Abrir o menú principal
Gran Premio de Francia
Plano do Circuíto
Paul Ricard.svg
Datos
Anos disputados 86 (58 oficiais)
Primeira disputa 1906 (1950 oficial)
Última disputa 2018
Localización Le Castellet, Flag of France.svg Francia
Patrocinador principal Pirelli (2018)
Lonxitude 309´626 km en 53 voltas
Marca de volta
Piloto récord Alemaña Michael Schumacher (8)
Escudería récord Italia Ferrari (17)
Poles récord Michael Schumacher (4)
Vista do Circuíto
Vista

O Gran Premio de Francia (1906-1967: Grand Prix de l ACF, 1968-2018: Gran Premio de Francia) é unha carreira anual que forma parte do Campionato Mundial de Fórmula 1 celebrado pola Federación Internacional do Automóbil. A última carreira celebrouse en 2008, pero a carreira volveu en 2018 no circuíto Paul Ricard. O Grand Prix motor racing orixinouse en Francia e o Gran Premio de Francia, aberto á competencia internacional, é o Gran Premio máis antigo, o primeiro disputouse o 26 de xuño 1906, baixo os auspicios da Automobile Club de France en Sarthe, cunha participación de 32 automóbiles.

Georges Boillot gañando o Gran Premio de Francia 1912 en Dieppe, Francia

Os primeiros campionatos mundiais organizáronse en 1925 co Gran Premio de Francia, a Gran Premio de Italia, o Gran Premio de Bélxica e as 500 millas de Indianápolis. O Gran Premio de Francia foi parte do campionato de Fórmula Un, desde o seu inicio en 1950 ata o 2008. Designouse como Gran Premio de Europa, catro veces, entre 1924 e 1966, cando este título era unha designación honoraria outorgada cada ano a un Gran Premio de Europa. A carreira celebrouse en diferentes circuítos en toda Francia, como o Autódromo de Montlhéry. Desde 1991 a súa sede permanente foi o Circuíto de Nevers Magny-Cours. O paso a Magny-Cours foi un intento de estimular a economía da zona, pero moita xente dentro da Fórmula Un queixouse da localización do circuíto. As carreiras de 2004 e 2005 estaban en dúbida debido a problemas financeiros e a incorporación de novos circuítos ao calendario da Fórmula Un. Estas carreiras sairon adiante como estaba previsto, pero aínda tiñan un futuro incerto. O 29 de marzo de 2007 foi anunciado pola FFSA, o promotor da carreira, que a partir Gran Premio de Francia de 2008 fariase unha "pausa" indeterminada. Esta suspensión debeuse á situación financeira do circuíto, coñecido por non ser do agrado de moitos en F1 debido á localización do circuíto.[1] O 31 de maio, Bernie Ecclestone, confirmou (nese entón) que o Gran Premio de Francia de 2007 sería o último que se celebraria en Magny-Cours.[2] Con todo, logo de varias negociacións, o futuro da carreira en Magny-Cours deu un novo xiro, aumentando a especulación de que o Gran Premio de Francia de 2008 volvería, co mesmo Ecclestone dicindo "Imos revivilo por un ano, ou algo así".[3] o 24 de xullo Ecclestone e o primeiro ministro francés reuníronse e acordaron a posibilidade de manter a carreira en Magny Cours en 2008 e 2009.[4] A confirmación foi o 27 de xullo, cando a FIA publicou o calendario para 2008. Cun Gran Premio de Francia programado en Magny-Cours, unha vez máis.[5] A carreira de 2009, foi anulada de novo o 15 de outubro de 2008, no sitio web oficial, citando "razóns económicas"[6] Foi anunciado un enorme cambio de imaxe de Magny-Cours ( "2.0"),[7][8] pero cancelado ao final. A FFSA promotor da carreira comezou a buscar unha alternativa. Houbo cinco diferentes propostas para un novo circuíto: en Ruán con 3 deseños posibles: un circuíto urbano, na zona do peirao, ou un circuíto permanente cerca do aeroporto,[9][10] un circuíto urbano situado preto de Disneyland Resort Paris,[11][12]Versalles,[13][14] e en Sarcelles (Val de France),[15] pero todos foron cancelados. Unha localización final en Flins-Les Mureaux, preto da fábrica de Renault en Flins estaba sendo considerada[16] con todo, foi cancelada e o 1 de de decembro de 2009.[17] En 2010 e 2011, non houbo Gran Premio de Francia no calendario da Fórmula 1, aínda que o Circuíto Paul Ricard foi candidato para o ano 2012.[18] O Gran Premio de Francia non se incluíu no calendario de 2012.

