Roger Vadim
Roger Vladimir Plemiannikov,[1] nado en París o 26 de xaneiro de 1928 e finado na mesma cidade o 11 de febreiro de 2000 foi un director e produtor de cinema francés, coñecido como Roger Vadim.
Roger Vadim | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Roger Vladimir Plemiannikov |
Nacemento | 26 de xaneiro de 1928 |
Lugar | París, Francia |
Falecemento | 11 de febreiro de 2000 |
Lugar | París, Francia |
Causa | Linfoma |
Soterrado | Cemetery of Saint-Tropez |
Nacionalidade | ![]() |
Pai | Igor Plemiannikov |
Parella(s) | Catherine Deneuve (1961–63) Ann Biderman (1980–86) |
Cónxuxe(s) | Brigitte Bardot (1952–57) Annette Stroyberg (1958–60) Jane Fonda (1965–73) Catherine Schneider (1975–77) Marie-Christine Barrault (1990–2000) |
Fillos | Christian Vadim, Vanessa Vadim, Nathalie Vadim e Vania Plemiannikov |
Profesión | Director, produtor, guionista |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Naceu en París, fillo de Igor Nikolaevich Plemiannikov, ruso branco oficial militar e pianista que emigrara desde Ucraína e se nacionalizara francés, sendo vicecónsul de Francia en Alexandría (Exipto). A súa nai, Marie-Antoinette Ardilouze era unha actriz francesa.[2][3] Aínda que Vadim viviu con luxos nos seus primeiros anos, a morte de seu pai provocou que a familia volvese a Francia, onde a súa nai atopou traballo nun albergue dos Alpes que funcionaba como estación de camiño para xudeus e outros fuxitivo que fuxían do nazismo.[3]
Vadim estudou xornalismo e escritura na Universidade de París, sen chegar a graduarse.[3] Aos dezanove anos converteuse en axudante do director Marc Allégret, a quen coñecera mentres traballaba no teatro Theatre Sarah Bernhardt, e para o que traballara en varios guións. Ademais de traballar no teatro e no cinema, Vadim escribiu varios libros, incluíndo a autobiografía D'une étoile à l'autre.
Vadim casou cinco veces, con Brigitte Bardot, Annette Stroyberg (nai de Nathalie), Jane Fonda (nai de Vanessa), Catherine Schneider (nai de Vania) e Marie-Christine Barrault. Fóra dos seus matrimonios tivo relacións coa actriz Catherine Deneuve (coa que tivo un fillo, Christian Vadim),[4] a guionista Ann Biderman,[5] e a actriz Cindy Pickett.[6] A filla máis vella de Vadim, Nathalie, díxolle á biógrafa Patricia Bosworth: "Jane foi o amor da súa vida para o meu pai".[7]
Vadim finou de cancro aos setenta e dous anos, sendo sobrevivido pola súa viúva e os seus catro fillos. As súas ex-mulleres, Bardot, Fonda, Schneider e Stroyberg asistiron ao seu funeral.[8]
Filmografía editar
- En Effeuillant la Marguerite (1956)
- Et Dieu… créa la femme (1956)
- Sait-on jamais? (1957)[9]
- Sois belle et tais-toi (1957)
- Les Bijoutiers du Clair de Lune (1958)
- Les liaisons dangereuses (1959)
- Et mourir de plaisir (1960)
- La Bride sur le cou (1961)
- Les Sept péchés capitaux (1962)
- Les Parisiennes (1962)
- Le Repos du guerrier (1962)
- Un château en Suède (1963)
- Le vice et la vertu (1963)
- La Ronde (1964)
- La Curée (1966)
- Histoires extraordinaires (1968)
- Barbarella (1968)
- Pretty Maids All in a Row (1971)
- Hellé (1972)
- Don Juan ou Si Don Juan était une femme (1973)
- La jeune fille Assassinée (1974)
- Une femme fidèle (1976)
- Bonheur, impair et passe (1977)
- Jeux de Nuit (1980)
- The Hot Touch (1981)
- Surprise Party (1983)
- Faerie Tale Theatre (1984 TV, episodio "Beauty and the Beast")
- The Hitchhiker (1986 TV, capítulo "Dead Man's Curve")
- And God Created Woman (1988)
- Safari (1991, telefilme)
- Amour fou (1993, telefilme)
- La Nouvelle tribu (1996, miniserie)
- Mon père avait raison (1996, telefilme)
- Un coup de baguette magique (1997, telefilme)
Notas editar
- ↑ En ocasións escrito "Plemianikoff".
- ↑ "Roger Vadim profile at Filmreference.com". Consultado o 18 de decembro de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 TCM (ed.). "Biography for Roger Vadim". Consultado o 18 de decembro de 2012.
- ↑ Beaver County Times, ed. (11 de xullo de 1975). "Roger Vadim is no braggart about his love life". Consultado o 18 de decembro de 2012.
- ↑ Grogan, David (2 de abril de 1984). People.com, ed. "Now a Novelist and Soon a Groom (Once Again), Roger Vadim Starts His Search for the New Brigitte Bardot". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2012.
- ↑ Wilson, Earl (25 de marzo de 1981). The Miami News, ed. "Cindy Pickett's over Vadim, but says he's not over Fonda".[Ligazón morta]
- ↑ Bosworth, Patricia (2011). Houghton Mifflin Harcourt, ed. Jane Fonda: The Private Life of a Public Woman. p. 237. ISBN 0-547-50447-0.
- ↑ Fonda, Jane (2005). Random House, ed. My Life So Far. p. 141. ISBN 978-0812975765.
Os nosos brazos estaban unidos mentres seguíamos solemnemente o seu cadaleito polas estreitas e ocres rúas do vello Sain Tropez… Brigitte Bardot, Annette Stroyberg, Catherine Schneider, Marie-Christine Barrault, e mais eu. Das esposas e compañeiras de Vadim, só faltaron Catherine Deneuve e Anne Biderman.
- ↑ IMDb.com (ed.). "Sait-on jamais... (1957) - Full cast and crew". Internet Movie Database. Consultado o 15 de marzo de 2009.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Vadim, Roger. Bardot, Deneuve, Fonda: My Life With The Three Most Beautiful Women In The World (1986), Simon & Schuster (ISBN 0-671-53007-0/ISBN 978-0-671-53007-5)
Ligazóns externas editar
- Roger Vadim na IMDb (en inglés).
- Roger Vadim en Find A Granve