Luísa Villalta
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957[1] e finada na mesma cidade o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Luísa Villalta Gómez 15 de xullo de 1957 A Coruña, España |
Morte | 6 de marzo de 2004 (46 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | meninxite |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | violinista, escritora, profesora de ensino secundario |
Instrumento | Violín |
Familia | |
Cónxuxe | Paulino Pereiro (1978-1998) |
Premios | |
| |
O colectivo A Sega acordou dedicarlle o Día das Galegas nas Letras[2] do ano 2022: "celebrámoste desde a complexidade da épica ao publicismo, deste ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo". A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas do ano 2024,[2] destacando dela que foi a "creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90". Esta proposta estivo encabezada pola tamén escritora Ana Romaní e respaldada por Chus Pato, Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Margarita Ledo Andión, Manuel Rivas, María López Sández, Euloxio R. Ruibal, Dolores Sánchez Palomino, Manuel González González e a xa mencionada Ana Romaní.[3]
Traxectoria
editarNaceu na Coruña, na rúa Vila de Laxe.[2] Estudou no colexio das Xosefinas da rúa Juan Flórez e mais no IES Eusebio da Guarda.[4][5] Licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, foi tamén titulada superior en violín. Formou parte da Orquestra de Santiago de Compostela desde 1985 e, máis tarde, da Xove Orquestra de Galicia, así como de diversos grupos de cámara galegos. En 1988 aprobou as oposicións de docente de Lingua e Literatura Galegas, e deu clase no IES Xosé Neira Vilas (Perillo, Oleiros), IES Canido (Ferrol) e no IES Isaac Díaz Pardo de Sada.
Desenvolveu unha intensa actividade cultural: deu seminarios, recitais de poesía e palestras, entre outros. Colaborou en varias publicacións, entre elas, Man Común, A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, Tempos Novos, Grial, Luzes de Galiza, Agália, Boletín Galego de Literatura, A Trabe de Ouro, Enclave ou Página abierta.[6] O seus artigos publicados entre o 4 de xaneiro do 2002 e o 4 de marzo de 2004 en A Nosa Terra, foron compilados no Libro das colunas (2005).[7][8]
Participou en entidades como a Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Foro da Cultura Galega ou A Mesa pola Normalización Lingüística.[9]
Finou o 6 de marzo de 2004[10] por unha meninxite,[11] aos 46 anos de idade.[12] Os seus restos mortais descansan no cemiterio de Santo Amaro da cidade herculina.[13] Ao rematar a cerimonia relixiosa un nutrido grupo de escritores e poetas de toda Galicia como Manuel María ou Manuel Rivas despedírona nun acto laico con poemas e música de violín, ó acto tamén acudiron políticos como Xosé Manuel Beiras e Anxo Quintana.[14]
Legado
editarEn 2018 a súa familia cedeu os seus fondos documentais ao Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.[15]
Vida persoal
editarCasou con Paulino Pereiro o 19 de abril de 1978, e divorciáronse en 1998.[16]
Obra
editarPoesía
editarLuísa Villalta aquí as súas mans modelaron a lingua, os sons, o que habita no outro lado da música, na poesía. A Coruña, 28 de setembro de 2014 Asociación de Escritoræs en lingua Galega |
- Música reservada (1991). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 978-8474925104.
- Ruído (1995). A Coruña: Espiral Maior. 96 páxs. ISBN 9788488137609.
- Rota ao interior do ollo (1995). Edições Tema. Plaquette con cinco poemas.
- Apresados sen presa (2002).[17]
- Estudo das sombras (2002).[18]
- Modulación de Orfeu (2002).[19]
- En concreto (2004). A Coruña: Espiral Maior. 104 páxs. ISBN 978-8495625984.
- Papagaio (2006).[20] Santiago de Compostela: Laiovento.[a] ISBN 8484870863. Reeditada en 2024 con fotos de Maribel Longueira, Kalandraka, ISBN 978-84-1343-313-4, 112 páxs.
