Richard Dembo
Richard Dembo, nado en París o 24 de maio de 1948, e finado ibídem o 11 de novembro de 2004, foi un director de cinema e guioinsta francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de maio de 1948 París, Francia |
Morte | 11 de novembro de 2004 (56 anos) París, Francia |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, guionista, escritor |
Premios | |
| |
Traxectoria
editarDembo acadou recoñecemento internacional co seu primeiro filme La Diagonale du fou. Polo seu traballo nesta obra, Dembo obtivo o Óscar en 1984 ó mellor filme en lingua non inglesa,[1] así como numerosos premios máis (César, Prix Louis Delluc). Michel Piccoli protagonizou o filme como cidadán xudeu da URSS.
En 1993, Dembo dirixiu L'Instinct de l'ange con Hélène Vincent, Jean-Louis Trintignant, François Cluzet e Lambert Wilson. Despois dunha longa pausa, Dembo dirixiu o seu derradeiro filme, La Maison de Nina.
O 11 de novembro de 2004, Dembo morreu inesperadamente en París por mor dos síntomas dunha obstrución intestinal. Foi enterrado en Israel.
Notas
editar- ↑ oscars.org (ed.). "The 57th Academy Awards (1985) Nominees and Winners". Consultado o 30 de outubro de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Richard Dembo na IMDb (en inglés).