En decembro de 2016, confirmouse que o Gran Premio de Francia volverá en 2018 no Circuíto Paul Ricard.[19][20]

10 pilotos franceses gañaron o Gran Premio de Francia, 7 antes da Primeira e Segunda Guerra Mundial e 3 no campionato de Fórmula Un. O piloto francés Alain Prost gañou a carreira 6 veces en 3 circuítos diferentes, con todo o piloto alemán Michael Schumacher gañou 8 veces, o piloto que gañou máis veces un mesmo Gran Premio. O piloto monegasco Louis Chiron gañou 5 veces, e o piloto arxentino Juan Manuel Fangio e o piloto británico Nigel Mansell gañaron 4 veces.

Índice

PatrocinadoresEditar

  • Rhône-Poulenc Gran Premio de Francia 1988-1993
  • Mobil 1 Gran Premio de Francia 1998-2004
  • Allianz Gran Premio de Francia 2005-2007
  • RBS Gran Premio de Francia 2008
  • Pirelli Gran Premio de Francia 2018

Gañadores do Gran Premio de FranciaEditar

Gañadores múltiples (pilotos)Editar

Pilotos en letra grosa están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual. Un fondo de cor rosa indica que unha carreira non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Un fondo de cor crema indica que unha carreira formou parte do Campionato de Europa de pre- guerra.

Nº de vitorias Piloto Anos
8   Michael Schumacher 1994, 1995, 1997, 1998, 2001, 2002, 2004, 2006
6   Alain Prost 1981, 1983, 1988, 1989, 1990, 1993
5   Louis Chiron 1931[21], 1934, 1937, 1947, 1949
4   Juan Manuel Fangio 1950, 1951[22], 1954, 1957
  Nigel Mansell 1986, 1987, 1991, 1992
3   Jack Brabham 1960, 1966, 1967
  Jackie Stewart 1969, 1971, 1972
2   Christian Lautenschlager 1908, 1914
  Felice Nazzaro 1907, 1922
  Georges Boillot 1912, 1913
  Giuseppe Campari 1924, 1933
  Robert Benoist 1925, 1927
  William Grover-Williams 1928, 1929
  Jean-Pierre Wimille 1936, 1948
  Mike Hawthorn 1953, 1958
  Dan Gurney 1962, 1964
  Jim Clark 1963, 1965
  Ronnie Peterson 1973, 1974
  Mario Andretti 1977, 1978
  Niki Lauda 1975, 1984

Gañadores múltiples (construtores)Editar

Equipos en letra grosa están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual. Un fondo de cor rosa indica que unha carreira non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Un fondo de cor crema indica que unha carreira formou parte do Campionato de Europa de pre- guerra.

Nº de vitorias Construtor Tempada
17   Ferrari 1952, 1953, 1956, 1958, 1959, 1961, 1968, 1975, 1990, 1997, 1998, 2001, 2002, 2004, 2006, 2007, 2008
8   Williams 1980, 1986, 1987, 1991, 1992, 1993, 1996, 2003
7   Lotus 1963, 1965, 1970, 1973, 1974, 1977, 1978
6   Mercedes 1908, 1914, 1935, 1938, 1954, 2018
  Bugatti 1926, 1928, 1929, 1930, 1931, 1936
  Alfa Romeo 1924, 1932, 1934, 1948, 1950, 1951
  Renault 1906, 1979, 1981, 1982, 1983, 2005
5   McLaren 1976, 1984, 1988, 1989, 2000
4   Brabham 1964, 1966, 1967, 1985
2   Peugeot 1912, 1913
  Mercedes 1908, 1914
  Fiat 1907, 1922
  Delage 1925, 1927
  Talbot-Lago 1947, 1949
  Maserati 1933, 1957
  Tyrrell 1971, 1972
  Benetton 1994, 1995

Por anoEditar

 
Circuíto de Nevers Magny-Cours usado en 1991-2008
 
O circuíto curto de Paul Ricard, usado en 1986-1990
 
O circuíto longo de Paul Ricard, usado en 1971-1985
 
Dijon-Prenois, alternou con Paul Ricard en 1974-1984 (a pista curta foi usada en 1974.)
 
O circuíto Le Mans Bugatti (deseño lixeiramente diferente) usado en 1967
 
O circuíto Charade, usado en 1965, 1969, 1970 e 1972
 
Rouen-Les-Essarts, usado en 1952 (curto), 1957, 1962, 1964 e 1968
 
O circuíto rápido de Reims, usado desde 1953 a 1966
 
Lión-Parilly, usado en 1947
 
O circuíto orixinal de Reims-Gueux, usado en 1932, 1938, 1939 e 1948-1951
 
Monthlery, usado de 1925 a 1937
 
O circuíto de estrada de Le Mans, usado en 1906

Un fondo de cor rosa indica que unha carreira non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Un fondo de cor crema indica que unha carreira formou parte do Campionato de Europa de pre- guerra.