- As palabras ingrávidas (2020). Edición de Armando Requeixo. CIRP. ISBN 978-84-453-5365-3.[b]
- Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004) (2023). Vigo: Galaxia-CIRP. Ed. de A. Requeixo.[c] 364 páxs. ISBN 9788491519966.[21]
Teatro
editar- Concerto para un home só (1989). Cadernos da Escola Dramática Galega n.º 76.[d]
- O representante (1990). Cadernos da Escola Dramática Galega n.º 85.[e]
- O paseo das esfinxes (1991). Cadernos da Escola Dramática Galega nº 88.[f]
- As certezas de Ofelia (1999). Casahamlet n.º 1, Deputación da Coruña.[22]
- Os doces anos da guerra (2001). Revista Galega de Teatro n.º 29.
- Obra dramática completa. Sinfonía de escenas (2018). Edicións Proscritas.[g][23]
- Teatro completo (2024). Edición de Henrique Rabuñal. Vigo: Galaxia. 294 páxs. ISBN 978-84-1176-319-6.[24]
Narrativa
editar- Siléncio, ensaiamos (1991). A Coruña: Vía Láctea. 124 páxs. ISBN 8486531667.
- Teoría de xogos (1997). Santiago de Compostela: Laiovento. 108 páxs. ISBN 978-84-89896-14-3.[25]
- As chaves do tempo (2001). Vigo: A Nosa Terra. 128 páxs. ISBN 978-8495350718.[26] Reeditado en 2024 por Cuarto de Inverno, ISBN 978-84-124586-6-4.
- Desperta do teu sono (2002).[27]
- Narrativa reunida 1991-2001 (2024). Vigo: Galaxia. 298 páxs. ISBN 9788411761833. Obra póstuma.
- Narrativa inédita e dispersa (2024). Vigo: Galaxia. 344 páxs. ISBN 978-84-1176-352-3. Obra póstuma, edición de Daniel Chapela.
Ensaio
editar“ | Por suposto, nalgures permanecen os temas. Pero os temas son o máis impersoal do traballo poético. Os temas son moi poucos. A vida e a morte. Talvez só a vida (ou só a morte). Sexan os que foren, nas súas infinitas variacións poden encontrarse nas Enciclopedias, nos libros de Historia ou (e non é raro) de Teoría Matemática, na información diaria que nos fai deglutir a realidade, en cada ocasión en que se ten a certeza de estar vivendo. | ” |
— Luísa Villalta , Poética "Sobre un certo estado de conciencia"[28] |
- O Don Hamlet de Cunqueiro: Unha ecuación teatral (1992). Santiago de Compostela: Laiovento. 94 páxs. ISBN 9788487847080. Reeditado en 2024[29], ISBN 978-84-8487-667-0, ed. ebook: ISBN 978-84-8487-668-7.
- O outro lado da música, a poesía: relación entre ambas partes na historia da literatura galega (1999). Vigo: A Nosa Terra. 160 páxs. ISBN 9788489976856.[h]
- Poética. Sobre un certo estado de conciencia (2002).[27]
- A lingua dos sons (2003).[27]
- A Música e Nós (2003).[27]
- Libro das colunas (2005). Vigo: A Nosa Terra. 109 páxs. ISBN 9788496403529. A obra xornalística nas súas columnas do semanario A Nosa Terra entre o 4 de xaneiro de 2002 e o 4 de marzo de 2004. Reeditado en Galaxia (2024), con prólogo de Xosé Henrique Acuña, ISBN 978-84-1176-211-3.
- O outro lado da música, a poesía (2021). Vigo: Galaxia. 192 páxs. ISBN 978-8491517504.[30]
- Formas breves de pensamento (2024). Edición de Luciano Rodríguez. Vigo: Galaxia. 124 páxs. ISBN 978-84-1176-324-0.[31]
Escolma
editar- Así vou eu formando parte (2024). Ed. de Eva Veiga e Pilar Pallarés. Santiago: Chan da Pólvora. 226 páxs. ISBN 978-84-127711-2-1.
