[4] Baby Doc fuxiu ao exilio en Francia.[2] Durante a súa estadía fóra do país constatouse o abismo entre o fausto da súa mudanza (que incluía cargamentos de maletas Louis Vuitton e millóns de dólares nas súas contas en bancos suízos) e a miseria reinante en Port-au-Prince.[3]

Entre 1986 e 1990, Haití intentou estabilizar a súa situación política, mais unha sucesión de golpes militares impediu calquera organización.

O 16 de xaneiro de 2011 Baby Doc retornou a Haití alegando que o seu regreso buscaba "axudar o pobo" tralo terremoto de 2010 e poucos días despois foi acusado de varios delitos, entre eles, detención ilegal e tortura dos seus opositores, corrupción ou apropriación de diñeiro público.[5] Porén, non tivo lugar ningún xuízo. O expresidente só compareceu perante a xustiza en febreiro de 2013, cando se presentou no Tribunal de Recurso de Port-au-Prince.[6] En febreiro de 2014, a xustiza haitiana ordenou unha nova investigación sobre crimes contra a humanidade "imprescritíbeis" que se lle atribuían.[7]

Vida persoalEditar

A súa voda con Michèle Bennett en 1980 foi pagada polo estado haitiano e pénsase que custou aos cofres públicos cinco millóns de dólares, mentres a poboación vivía na miseria, no que foi considerado o país máis pobre do hemisferio occidental.[2] En 1990 Duvalier e Bennett divorciáronse na República Dominicana. A maior parte da fortuna de Duvalier deixoulla a Bennett despois do divorcio. Ese mesmo ano coñeceu a Veronique Roy, neta de Paul Eugène Magloire.

O día 4 de outubro de 2014, Baby Doc morreu por mor dun ataque cardíaco, en Porto-au-Prince.[8][3]

NotasEditar

  1. Primera, Maye (4 de outubro de 2014). "Muere el exdictador haitiano Jean-Claude Duvalier". El País (en castelán) (Madrid). ISSN 1134-6582. Consultado o 6 de marzo de 2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Morre Baby Doc, ex-presidente do Haiti acusado de violar direitos humanos". BBC Brasil (en portugués). 4 de outubro de 2014. Consultado o 5 de outubro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Jean-Claude Duvalier, ex-Haitian leader known as Baby Doc, dies at 63". The Washington Post. 4 de setembro de 2014. Consultado o 5 de setembro de 2014. 
  4. Julio Labastida Martín del Campo, Antonio Camou y Noemí Luján Ponce. Transición democrática y gobernabilidad: México y América Latina , páxina 315. FLACSO México, 2000. ISBN 968-856-899-6.
  5. Ex ditador Baby Doc regressa ao Haiti, consultado o 5 de outubro de 2014.
  6. Primera, Maye (22 de febreiro de 2013). "Un Duvalier ante la justicia de Haití". El País (en castelán) (Madrid). ISSN 1134-6582. Consultado o 6 de marzo de 2019. 
  7. Morre Baby Doc. consultado o 5 de outubro de 2014.
  8. "Morre o ex-presidente do Haiti Jean-Claude Duvalier, o 'Baby Doc'" (en portugués). 4 de outubro de 2014. Consultado o 4 de outubro de 2014. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • People Magazine, 3 de marzo de 1986
  • Plunging into Haiti: Clinton, Aristide, and the defeat of diplomacy by Ralph Pezzullo
  • Baby Doc to Walters: Did best I could - The Miami News, 12 de xuño de 1986
  • Shrewd Investing Made Me Rich, Duvalier Says - The Montreal Gazette, 10 de xuño de 1986

Ligazóns externasEditar