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados
2018   Lewis Hamilton Mercedes Paul Ricard Resultados
2017

2009
Non celebrado
2008   Felipe Massa Ferrari Magny-Cours Resultados
2007   Kimi Räikkönen Ferrari Resultados
2006   Michael Schumacher Ferrari Resultados
2005   Fernando Alonso Renault Resultados
2004   Michael Schumacher Ferrari Resultados
2003   Ralf Schumacher Williams-BMW Resultados
2002   Michael Schumacher Ferrari Resultados
2001   Michael Schumacher Ferrari Resultados
2000   David Coulthard McLaren-Mercedes Resultados
1999   Heinz-Harald Frentzen Jordan-Mugen-Honda Resultados
1998   Michael Schumacher Ferrari Resultados
1997   Michael Schumacher Ferrari Resultados
1996   Damon Hill Williams-Renault Resultados
1995   Michael Schumacher Benetton-Renault Resultados
1994   Michael Schumacher Benetton-Ford Resultados
1993   Alain Prost Williams-Renault Resultados
1992   Nigel Mansell Williams-Renault Resultados
1991   Nigel Mansell Williams-Renault Resultados
1990   Alain Prost Ferrari Paul Ricard Short Circuit Resultados
1989   Alain Prost McLaren-Honda Resultados
1988   Alain Prost McLaren-Honda Resultados
1987   Nigel Mansell Williams-Honda Resultados
1986   Nigel Mansell Williams-Honda Resultados
1985   Nelson Piquet Brabham-BMW Paul Ricard Full Circuit Resultados
1984   Niki Lauda McLaren-TAG Dijon Resultados
1983   Alain Prost Renault Paul Ricard Full Circuit Resultados
1982   René Arnoux Renault Resultados
1981   Alain Prost Renault Dijon Resultados
1980   Alan Jones Williams-Ford Paul Ricard Full Circuit Resultados
1979   Jean-Pierre Jabouille Renault Dijon Resultados
1978   Mario Andretti Lotus-Ford Paul Ricard Full Circuit Resultados
1977   Mario Andretti Lotus-Ford Dijon Resulstados
1976   James Hunt McLaren-Ford Paul Ricard Full Circuit Resultados
1975   Niki Lauda Ferrari Resultados
1974   Ronnie Peterson Lotus-Ford Dijon Short Circuit Resultados
1973   Ronnie Peterson Lotus-Ford Paul Ricard Full Circuit Resultados
1972   Jackie Stewart Tyrrell-Ford Charade Resultados
1971   Jackie Stewart Tyrrell-Ford Paul Ricard Full Circuit Resultados
1970   Jochen Rindt Lotus-Ford Charade Resultados
1969   Jackie Stewart Matra-Ford Resultados
1968   Jacky Ickx Ferrari 312 Circuíto Rouen-Les-Essarts Resultados
1967   Jack Brabham Brabham BT24 – Repco Le Mans-Bugatti Resultados
1966   Jack Brabham Brabham BT19 – Repco Reims Resultados
1965   Jim Clark Lotus 25 – Climax Charade Resultados
1964   Dan Gurney Brabham BT7 – Climax Circuíto Rouen-Les-Essarts Resultados
1963   Jim Clark Lotus 25 – Climax Reims Resultados
1962   Dan Gurney Porsche 804 Circuíto Rouen-Les-Essarts Resultados
1961   Giancarlo Baghetti Ferrari Dino 156 Reims Resultados
1960   Jack Brabham Cooper-Climax Resultados
1959   Tony Brooks Ferrari Dino 246 Resultados
1958   Mike Hawthorn Ferrari Dino 246 Resultados
1957   Juan Manuel Fangio Maserati 250F Circuíto Rouen-Les-Essarts Resultados
1956   Peter Collins Ferrari D50A Reims Resultados
1955 Non celbrado
1954   Juan Manuel Fangio Mercedes W196 Reims Resultados
1953   Mike Hawthorn Ferrari 500 Resultados
1952   Alberto Ascari Ferrari 500 Circuíto Rouen-Les-Essarts Resultados
1951   Luigi Fagioli
  Juan Manuel Fangio
Alfa Romeo 159 Reims-Gueux Resultados
1950   Juan Manuel Fangio Alfa Romeo 158 Resultados
1949   Louis Chiron Talbot-Lago T26C Reims-Gueux Resultados
1948   Jean-Pierre Wimille Alfa Romeo 158 Resultados
1947   Louis Chiron Talbot-Lago Monoplace C39 Lión-Parilly Resultados
1946
-
1940
Non celebrado
1939   Hermann Paul Müller Auto Union 3.0L Reims-Gueux Resultados
1938   Manfred von Brauchitsch Mercedes-Benz W154 Resultados
1937   Louis Chiron Talbot T150C Montlhéry Resultados
1936   Jean-Pierre Wimille
  Raymond Sommer
Bugatti T57G Resultados
1935   Rudolf Caracciola Mercedes-Benz W25 Resultados
1934   Louis Chiron Alfa Romeo Tipo B P3 Resultados
1933   Giuseppe Campari Maserati 8C-3000 Resultados
1932   Tazio Nuvolari Alfa Romeo Tipo B P3 Reims-Gueux Resultados
1931   Louis Chiron
  Achille Varzi
Bugatti T51 Montlhéry Resultados
1930   Philippe Étancelin Bugatti T35C Pau Resultados
1929   William Grover-Williams Bugatti T35B Le Mans Resultados
1928   William Grover-Williams Bugatti T35C Saint-Gaudens Resultados
1927   Robert Benoist Delage 15-S8 Montlhéry Resultados
1926   Jules Goux Bugatti T39A Miramas Resultados
1925   Robert Benoist
  Albert Divo
Delage 2LCV Montlhéry Resultados
1924   Giuseppe Campari Alfa Romeo P2 Lión Resultados
1923   Henry Segrave Sunbeam Tours Resultados
1922   Felice Nazzaro Fiat 804 Strasbourg Resultados
1921   Jimmy Murphy Duesenberg Le Mans Resultados
1920
-
1915
Non celebrado
1914   Christian Lautenschlager Mercedes 18/100 Lión Resultados
1913   Georges Boillot Peugeot L5 Amiens Resultados
1912   Georges Boillot Peugeot L76 Dieppe Resultados
1911
-
1909
Non celebrado
1908   Christian Lautenschlager Mercedes Dieppe Resultados
1907   Felice Nazzaro Fiat Resultados
1906   Ferenc Szisz Renault Le Mans Resultados