Traducións
editar- Manifesto por un novo teatro, de Pier Paolo Pasolini (1994). Cadernos da Escola Dramática Galega, n.º 105, maio de 1994.[32]
- Álvarez Luís, Alberto; Andrés, Tamara; Luna Alonso, Ana (2024). O son en que cada lingua se solta. Luísa Villalta tradutora, Luísa Villalta traducida. Universidade de Vigo. 323 páxs. ISBN 978-84-1188-016-9. Escolma de traducións feitas pola autora e de textos seus traducidos a outras linguas.[33]
Obras colectivas
editar- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995). Sada: Ediciós do Castro.[i]
- Novo do trinque (1997). Bloque Nacionalista Galego. Relatos.[j]
- Bestiario (1998). Edicións do Dragón.
- A mandrágora, de Niccolò Machiavelli (1998). Laiovento. Con Francisco Pillado Mayor.[34]
- Mini-relatos (1999). Libraría Cartabón.
- Narradoras (2000). Vigo: Xerais.
- Longa lingua (2002). Vigo: Xerais.
- "Máis alá das raíces" en Materia prima (2002). Vigo: Xerais. Relatos.[k]
- Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (2003). Fundación Araguaney.
- Narradio. 56 historias no ar. Vigo: Xerais / Radio Galega (2003). Libro-CD. Extensa antoloxía de relatos creados para o Diario Cultural.[l]
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). A Coruña: Espiral Maior.
- Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006). A Coruña: Espiral Maior.
- Do máis fondo do silencio saen voces (2006). Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
- Poemas pola memoria (1936-2006) (2006). Xunta de Galicia.
- Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008). Universidade da Coruña.
- Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña (2008). A Coruña: Espiral Maior.
Recoñecementos
editarLuísa Villalta: paixón e compromiso |
- Unha rúa da cidade da Coruña leva o seu nome.
- I Certame Literario da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
- Accésit do Premio de Relatos Pedrón de Ouro no 1990, por A taberna do holandés.
- Premio Espiral Maior de Poesía no 2003, por En concreto.
- A Universidade da Coruña creou o Premio Luísa Villalta a iniciativas normalizadoras.[35]
- A Deputación da Coruña creou o Premio Luísa Villalta de proxectos culturais pola igualdade.[36][37]
- Dedicatoria dun número da revista do IES Isaac Díaz Pardo de Sada.[38]
- Dá nome á biblioteca do IES Isaac Díaz Pardo de Sada.[38]
- Documental Luísa Villalta. Paixón e compromiso.[38]
- Homenaxe do CIRP o 6 de marzo de 2019 en Santiago de Compostela coa xornada Palabra de Muller.[39]
- En 2022 foi a homenaxeada no Día das Galegas nas Letras polo colectivo A Sega.[m][40]
- En xuño de 2023 a Real Academia Galega acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas do ano 2024.[41]
Notas
editar- ↑ Crónica fotográfico-poética coa fotógrafa Maribel Longueira.
- ↑ Edición facsímile dun poemario inédito da escritora.
- ↑ Recolle Música reservada, Ruído, En concreto e a plaquette Rota ao interior do ollo.
- ↑ Estreada no Teatro Rosalía de Castro o 2 de outubro de 2004.
- ↑ Estreada no ano 2000, foi a única peza posta en escena en vida da autora.
- ↑ Estreada en 2004 a III escena. Estreada a obra completa en 2018.
- ↑ Ed. de Alexandrina Fernández Otero e Lino Braxe. Contén: "Concerto para un home só", "O representante", "O paseo das esfinxes", "Os doces anos da guerra", "As certezas de Ofelia" e "Manifesto por un novo teatro".
