Día Internacional dos Voluntarios

O Día Internacional dos Voluntarios foi decretado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 40/212 o 17 de decembro de 1985. Dende entón, os gobernos, o sistema das Nacións Unidas e as organizacións civís uníronse de maneira exitosa ao voluntariado de todo o mundo para celebrar este día o 5 de decembro.[1]

Unha alumna do Congo presenta unha escultura que conmemora o Día Internacional do Voluntariado xunto cun dos voluntarios das Nacións Unidas.

Día Internacional dos Voluntarios de 2022 editar

O 17 de decembro de 1985 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas na Resolución 40/212 "convida os gobernos a celebrar todos os anos, o 5 de decembro, un Día Internacional do Voluntariado para o Desenvolvemento Económico e Social, e exhórtaos a adoptar medidas para que se cobre maior conciencia da importante achega que fai o voluntariado, o cal estimulará a máis persoas de toda condición a ofrecer os seus servizos como persoas voluntarias, tanto nos seus países de orixe como no estranxeiro".[2]

Dende 2006, o servizo Voluntariado en Liña do programa VNU anuncia os gañadores do Premio Voluntariado en Liña o 5 de decembro de cada ano. O premio constitúe un xeito de expresar agradecemento polas achegas dos voluntarios en liña á organización que traballan a prol da paz e o desenvolvemento.[3] É tamén a ocasión de outorgarlle visibilidade ao traballo e os logros da organización así como ás boas prácticas de voluntariado en liña. Os nomeados poden ser equipos de voluntariado ou persoas voluntarias soas. Os nomeamentos son examinados por un xurado internacional composto por expertos en voluntariado e cooperación para o desenvolvemento, e os gañadores anúncianse na fase previa ao 5 de decembro, Día Internacional do Voluntariado (DIV).[4] As historias de todos os gañadores anteriores atópanse na sección Experiencias do sitio anterior do servizo Voluntariado en Liña.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar