Orville Wright, nado en Dayton (Ohio) o 19 de agosto de 1871 e finado en 1948, foi un inventor norteamericano.

Orville Wright
Nacemento19 de agosto de 1871
Lugar de nacementoDayton
Falecemento30 de xaneiro de 1948
Lugar de falecementoDayton
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióninventor, empresario e aviador
PaiMilton Wright
NaiLucia
IrmánsWilbur Wright e Katharine Wright
PremiosSalón da Fama dos Inventores Nacionais, Medalla Elliott Cresson, Medalla Franklin, Honorary Scout, Albert Medal, Medalha John Fritz, Gold Medal of the Royal Aeronautical Society e Troféu Collier
Na rede
WikiTree: Wright-3 Find a Grave: 1130 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Co seu irmán Wilbur fundou unha fábrica de bicicletas en 1892.

Os Wright interesáronse nunhas ideas sobre voo de maquetas e a partir dese momento, non deixaron de traballar para levar ao home en voo polos aires. Para a realización dos seus estudos sobre o voo, desenvolveu o primeiro túnel aerodinámico en 1901 e en 1902, introduciu o empenaxe vertical con temón móbil nos avións como sistema de estabilidade que practicamente eliminaba o perigo de barrenas.

Os irmáns Wright realizaron varios modelos e maquetas antes de iniciar a construción dun prototipo. Moitas destas maquetas voaron por si soas nun voo planeado, o que impulsou os Wright a seguir co seu proxecto. Non foron poucas as dificultades, moitas veces os mandos tiveron que ser adecuados para poder controlar o planeo. Un dos maiores problemas consistiu na inclinación cara a un lado ou a falla de control horizontal. Os irmáns Wrigth solucionaron estes problemas enxeñosamente.

O 17 de decembro de 1903, en Kitty Hawk, Orville Wright realizou o que se considera o primeiro voo dun avión tripulado e semipropulsado con éxito, que durou 12 segundos. O aparato chamábase Flyer I.[1]

O voo fíxose en segredo e sen testemuñas, para evitar o plaxio do seu novo invento, existindo como única proba a palabra de Orville e do seu irmán. Os Wright eran moi celosos do seu invento e non desexaban dar moitas evidencias do seu aparato, de feito as fotos tiráronse sempre desde certa distancia, para impedir revelar os detalles.

O Flyer I non era capaz de voar por si mesmo, xa que requiría a axuda dunha catapulta externa activada por un peso que o lanzaba ao aire, simulando un voo para poder así probar o funcionamento dos mandos do avión.

O 9 de setembro de 1908, en Fort Meyer (Virxinia), estableceu novas marcas cando o primeiro avión Wright voou durante 62 minutos completando 57 círculos a unha altura de 36,6 m.

Este voo converteu a Orville nunha celebridade internacional. Iniciou unha época de incesante actividade: á fronte do seu equipo de pilotos de exhibición, comprobaba todas as pezas novas do material utilizado nos avións Wright e supervisaba a produción das fábricas Wright. O exército comprou a idea dos Wright, así a todo, a aviación tardaría aínda en desenvolverse.

En 1908, os Wrigth ademais levaron o aparato a Francia onde realizaron unha exitosa exhibición ante un público perplexo que estaba acostumado a ver artefactos planando durante un chisco e colisións en terra. Deste modo arrebataron a Alberto Santos-Dumont a supremacía do aire.

Logo da morte de Wilbur en 1912, Orville foi o presidente da Compañía Americana Wright. Tres anos despois vendeu as súas accións. Logo traballou como enxeñeiro na mesma compañía. Morreu o 30 de xaneiro de 1948 en Dayton.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar