Lista de puntos máis altos por país
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2017.) |
Esta é unha lista de países ordenada polo punto máis alto. A lista indica cal é a montaña máis alta de cada país. A lista inclúe os estados soberanos e tamén, en itálica, as colonias e territorios autónomos ou non independentes e que non son estados soberanos, e que habitualmente xorden individualizados nas listas de territorios.
Nalgúns casos, o punto máis alto dun país pode estar mesmo fóra da metrópole ou territorio principal (casos de Dinamarca, Reino dos Países Baixos ou Australia).
Para certas montañas, a medición rigorosa da altitude é extremamente difícil. Modernas técnicas como o GPS diferencial ou o recurso a datos da emisión SRTM permiten corrixir ou, polo menos, estimar, algúns dos erros máis comúns na avaliación das altitudes ortométricas.
Notas editar
- O territorio de Caxemira ao sur e oeste do K2 é administrado por Paquistán, mais reclamado pola India. [Cómpre referencia]
- A localización do cume do Mont Blanc na fronteira entre Francia e Italia ou só en Francia é polémica. [Cómpre referencia]
- Israel anexou e administra os Altos do Golán, incluíndo parte do Monte Hermon, territorio non recoñecido internacionalmente como integrante de Israel. [Cómpre referencia]