- ↑ Reeditado pola Editorial Galaxia en 2021 co ISBN 978-84-9151-750-4.
- ↑ Edición a cargo de Miguel Ríos Torre.
- ↑ Autores: Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride, Lois Diéguez, Xabier P. DoCampo, Manuel Forcadela, Bieito Iglesias, María do Carme Kruckenberg, Manuel María, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Miranda, Xosé Neira Vilas, Henrique Rabuñal, Manoel Riveiro Loureiro, Xoán Ignacio Taibo, Suso de Toro, Xulio López Valcárcel, Vítor Vaqueiro e Luísa Villalta.
- ↑ Os autores incluídos son: Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Anxo Angueira, Xurxo Borrazás, Xosé Carlos Caneiro, Xosé Cid Cabido, Bieito Iglesias, Ramón Loureiro, Xosé Miranda, Miguel-Anxo Murado, Xavier Queipo, Luís Rei Núñez, Antón Riveiro Coello, Xurxo Souto, Suso de Toro, Xesús Manuel Valcárcel e Luísa Villalta.
- ↑ (Maneiro 2013, pp. 141-142) sinala a importancia deste proxecto para a cultural galega. Colaboran: Xavier Alcalá, Marilar Aleixandre, Fran Alonso, Alfonso Álvarez Cáccamo, Rosa Aneiros, Anxo Angueira, Vicente Araguas, Xurxo Borrazás, Darío Xohán Cabana, Marica Campo, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride, Fina Casalderrey, Carlos Casares, Laura Caveiro, Alfredo Conde, Lois Diéguez, Francisco X. Fernández Naval, Agustín Fernández Paz, Manuel Forcadela, Camilo Franco, Isabel Freire, Víctor F. Freixanes, Salvador García-Bodaño, Bieito Iglesias, Xavier Lama, Xulio López Valcárcel, Antón Lopo, Paco Martín, Carlos Mella, Xosé Miranda, Estro Montaña, Gonzalo Navaza, Xosé Neira Vilas, Isidro Novo, David Otero, Carmen Panero, Xosé Ramón Pena, Xosé Antonio Perozo, María Xosé Porteiro, Xabier P. DoCampo, Xavier Queipo, María Xosé Queizán, Xesús Rábade, Luís Rei Núñez, Antonio Reigosa, Antón Riveiro Coello, Gloria Sánchez, Manuel Seixas, Xurxo Souto, Anxo Tarrío, Suso de Toro, Xesús Manuel Valcárcel, Xosé Vázquez Pintor, Luísa Villalta e Helena Villar.
- ↑ "Celebrámoste desde ti, desde o teu pensar, lúcida e comprometida, sempre na construción dun pobo, dese pobo que foxe de si mesmo, dunha literatura, dunha lingua, no foro da cultura. Ti, na liberdade, da contra-ética do poder.".
- Referencias
- ↑ Cerradelo, Silverio. "Luísa Villalta - Album de Galicia". Consello da Cultura Galega. Consultado o 2024-01-31.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Pérez Pena, Marcos (29/06/2023). "O Día das Letras de 2024, para Luísa Villalta, a escritora e música que miraba o mundo a través da poesía". Praza. Consultado o 28/08/2023.
- ↑ "Luísa Villalta será a autora homenaxeada polo Día das Letras Galegas 2024". Nos Diario. 30/06/2023. Consultado o 28/08/2023.
- ↑ Requeixo, Armando. "Introdución". Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004). p. 8.
- ↑ Pastor Novo, Teresa (10 de xullo de 2023). "Luísa Villalta, alumna emérita do Eusebio da Guarda". La Opinión de A Coruña. p. 7.
- ↑ "Luísa Villalta". A Coruña das Mulleres. 13/12/2019. Consultado o 30/5/2021.
- ↑ "Luísa Villalta. Álbum de Mulleres". Cultura Galega. Consultado o 28/08/2023.