NotasEditar

  1. ITV-F1.com Arquivado 11 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine. 2008 French Grand Prix "Pause"
  2. ITV-F1.com Arquivado 02 de xuño de 2007 en Wayback Machine. Ecclestone Confirms Magny Cours Departure
  3. ITV-F1.com Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine. Magny-Cours set for reprieve
  4. BBC Sport Formula One hope for French Grand Prix
  5. "FIA reveals 18-race calendar for 2008". formula1.com. 27 July 2007. Consultado o 27 July 2007. 
  6. "Grand Prix de France - Formule 1 : 28 juin 2009". Gpfrancef1.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2009. Consultado o 27 November 2011. 
  7. "19 de xuño de 2008". Grandprix.com. 19 de xuño de 2008. Consultado o 27 de novembro de 2011. 
  8. "automobilsport.comautomobilsport.com 20 de xuño de 2008". Automobilsport.com. Consultado o 27 de novembro de 2011. 
  9. "20 June 2008". Motorlegend.com. 20 de xuño de 2008. Consultado o 27 de novembro de 2011. 
  10. [1] grandprix.com 19 de xuño de 2008
  11. "Euro Disney the next venue for French GP?". Asiaone.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2011. Consultado o 27 de novembro de 2011. 
  12. By  Noah Joseph RSS feed (21 de novembro de 2008). "Disney Grand Prix plans shelved". Autoblog.com. Consultado o 27 de novembro de 2011. 
  13. Versailles possible for French GP[Ligazón morta]
  14. "december 11 2007". Grandprix.com. 11 de decembro de 2007. Consultado o 27 de novembro de 2011. 
  15. "Sarcelles bidding for a Grand Prix". Grandprix.com. 17 de setembro de 2008. Consultado o 27 de novembro de 2011. 
  16. "More details emerge from Flins-Mureaux". GrandPrix.com (Inside F1, Inc.). 16 de marzo de 2009. Consultado o 29 de xullo de 2010. 
  17. Noble, Jonathan (1 de decembro de 2009). "French GP plans suffer fresh blow". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 1 de decembro de 2009. 
  18. "Paul Ricard Confirme sa Candidature pour 2011". Autonewsinfo.com. Consultado o 27 de novembro de 2011. 
  19. Billiotte, Julien (5 de decembro de 2016). "Le Grand Prix de France confirmé au Ricard - F1i.com". F1i.com (en francés). Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2016. Consultado o 5 de decembro de 2016. 
  20. Benson, Andrew (5 de decembro de 2016). "French Grand Prix returns for 2018 after 10-year absence". BBC Sport. Consultado o 5 de decembro de 2016. 
  21. Louis Chiron gañou a carreira de 1931, pero compartiu a vitoria no Bugatti con Achille Varzi
  22. Juan Manuel Fangio gañou a carreira de 1951, pero compartiu a vitoria no Alfa Romeo 159 con Luigi Fagioli

Véxase taménEditar