Gran Premio de Francia de 1997
O Gran Premio de Francia de 1997 de fórmula 1 celebrouse no Circuíto de Nevers Magny-Cours en Francia o 29 de xuño de 1997. Foi a oitava proba da tempada de Fórmula Un de 1997, o 75º Gran Premio de Francia, ou o 83º Gran Prix de l'ACF. A carreira de 72 voltas gañouna Michael Schumacher pilotando o Ferrari tras comezar desde a pole position. Heinz-Harald Frentzen terminou segundo co equipo Williams, con Eddie Irvine terceiro no outro Ferrari. A vitoria de Schumacher foi a terceira da tempada e a súa segunda vitoria consecutiva logo de gañar o Gran Premio do Canadá de 1997.
Detalles da carreira | ||
---|---|---|
Carreira 8 de 17 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1997. | ||
![]() Trazado do Circuíto de Nevers Magny-Cours | ||
Data | 29 de xuño de 1997 | |
Nome oficial | LXXXIII Grand Prix de France | |
Localización | Circuíto de Nevers Magny-Cours, Magny-Cours, Francia | |
Percorrido | Circuíto permanente 4´250 km. km | |
Distancia | 72 voltas, 306´00 km | |
Clima | Seco ao principio, choiva na parte final | |
Pole position | ||
Piloto | ![]() |
Ferrari |
Tempo | 1:14.548 | |
Volta rápida | ||
Piloto | ![]() |
Ferrari |
Tempo | 1:17.910 na volta 37 | |
Podio | ||
Primeiro | ![]() |
Ferrari |
Segundo | ![]() |
Williams-Renault |
Terceiro | ![]() |
Ferrari |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Resumo da carreira Editar
No inicio, Michael Schumacher liderou desde a pole con Frentzen no Williams detrás deél todo o camiño. Foi un mal inicio para Damon Hill, que perdeu unha á na primeira curva despois da saída e non amosou moito despois diso.
A carreira foi relativamente tranquila ata o final cando unha tormenta trouxo a choiva ao circuíto. Algúns pilotos entraron en boxes a poñer pneumáticos de chuvia mentres que outros quedaron na pista cos seus pneumáticos de seco. Varios pilotos trompearon baixo a chuvia, incluíndo a Michael Schumacher. Con todo, Schumacher mantivo o seu liderado.
Ao final, Michael cruzou a liña por diante de Frentzen pero nas últimas dúas voltas viuse unha gran batalla entre Ralf Schumacher, David Coulthard e Jean Alesi. Ao mesmo tempo Jacques Villeneuve ñoitaba conn Eddie Irvine para o último posto do podio.
Ralf Schumacher trompeou, perdeu o sexto lugar, pero como se menciona nas notas, Michael Schumacher (que o había dobrado), permitiulle volver na última curva. Naquel momento, o comentarista Murray Walker dixo que era un movemento de parvo. Con todo, na última volta, Alesi empurrou a Coulthard cara a fora, custandolle a Coulthard o quinto lugar, dando así a Ralf Schumacher o punto final porque se desdobrou.
Mentres tanto, na última curva, Villeneuve colleu a Irvine. Nun ataque desesperado na curva final trompeou, recuperouse, e pasou a Alesi na bandeira.
Clasificación Editar
Clasificación Editar
Carreira Editar
Notas Editar
- Pedro Diniz cualificou por diante do seu compañeiro de equipo Damon Hill por primeira vez.
- Michael permitiu que o seu irmán Ralf o superase e se desdobrase na última curva. Posteriormente, Ralf logrou o último punto da carreira, subindo de 7º a 6º, despois de que Jean Alesi botara a David Coulthard fóra da pista.
- Jarno Trulli cambiou desde Minardi a Prost substituíndo ao ferido Olivier Panis.
- O asento de Trulli no Minardi ocupouno Tarso Marques.
- Norberto Fontana substituíu a Gianni Morbidelli no Sauber. Morbidelli rompera un brazo.
Posicións logo da carreira Editar
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos na clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio do Canadá de 1997 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1997 |
Carreira seguinte: Gran Premio do Reino Unido de 1997 |
Carreira anterior: Gran Premio de Francia de 1996 |
Gran Premio de Francia | Carreira seguinte: Gran Premio de Francia de 1998 |
Notas Editar
- ↑ "1997 French Grand Prix". formula1.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2014. Consultado o 24 de decembro de 2015.
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Francia de 1997 |