- ↑ Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada XLIV. El Progreso. 2004. p. 80. ISBN 84-87804-23-3.
- ↑ "Dez anos sen Luísa Villalta". Nós Diario. Consultado o 30/5/2021.
- ↑ "Un documental moi especial para lembrar a Luísa Villalta". Sermos Galiza. Consultado o 26/2/2019.
- ↑ "Un nuevo caso de meningitis obliga a vacunar a docentes y alumnos de Sada". La Voz de Galicia (en castelán). 12/3/2004. Consultado o 29/6/2023.
- ↑ "Falece na Coruña aos 46 anos a escritora e profesora Luísa Villalta". La Voz de Galicia. 6 de marzo de 2004. Consultado o 26/2/2019.
- ↑ "A Coruña das mulleres". A Coruña das mulleres. Consultado o 28/08/2023.
- ↑ Pereiro, Xosé Manuel, ed. (09/03/2004). "Luisa Villalta, poeta y violinista". El País. Consultado o 28/08/2023.
- ↑ Redacción. "Os papeis de Luísa Villalta". Nós Diario. Consultado o 30/5/2021.
- ↑ Mariño Davila 2024, p. 14 e 18.
- ↑ Villalta, Luísa (2002). "Apresados sen presa". AELG.
- ↑ Villalta, Luísa (2002). "Estudo das sombras". AELG.
- ↑ Villalta, Luísa (2002). "Modulación de Orfeu". AELG.
- ↑ Administrador (10/5/2019). "Luísa Villalta: coa Cidade Alta (do Norte) tatuada nos ollos". Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. Consultado o 30/5/2021.
- ↑ Mariño Davila, Esperanza (Xullo, agosto, setembro 2023). "Ser (muller) no tempo". Grial LXI (239): 105. ISSN 0017-4181.
- ↑ Villalta, Luísa (1999). "As certezas de Ofelia". Casahamlet: Revista de teatro (1): 36–47. ISSN 1888-2056.
- ↑ "Presentación do libro "Luísa Villalta. Obra dramática completa"". AC Alexandre Bóveda. Arquivado dende o orixinal o 20/05/2024. Consultado o 30/5/2021.
- ↑ "Teatro completo de Luisa Villalta". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-08-02.
- ↑ "Edicións Laiovento - Teoría de xogos". Laiovento. Consultado o 30/5/2021.
- ↑ "A Coruña: Luísa Villalta e as chaves do tempo Axenda cultural AELG". asociacionescritoras-es. Consultado o 30/5/2021.
- ↑ 27,0 27,1 27,2 27,3 "Luísa Villalta". www.aelg.gal. Consultado o 2024-01-09.
- ↑ Poética "Sobre un certo estado de conciencia"
- ↑ "Edicións Laiovento - O DON HAMLET DE CUNQUEIRO: UNHA ECUACIÓN TEATRAL". laiovento.gal. Consultado o 2024-05-10.
- ↑ Ruso, Judith (outubro, novembro, decembro 2022). "Do oído ó corazón: un percorrido pola música e poesía galegas". Grial LX (236): 110–111. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Formas breves de pensamento". Editorial Galaxia. Consultado o 2024-11-18.
- ↑ García Vidal, Daniel (2009). Teatro galego e construción nacional: os Cadernos da Escola Dramática Galega (1978-1994) (PDF). Tese de doutoramento. Universidade de Birmingham. pp. 283–284.
- ↑ "O son en que cada lingua se soltaServizo De Publicacións Da Universidade De Vigo - Editorial Tirant Lo Blanch". editorial.tirant.com. Consultado o 2024-09-28.
- ↑ "Edicións Laiovento - A MANDRÁGORA". laiovento.gal. Consultado o 2024-01-09.
- ↑ Premio "Luísa Villalta" a Iniciativas Normalizadoras
- ↑ Deputación da Coruña (30 de novembro de 2017). "I Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade". www.dacoruna.gal. Consultado o 9 de xaneiro de 2024.
