Michel Piccoli

actor francés

Jacques Daniel Michel Piccoli, nado en París o 27 de decembro de 1925 e finado en Saint-Philbert-sur-Risle (Eure)[1] o 12 de maio de 2020,[2][3] foi un actor, guionista, director de cine, produtor, músico e cantante francés.

Michel Piccoli
Nome completoJacques Daniel Michel Piccoli e Michel Jacques Daniel Piccoli
Nacemento27 de decembro de 1925
Lugar13.º arrondissement de Paris e París
Falecemento12 de maio de 2020
LugarSaint-Philbert-sur-Risle
CausaIctus
SoterradoÉvreux
NacionalidadeFrancia
Educado enÉcole alsacienne, Cours Simon e Collège Sainte-Barbe
Cónxuxe(s)Juliette Gréco, Eléonore Hirt e Ludivine Clerc
Profesiónactor de cinema, director de cinema, guionista, actor de teatro, produtor de cinema, actor de televisión, actor, realizador e produtor
Na rede
IMDB: nm0681566 Allocine: 155 Rottentomatoes: celebrity/michel_piccoli Allmovie: p56669 TCM: 152126 TV.com: people/michel-piccoli
Musicbrainz: dc7205b5-928d-4dce-a52f-ada66b1f8dff Discogs: 994864 Find a Grave: 210213601 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Piccoli naceu nunha familia musical, poi a súa nai era pianista e o seu pai violinista. É fillo de inmigrantes italianos. Tras estudar interpretación traballou en escenarios parisienses e foi por un tempo director do teatro Babylone.

Converteuse no actor preferido de Claude Sautet, en "Les Choses de la vie","Max et les ferrailleurs" e "Vincent, François, Paul et les autres", e de Luis Buñuel. Participou en seis filmes do cineasta español, entre os que destacan Diario dunha camareira, Belle de jour e O discreto engado da burguesía. Paralelamente, consolidou a súa fama no inicio da década de 1960 con papeis na televisión: Les Joueurs, Montserrat etc.

Casou tres veces, primeiro con Éléonore Hirt, coa que tivo unha filla, despois coa cantante Juliette Gréco durante once anos e finalmente con Ludivine Clerc.

Filmografía editar

Notas editar

  1. Lejeune, Guillaume (18 de maio de 2020). "L’acteur Michel Piccoli est décédé chez lui dans son manoir de Saint-Philbert-sur-Risle, dans l’Eure". Paris-Normandie (en francés). Consultado o 18 de maio de 2020. 
  2. Marques, Sandrine (18 de maio de 2020). "Michel Piccoli, légendaire acteur de cinéma et de théâtre, est mort". Le Monde (en francés). ISSN 1950-6244. Consultado o 18 de maio de 2020. 
  3. Bonte, Arièle (18 de maio de 2020). "L'acteur Michel Piccoli est décédé à l'âge de 94 ans". RTL (en francés). Consultado o 18 de maio de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.