Jebel Toubkal
Coordenadas: 31°03′43″N 7°54′58″O / 31.061944444444, -7.9161111111111
O Jebel Toubkal (tamén Djebel Toubkal ou Macizo do Toubkal) é a montaña máis elevada da cadea do Atlas en Marrocos. Jebel é unha palabra do árabe vulgar que significa "monte, montaña".
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/ff/Tizi%27n%27Toubkal.jpg/250px-Tizi%27n%27Toubkal.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/27/Maroc_carte.gif/250px-Maroc_carte.gif)
Con 4165 metros sobre o nivel do mar é tamén o punto máis elevado do Noroeste de África. Está situado a cerca de 60 km ao Sur da cidade de Marrakesch, no hómonimo parque nacional do Toubkal.
A primeira ascensión ao Toubkal foi levada a cabo polo Marqués de Segonzac e máis V. Berger e H. Dolbeau.