- ↑ Deputación da Coruña. "II Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade". dacoruna.gal. Arquivado dende o orixinal o 15/09/2019. Consultado o 30/5/2021.
- ↑ 38,0 38,1 38,2 "Dez anos sen Luísa Villalta". Baía Edicións. Consultado o 26/2/2019.
- ↑ Redacción (1/3/2019). "Lembrar Luísa Villalta, poeta “de inequívoca pegada feminista”". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 6/3/2019. Consultado o 5/32019.
- ↑ Redacción (5/3/2022). "Luísa Villalta, a homenaxeada no Día das Galegas nas Letras 2022". nosdiario.gal. Consultado o 6/3/2022.
- ↑ "A Real Academia Galega dedicaralle o Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta". Real Academia Galega. 29/6/2023.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luísa Villalta |
A Galicitas posúe citas sobre: Luísa Villalta |
A Galipedia ten un portal sobre: Galicia |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
editar- "Villalta Gómez, Luísa". Diccionario enciclopédico galego universal 59. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 97. ISBN 84-7680-429-6.
- "Villalta Gómez, Luísa". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 312.
- "Villalta Gómez, Luísa". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 2180. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Villalta Gómez, Luísa". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Villalta Gómez, Luísa". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Canosa, María (2023). Luísa Villalta, melodía de palabras. Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-1110-442-5. Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2024. Consultado o 31 de xaneiro de 2024.
- Dopico, Montse (2024). Abonda con vivir. Luísa Villalta. Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-1110-482-1.
- Maneiro, Arturo (2013). 25 anos de Radio Galega. De 1985 a 2010 (libro electrónico) . Editorial Compostela. ISBN 978-84-8064-229-3.
- Mariño Davila, Esperanza L. (2024). As escumas da letra. Biografía de Luísa Villalta. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 978-84-9995-445-5.
- Pena, Montse; Queixas, Mercedes. Un ruído provocado(r). Voces arredor de Luís Villalta. Edicións Laiovento. ISBN 978-84-8487-682-3.
- Rajó Pazó, Anxo Xoán (2024). Luísa Villalta. A música e a poesía na mesma persoa. Vigo: Ir Indo. ISBN 9788476807873.
- Souto, Xurxo (2024). Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta. Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-1110-455-5.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 613–614. ISBN 84-8288-019-5.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 752. ISBN 84-7492-465-0.
- Para infanto-xuvenil
- Polo correo do vento (2023). Tinta do mar. Pequena biografía de Luísa Villalta. Lela Edicións. Ilustracións de Tania Solla. ISBN 978-84-12623505.
- Maceda; Ríos (2023). Luísa Villalta. Alma de violino. Vigo: Edicións Xerais. ISBN 978-84-1110-447-0.
- Grial
No nº 241 de Grial (xaneiro, febreiro, marzo 2024) publicouse "Luís Villalta. A Poeta da Cidade Alta", cos seguintes estudos:
- Xesús Domínguez Dono: "Os ollos limpos da sibila"
- Amando Requeixo: "Rota ao interior de Luís Villalta"
- Tamara Andrés: "Un percorrido cíclico pola poesía vital de Luísa Villalta (1985-2004)"
- Inma Otero Varela: "Luís Villalta, tamén narradora"
- Alexandrina Fernández Otero: "O teatro en Luís Villalta: unha paixón desvelada"
- Manuel Naveira Fuentes: "O canto das mús(ic)as"
- César Morán: "Do pensamento musical e poético en Luísa Villalta"
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Cerradelo, Silverio (2010). "Luísa Villalta". Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.
- Cerradelo, Silverio (2010). "Luísa Villalta". Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- Luísa Villalta na Biblioteca Virtual Galega.
- "Mulleres senlleiras" Andaina. Revista galega de pensamento feminista.
- Praza das Letras Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura, en Internet Archive.